viernes, 24 de diciembre de 2010

Felices Festas!!!

Consello Regulador DO Valdeorras, Adegueiros e todo o equipo de A nai do viño, deséxanvos unhas felices festas.

miércoles, 22 de diciembre de 2010

Sinerxía a modo de maridaxe entre os viños de Valdeorras e a música de Lulavai

A historia de Lulavai comeza na "Escola de Artes e Oficios" de Vigo onde as catro compoñentes da banda coñécense (Paula Oanes, Josefa Fernández, Lorena Reinaldo e Elena Paz). Estudan harpa céltica co profesor Rodrigo Romaní e pasan a formar parte da orquestra folc Sondeseu, comezando un período de xiras, percorrendo importantes escenarios da xeografía nacional e europea. A finais de 2007 deciden crear "Lulavai", un novo proxecto no que a sonoridad de 4 harpas e 4 voces fúndense para interpretar cun son propio tanto temas tradicionais como de composición. En marzo do 2008 Lulavai é finalista no concurso "Festival Cancioneiros" convocado pola fundación Pedro Barrié da Maza. A partir de entón comezan a percorrer escenarios galegos e europeos. En abril de 2010 sae á venda o seu primeiro traballo discográfico, "CorDasVerbas".

O compromiso destas catro artistas cos produtos da súa terra faise patente na cesión desinteresada coa colaboración do seu tema Amalgama para a realización dos vídeos do Portal Web da D.O. Valdeorras. Dende a nai do viño queremos mostrarlles todo o noso agradecemento, compartindo a súa música con todos vós, a nosa familia, nestas datas tan especiais.


viernes, 17 de diciembre de 2010

A D.O. Valdeorras inaugura mañá sábado, a partir das 12.00 horas, a exposición fotográfica "Un universo en cada Ollada", con obras de Will Agar

Mañá, sábado 18 de decembro, a partir das 12.00 horas, inaugúrase na sede do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, a exposición fotográfica "Un universo en cada Ollada"; que contará este ano con obras cedidas polo veterano fotógrafo de Mineapolis, Will Agar.

Esta iniciativa que parte dende a dirección do Portal Web dovaldeorras.tv, pretende achegar a arte en modo de fotografía; esta proposta traerá cada ano á comarca valdeorresa as obras de importantes fotógrafos internacionais.

Para a súa primeira edición, convidouse ao veterano fotógrafo de Mineapolis, Will Agar, quen cede durante un ano 25 fotografías, para que o Consello Regulador as comparta con todos os interesados nesta arte. Á súa vez, Will Agar, quen se recoñece como un namorado desta terra, aínda que só a coñece a través de medios online, comunicou o seu desexo expreso de visitala en próximas datas, a fin de "sentir eses viños e esa terra para retratalos".

A exposición que se inaugura mañá, permanecerá na sede do Consello Regulador da D.O. Valdeorras (Nacional 120, km 463, Vilamartín de Valdeorras, Ourense) até o próximo 18 de xaneiro, e poderá ser visitada en horarios de 9:00 a 15:00 e 16:00 a 18:00 horas excepto venres pola tarde, sábado e domingo. A partir desta data, converterase en itinerante a través dos diversos Concellos valdeorreses, por solicitude dos mesmos previo acordo subscrito coa D.O.; a fin, de achegar a toda a xente da comarca o compromiso que contrae a Denominación de Orixe Valdeorras cos seus habitantes a través da arte.


martes, 14 de diciembre de 2010

Este nadal a túa mellor aposta é D. O. Valdeorras

Os viños D.O. Valdeorras son un selo de calidade e exclusividade sempre ao mellor prezo

O compromiso dos adegueiros da D.O. Valdeorras co consumidor, materialízase na calidade da que fan galas os seus caldos, tal e como ratifican os diversos premios outorgados a nivel mundial polos especialistas. Pero, se a iso, sumamos uns prezos que os fan alcanzables a todos os públicos; atopámonos cun dos produtos "estrela" destas festas.

Para gozar en familia, para a túa cesta de nadal ou simplemente como un obsequio ... nestes días tan sinalados, os viños do D.O. Valdeorras móstranse como unha aposta exclusiva, capaz de satisfacer aos padais máis esixentes a un prezo máis que aconsellable. Con cuantías que van dende os 6 ata os18 euros, compartirás un produto de gran calidade que non pasará desapercibido pola súa exclusividade, e que, ademais, darate a coñecer como un entendido do mundo do viño. 



jueves, 9 de diciembre de 2010

O plan director turístico apostará pola viticultura

Fonte do artigo: La Región
O turismo industrial e o enoturismo son as dúas opcións que, segundo a Secretaría xeral para o Turismo, poderían diferenciar a oferta turística de Valdeorras. A importancia da extracción de pizarra e da Denominación de Orixe son os dous aspectos polos que, nun principio, aposta para a redacción do plan director do sector turístico valdeorrés.

Esta inclinación foi posta sobre a mesa na visita que o presidente do Consorcio de Turismo de Valdeorras e alcalde de O Barco, Alfredo García Rodríguez, realizou á Secretaría xeral para o Turismo. Este organismo comprometeu o apoio de Planificación e Promoción Turística 'Turgalicia' ao citado traballo, que pretende encaixar dentro do programa que divide o territorio galego en 'geodestinos turísticos', segundo apuntou o portavoz do Consorcio valdeorrés.

Nas próximas horas, Alfredo García solicitará a colaboración do presidente da Deputación, José Luís Baltar Pumar, para sacar adiante o proxecto. Tal e como acordou a asemblea do órgano comarcal, o seu presidente solicitará que o Padroado de Turismo de Ourense adiante o financiamento necesario para o plan director.

'Trátase sobre todo de buscar unha maior axilidade', explicou Alfredo García. Engadiu que o apoio da Deputación permitiría comezar os traballos, á espera de recibir a subvención do novo programa Agader. Unha vez recibida esta, a súa contía será reenviada ao organismo turístico provincial. 'Pretendemos sacar a concurso o plan director en xaneiro ou febreiro, para que estea finalizado no 2011', dixo o presidente do Consorcio, que cifrou ao redor dos 40.000 euros o seu custo.



miércoles, 8 de diciembre de 2010

A crecente demanda do Godello de Valdeorras, fai que se adiante o embotellamento da nova colleita máis dun mes

O esgotamento das existencias da colleita 2009, fai que varias adegas soliciten permisos ao Consello Regulador para comezar co proceso de embotellado da última vendima.

A crecente demanda do viño Godello, propiciou que varias adegas soliciten o Permiso do Consello Regulador para comezar a embotellar o viño da nova colleita, e desta forma poder satisfacer a crecente demanda destes viños no mercado.

Aínda que a situación non é igual para todas as adegas,  sí se fai patente que a variedade Godello de Valdeorras atópase nunha situación de demanda de importancía significativa. Gran culpa disto, recae no mercado exterior que cada vez valora e demanda en maior medida estes caldos. 

O presidente do Consello Regulador, José Luís García Pando, afirma que aquelas adegas que non concentran os seus mercados e apostan pola exportación, posúen moitas máis defensas ante a crise que está a caracterizar ao mercado interior; apoiando desta forma, a iniciativa que tomaron diversos adegueiros na aposta pola internacionalización dos seus caldos.




martes, 7 de diciembre de 2010

A gran relación calidade prezo que atesouran os viños da D.O. Valdeorras axúdanlle a superar a crise en 2010

foto: S. Prieto / La voz de Galicia

A cantidade de botellas vendidas en 2010 aproxímase ás de 2009 na Denominación de Orixe Ourensá.

A gran relación calidade prezo da que fan gala os viños Valdeorreses, propician que as unidades vendidas en 2010 se equiparen ás da campaña anterior, cuns números que roldan o tres millóns de botellas; paliando momentaneamente a crise.

Os prezos, que oscilan entre o seis e oito euros por botella en venda directa, e que se incrementan a entre once e dezaoito euros en restaurantes; fan dos caldos valdeorreses unha aposta máis que acertada por parte do consumidor. Desta forma o número de unidades vendidas non diminuíu con respecto ao ano anterior, ao contrario que outras Denominacións que destacan os seus produtos con prezos máis elevados. A este feito, axudan factores como a especilización dos consumidores neste sector, as políticas promocionais e de posicionamento que levan a cabo desde o Consello Regulador  e as adegas e o gran auxe e recoñecemento que están a alcanzar estes caldos a nivel internacional.

De tódolos xeitos, e dende o Consello Regulador, comunícasenos que a situación pode chegar a reverterse se se mantén a actual tendencia económica; xa que o deficit orzamentario nos fogares  pode afectar á compra dun produto que non é considerado de primeira necesidade.




viernes, 3 de diciembre de 2010

A exportación de viños de Galicia crece cinco veces máis, en 2010, que a do resto de España

Estados Unidos, Reino Unido e Suíza son algúns dos países que abren os seus padais aos caldos Galegos.

Mentres especialistas mundiais do viño, como o estadounidense Richard Halstead, máximo responsable de Wine Intelligence, cualifica aos caldos galegos como excelentes, incluíndoos na categoría de viños de luxo; as adegas galegas comezan a súa aposta pola promoción internacional e posicionamento no estranxeiro.

Aínda que a crise non é allea ao mundo do viño. O sector vinícola galego está a loitar enconadamente contra ela a base de produción, elaboración e promoción de caldos de altísima calidade que logran satisfacer os padais máis esixentes, non só en España, como mostran os recentes premios recolleitos polos viños das diferentes D.O. galegas; senón a nivel internacional, como se fai patente co crecemento exportador do último ano, logrando exportar cinco veces máis que o total o total do sector a nivel nacional.

Esta adaptación fundaméntase na innovación que se está levando a cabo na elaboración de caldos dende as diferentes Denominacións de Orixe galegas, que sumado a un cambio de tendencias, con miras postas no mercado exterior, fan da industria vinícola da rexión unha prolífera aposta de futuro. 


jueves, 2 de diciembre de 2010

O proceso de Vinificación en Valdeorras

Durante o último ano a Denominación de Orixe Valdeorras, a través do seu portal web, recolleu en formato audivisual diferentes pezas que mostran o proceso de elaboración do viño na Comarca.

Coa finalidade de mostrar a todos os interesados o mimo e saber facer que as diferentes adegas da Denominación de Orixe Valdeorras poñen na elaboración dos seus caldos; o portal Web dovaldeorras.tv, recolleu en diversos vídeos as diferentes fases do proceso. Desde pódaa até o embotellamento, a través das diferentes estacións do ano poderedes seguir no seu portal Web, de maneira completa e didáctica, como se elaboran uns dos caldos máis valorados do país. 



miércoles, 1 de diciembre de 2010

Washington e San Francisco serán dous dos destinos da D.O. Valdeorras en 2011

Tras o éxito cultivado en Nova York, a D.O. Valdeorras volverá cruzar o charco en 2011, rumbo a Washington e San Francisco.

A gran acollida recibida polos caldos valdeorreses no Great match de Nova York espertou o interese dos especialistas do viño no país das barras e estrelas, converténdose en visita obrigada para 2011. Ha este respecto tamén resulta salientable o seguimento que se está a realizar dende Rusia destes caldos, facéndose efectivo coa visita realizada por técnicos deste país o pasado mes.

Mentres no Consello Regulador seguen investigando para ofrecer un produto adaptado ás novas e dinámicas tendencias que caracterizan a este sector. Jorge Mazaira, máximo responsable técnico do Consello Regulador Denominación de Orixe Valdeorras, atópase inmerso no estudo do proceso de elaboración de viño branco en madeira de Acacia.  


lunes, 29 de noviembre de 2010

Valdeorras premia as fotos da súa terra

Román Novoa,  José Pereira e David, fillo deste ultimo, posan na entrega de premios celebrada o pasado sábado na sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras.

O amor pola terra e a paixón pola fotografía xúntanse no I Certame de Fotografía e imaxe dixital "O mundo do viño en Valdeorras". Os premiados, recibidos por José Luís García Pando, presidente do Consello Regulador, e Jorge Mazaira máximo responsable técnico; doan as súas fotografías á Denominación de Orixe. 
Por medio desta iniciativa o Consello Regulador pretende mostrar o seu compromiso polas novas tecnoloxías e o seu reflexo nas manifestacións artísticas.

jueves, 25 de noviembre de 2010

Máis recoñecementos para o Godello de Valdeorras

De novo a adega Rafael Palacios recolle un merecido recoñecemento outorgado, neste caso, por Guíaa Viños Gourmet.

A Guía de Viños Gourmet, pioneira en España, naceu en 1983 co obxectivo de promover, desde a independencia e o rigor, o coñecemento dos viños españois. Veinteseís anos despois, o produto editorial acode á súa cita anual cos lectores.

O Comité de Cata do Grupo Gourmets está composto por 23 profesionais en exercicio de cuio criterio consensuado se nutre o contido da Guía de Viños Gourmets. No transcurso dun ano, este grupo de expertos catou a cegas ao redor de 5.000 viños e seleccionado 1.121 para apuntar, comentar e cualificar ao consideralos dignos de figurar entre os mellores de España.

Un Valdeorras e dous Rías Baixas copan as primeiras posicións dos viños galegos nesta 26ª edición. Cunha cualificación de 8,5, Laxas 2009 e Pazo San Mauro 2009, ambos do D.O. Rías Baixas; acompañán a Louro do Bolo Leas Finas 2009, de adegas Rafael Palacios, no cadro de honra dos caldos galegos



martes, 23 de noviembre de 2010

Os Godellos de Valdeorras rozan a perfección según os expertos


"As sortes 2009", da Adega Rafael Palacios, logra unha cualificación de 99, outorgada pola Guía Proensa.

Os expertos dotaron con altísimas cualificacións aos Godellos Valdeorreses. Si "As Sortes 2009" lograba rozar a perfección cunha cualificación de 99 puntos segundo os expertos de Proensa, "Louro do Bolo", da mesma adega e elaborado con 92% godello e 8% treixadura, quedou a escasos 5 puntos, cunha valoración de 94. A adega Rafael Palacios viuse acompañada por Guitián, tamén valdeorresa á que se otorgarón aos seus viños "Guitián sobre Leas 2009", "Guitián 2008" e "Guitián 2009"; as cualificacións de 96, 94 e 93 puntos, respectivamente.

Mentres, o afamado crítico do viño Stephen Tanzer volvía incluír ao godello "Louro do Bolo 2009" na súa lista cunha cualificación de 91 puntos; acompañadó, neste caso, de Godello Valdesil cunha puntuación de 90.

Non é alleo para o sector vinícola mundial o auxe que está a ter o viño elaborado con variedade Godello, e xa son diversas as D.O. penínsulares que están a apostar pola exportación e implantación local desta variedade. Acto que o Consello Regulador de Valdeorras tóma con moita calma, informando que esta variedade é moi sensible e necesita unhas condicións especiais; e advertindo que a calidade dos godellos galegos, en especial Valdeorras, é un cúmulo de clima, chans e uva. Feito que ratifican especialistas norteamericanos tras realizar un minucioso seguimento sobre o tema.

lunes, 22 de noviembre de 2010

Viño galego en carballo, unha prometedrora parella

Fonte foto e artigo: La voz de Galicia

O carballo do país preséntase como unha boa alternativa para a crianza

Cata de viños criados en carballo galego. Esta era o pasado sábado a penúltima actividade do Salón de Viños e Augardentes de Galicia (a última foi unha velada jazzística), celebrado esta semana na Coruña. Antes da cata, Ignacio Díaz Maroto, enxeñeiro agroforestal da Universidade de Santiago, avanzou algúns datos da investigación sobre o uso do carballo galego na crianza de viños, un traballo de I+D no que participan tamén a Universidade de Castela-A Mancha, a Adega Algueira, da Ribeira Sacra, e o Consello Regulador de Valdeorras. «Tampouco é que esteamos a inventar nada, porque isto xa o facían os romanos», apuntaba Maroto.

Levan ano e medio con este proxecto e fixeron unha primeira mostra con mencía de Valdeorras e de Ribeira Sacra «para poder facer unha comparativa». Dúas barricas de 225 litros, unha con viño de cada zona, serviron para ir rexistrando os primeiros datos. O de Valdeorras estivo en barrica un catro meses e medio «e xa o sacamos». O Ribeira Sacra estará case dez meses. O primeiro deles «ten un tostado lixeiro; iso é que cando se fixeron as barricas estiveron en contacto co fume, non co lume, porque os viños de aquí non aguantan ese tostado superior que teñen, por exemplo, os rioja», explicaba Ignacio Díaz. No caso da barrica con ribeira sacra «é sen tostado para poder comparar, para ver que pasa sen ningunha interferencia externa», detallou.

Marcial Pita, secretario da asociación española de xornalistas do viño, dirixiu onte a cata destes caldos galegos criados en carballo galego, unha investigación que continuará coa colleita deste ano «porque ás veces hai moita diferenza entre a anada dun ano e de outro», indicaba Díaz Maroto.

Este experto destacaba o dato recolleito o pasado xoves no suplemento Fugus de La voz de Galicia  por Luís Díaz, segundo o cal hai algúns colleiteiros, como Eladio Rodríguez en Ribeiro, que elaboran desde hai tempo «un tinto en barricas de carballo de bosques lucenses fabricados nunha tonelería de Xerez».

Para Maroto, o problema é que en Galicia non hai suficientes carballos, «unhas 220.000 hectáreas». Dos útiles para barricas, «teñen que medir máis de 40 centímetros á altura do peito», habería unhas 20.000.

«É unha madeira extraordinaria, con composicións en taninos moi boas e de calidade cando menos igual á do carballo americano, e habería que ver se non igual ao carballo francé, conclúe. Unha proba: os donos do whisky Macallan viñeron por carballo galego para crialo. Por todo iso, o futuro desa parella de «viño galego en carballo galego» é prometedor.


jueves, 18 de noviembre de 2010

Valdeorras presenta na Coruña a súa cata aberta

Dentro dos actos do VI Salón de Viños e augardentes de Galicia, a D.O. Valdeorras presenta ao gran público, a través do seu director técnico Jorge Mazaira, os viños DO Valdeorras. 

Do mesmo xeito que o resto de Denominacións de Orixe galegas, hoxe é a quenda de Valdeorras de ofrecer unha cata aberta en "Porto Centro Lecer", A Coruña. O seu director técnico Jorge Mazaira, mostrará as calidades dos caldos valdeorreses a todas aquelas persoas inscritas no acto. Este evento enmárcase dentro dos actos do VI  Salón de Viños e Augardentes de Galicia, que celebrará o seu día forte o vindeiro sábado en Palexco.

O Salón do sábado, foi o lugar escollido para a presentación pública da investigación que se está levando acabo na crianza de viños en carballo galego e na que participa unha adega valdeorresa.


miércoles, 17 de noviembre de 2010

Devino adica o seu quinto programa aos tintos de Valdeorras

O programa de V televisión que está a recibir unha gran acollida entre todo tipo de públicos, dedica o seu quinto programa aos tintos de Valdeorras.

Os viños tintos de Valdeorras, coas botellas de Lagar do Cigur Barrica do 2008 na cata e Sampayolo como recomendación, son os protagonistas deste programa no que tamén vos achegarán até a Adega Joaquín Rebolledo.

lunes, 15 de noviembre de 2010

Tres das maiores expertas de cata de viños en España achegan ao público coruñes os seus coñecementos

Mercedes González - Foto: La Voz de Galicia
Mercedes González, presidenta da asociación de Catadoras de Galicia; Andrea Alonso, premio nariz de ouro 2010 e Isabel Mijares, presidenta da asociación española de xornalistas do viño; impartirán unha cata aberta o sábado 20 novembro no Palacio de Congresos da Coruña.

Esta actividade que se integra dentro de VI edición dos viños e Augardentes de Galicia que se celebra desde hoxe luns até o vindeiro sábado día 20; complétase con diversos actos que comezan hoxe, con cursos de catas impartidos polos máximos responsables técnicos dos diferentes D.O. galegas, e que culminarán o sábado co Salón de viños e augardentes de Galicia.

Ademais desta oferta, outro dos actos destacables nesta edición, é a presentación do proxecto de investigación que está a levar acabo o Profesor Díaz Maroto e a USC sobre a crianza de viños en Carballo autóctono de Galicia.

Está edición iniciará o seu peche o sábado a partir das 20.00 horas cunha velada amenizada por diversos músicos de Jazz da cidade herculina, que acompañarán aos asistentes até as 24:00 horas, cando se dará por clausurado o evento.

   

viernes, 12 de noviembre de 2010

Excepcional acollida da D.O. Valdeorras en Cataluña

O acto, celebrado onte no Hotel Palace de Barcelona e ao que asistiron máis de medio milleiro de persoas; cualifícase como un éxito rotundo por parte do Concello Regulador, as adegas; e o que é máis importante, os asistentes.

O máis de medio milleiro de asistentes ao acto celebrado onte en Barcelona, repartidos entre profesionais do sector, importantes figuras do mundo da hostalaría, distribuidoras, asociacións de Catadoras e xente de pé, gozaron do evento e destacaron en sinalar a calidade dos caldos de Valdeorras.

O acto que tivo como elemento reseñable a súa apertura ao público en xeral, puxo de manifesto o gran traballo que se está realizando desde o Consello Regulador en materia promocional dos viños do D.O. Se hai apenas un mes, realizábase a presentación en Nova York, onte tocoulle a vez á Cidade Condal, que deu unha gran acollida a estes caldos. Así, Cristina Martín, oriúnda de Barcelona coméntanos "Levo varios anos seguindo a gran calidade destes viños, e ano tras ano non paro de sorprenderme das grandes mellores que se realizan desde as adegas. Ojala actos como este repítanse moitas máis veces".

Ademais; Cristina, que estivo presente no acto en compañía de sua irmá Helena, agasallan a toda a familia da Nai do Viño  cunha nutrida cantidade de fotos sobre o evento.

Moitas grazas Cristina!
Moitas grazas Helena!

jueves, 11 de noviembre de 2010

Ven a disfrutar do noso viño o VI Salón dos viñoe e augardentes de Galicia en A Coruña

Baixo o patrocinio da Consellería de promoción económica, emprego, comercio, consumo e turismo do Concello dá Coruña e a Deputación Provincial dá Coruña vaise a celebrar, entre ou 15 e ou 20 de novembro, a Semana dos Viños Galegos con D.O. que está estruturada en dous grandes bloques:

- Cursos Públicos de iniciación á cata dos Viños das cinco D.O. Galegas (do 15 ao 19 de novembro)/ Porto Centro de Lecer, 2ª Planta. Horario: de 20 a 21.30h
- VIN Salón dos viños e Augardientes de Galicia (día 20 de novembro)/ Palexco, planta baixa. Horario de 11:00 a 14:30h e 17:30 a 24:00h.

O Salón de Viños e Augardentes de Galicia, que se celebra por sexto ano consecutivo na cidade da Coruña, é xa todo un referente no sector vitivinícola galego. Converteuse no Salón onde máis adegas galegas participan e onde, ademais, desexan participar. Serán máis de 250 referencias as que se poderán gozar, nun evento centrado nos profesionais e os caldos; pero, que ademais abre as súas portas aos amantes do viño co fin de facilitar e dar a coñecer a paisaxe e cultura galega nunha copa.

Entre o luns día 15 e o venres 19 de novembro celebraranse na segunda planta do centro comercial "Porto Centro de Lecer", cinco cursos, gratuítos e abertos ao público en xeral, de iniciación e cata dos viños xenéricos de cada unha das cinco D.O. que existen en Galicia. Os cursos estarán dirixidos polos técnicos das distintas denominacións de orixe galegas.

A actividade máis importante do salón é a "Mostra dos Viños, Augardentes e Licores con D.O. de Galicia" con máis de 250 marcas representadas e unha importante presenza dos propios produtores acompañados dos distribuidores na provincia.

Situado na planta baixa de PALEXCO, o salon inciará a súa actividade o sábado día 20 de novembro ás 11 da mañá até as 14.30h. Pola tarde renovarase ás 17.30h. e pechará as súas portas ás 24 horas.

martes, 9 de noviembre de 2010

Fotos gañadoras do I Certame de fotografía e imaxe dixital "O mundo do viño en Valdeorras"

Do centenar de fotos recibidas, e tras seleccionar as 50 finalistas; o xurado, despois dunha difícil deliberación, premiou ás seguintes:
"O futuro que nos queda por agardar" de José Pereira, destacando o simbolismo da imaxe na continuidade da milenaria cultura do viño en Valdeorras.

"Uva" do premiado fotógrafo alaricano Román Novoa. Na que se destaca o esquisto tratamento e calidade da imaxe.

"Rostro na Copa" de Mercedes González, destacando a orixinalidade da idea e o reflexo da confluencia do mundo do viño de Valdeorras coa innovación e a tecnoloxía.


miércoles, 3 de noviembre de 2010

O director técnico da D.O. Valdeorras descríbenos o proceso de elaboración da "Xoia da Coroa": os Tostados de Valdeorras

Fotografía cortesía de Rosa Veiga
Segundo nos comenta Jorge Mazaira, máximo responsable técnico do Consello Regulador de Valdeorras, o ensaio iniciado hai dous anos cobra forza nos últimos meses

O coidadísimo e delicado proceso debe seguir un estudo exhaustivo e minucioso; xa que, como nos adianta Jorge:

  "En primeiro lugar hai que axustar os tempos de pasificación da uva para elaborar os tostados. Durante este proceso débense analizar coidadosamente a variación dos compostos fenólicos para ir definindo os aromas finais; e así, lograr discernir se proveñen da pasificación ou do proceso de fermentación e envellecemento.

Posteriormente analizaranse os composto aromáticos para valorar a posible evolución do tempo; a fín de definir o perfil aromático dun viño doce por pasificación da uva.

Outro dos detalles que se deben destacar na análise é o estudo visual da uva para diferenciar a pasificación de uvas colgadas e uvas en caixa.

E final mente, todo o ensaio debe repetirse varias veces para eliminar o factor azar"

Con este elaboradísimo proceso, téntase recuperar unha variedade de caldos presentes na zona o século pasado; e que se foi perdendo polo alto custo de produción que estes viños conlevan.


martes, 2 de noviembre de 2010

Concurso de fotografía e imaxe dixital "O mundo do viño en Valdeorras"

Seleccionadas as 50 obras finalistas do concurso de fotografía e imaxe dixital "O mundo do viño en Valdeorras"

Das miles de fotografías recibidas a concurso, seleccionáronse 50, baseándose en criterios de composición, significado, representatividade e reflexo do espírito do viño en Valdeorras. 
Nos próximos días; e seguindo os mesmos criterios, anunciaranse o tres gañadores do I Concurso de fotografía e imaxe dixital "O mundo do viño en Valdeorras".

viernes, 29 de octubre de 2010

A crianza sobre lías asentase con forza en Galicia

A técnica utilizada na crianza sobre lías, a pesar de non ser nova, gaña forza nos últimos tempos en Galicia.

Esta técnica, que dota aos caldos brancos de maior estrutura en boca e volume; consiste na crianza dos viños, tras a fermentación, naquelas partes finas dos fermentos xa mortos. Mediante este proceso lógrase un viño cun ciclo de vida máis lonxevo, con máis corpo e con maior complexidade en boca.

Este proceso optimízase mediante a delicada técnica do "batonage"; que consiste en poñer en suspensión lías durante a crianza para obter viños con máis graxa, con maior potencial de froita, mellor equilibrio estrutura/graxa, e sobre todo moita maior estabilidade fronte á oxidación.

En Valdeorras destacan varias adegas que producen viños mediante esta técnica, entre elas Virxe de Galir con Godello sobre leas. Coñece máis sobre a adega, facendo click.

martes, 26 de octubre de 2010

Datos da vendima 2010 en Valdeorras

A cantidade oficial de uvas recollidas é de 4.330.292 quilos, un descenso considerable en cantidade con respecto ao ano pasado. Non así en calidade, onde o máximo responsable técnico da Denominación de Orixe, Jorge Mazaira, cualifica de moi boa a calidade da uva.

Coa chegada das últimas uvas á adega ruesa Rafael Palacios deuse por pechada, nas últimas horas, unha vendima que comezara o 7 de setembro a adega Valdesil.

O intempestivo inverno que azoutou a comarca valdeorresa esta campaña, propiciou o afloramiento de enfermidades que aburaron principalmente ás variedades Alacante e Xerez; diminuíndo considerablemente a súa produción até unhas cifras que roldan os 620.648 e 433.992 quilos respectivamente. Sendo as variedades máis significativas da comarca, Godello e Mencía, as que mellor soportaron as inclemencias meteorolóxicas; mantendo a súa produción en cifras similares a campañas anteriores con 1.737.071 e 1.515.003 quilos.

O que cabe destacar desta vendima é o altísimo nivel de salubridade do que gozaban as uvas na súa entrada ás adegas. Os froitos que lograron superar as enfermidades invernais, conseguiron un nivel de maduración optimo debido ás altas temperaturas do seco verán e referendadas polas suaves choivas de principios de setembro. Con todo iso, espéranse para a anada 2010 uns caldos de gran calidade, tanto no D.Ou. Valdeorras como no resto de Denominacións galegas.


Os viños da D.O. Valdeorras triunfan en Nova York

A presentación dos viños do D.O. Valdeorras, celebrada no Metropolitan Pavilion de Nova York, é cualificada de éxito rotundo.

O acto, denominado Great match de Nova York e celebrado o pasado 7 de outubro, cualifícase de éxito rotundo por parte do Consello Regulador.

Deron a benvida aos viños de Valdeorras máis de 400 profesionais do sector, que destacaron a gran diferenciación que caracteriza a estes caldos, sobre todo os brancos, augurándolles un máis que prometedor futuro nun país que supera os 55 millóns de consumidores habituais de Viño.

O broche de Ouro púxoo o internacionalmente coñecido wine geek, Steve Olson, quen impartiu chárlaa coloquio "Seminar featuring Valdeorras Wines" que serviu como colofón final do acto.

lunes, 25 de octubre de 2010

Goza de Galicia coa IV edición de "Outonos Gastronómicos"

Nesta iniciativa impulsada desde Turgalicia e na que participan 117 casas rurais con 213 ofertas culinarias diferentes, ofrece a posibilidade a quen o desexe de coñecer Galicia desde a gastronomía e o turismo rural.

Con propostas que van desde os 60 até os 180 euros, todas aquelas persoas que o desexen terán a oportunidade de coñecer esta máxica rexión coa súa nutrida e variada gastronomía. Esta formula, que se repite por cuarto ano tras os éxitos cultivados en edicións anteriores, atrae cada ano a máis visitantes que veñen gozar do deleite que esta comunidade ofrece. 
Ademais, os participantes nesta oferta optarán a premios que van desde o reembolso da cantidade investida até substanciosos descontos nas súas estancias.

viernes, 22 de octubre de 2010

Enólogos anticipan vendima 2010 producirá viños con calidade moi interesante

Madrid, 22 oct (EFE).- Enólogos españois destacan unha vendima "potente" que se saldará con mostos e viños de calidade "moi interesante", nunha campaña de recolección que dá as súas últimas rabexadas nas zonas do norte de España, mentres que nas áreas temperás do sur as tarefas xa finalizaron.

Así o apuntaron a Efe fontes do sector, cun balance que coincide coas previsións de Cooperativas Agro-alimentarias e organizacións agrarias Asaja, COAG e UPA, que apuntan a unha produción de ao redor de 38-40 millóns de hectolitros e a unha calidade "moi boa" da uva.

O presidente da Federación Española de Asociacións de Enólogos e, á súa vez, da Asociación rioxana, Antonio Palacios, resaltou a sanidade "excepcional" das uvas nunha campaña de recolección irregular pola evolución dispar da maduración, que se saldará con 390 millóns de quilos de uva (+10 por cento) de calidade "moi boa".

O presidente da Asociación galega de Enólogos, José Manuel Martínez, previu unha colleita en niveis marca de 57 millóns de quilos (31,5 millóns Rias Baixas e o resto en Ribeiro, Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei), que será un 30 por cento superior a 2009 e producións "moi ben compensadas" en gradacións alcohólicas e acidez.

jueves, 21 de octubre de 2010

Fírmase o convenio que mellorará os accesos aos viñedos en varios Concellos da Comarca de Valdeorras.

Foto: Lolita Vázquez / La Voz de Galicia
Despois de varias prorrogas; asináronse onte, en O Larouco, os convenios para iniciar as obras de mellora de accesos rurais na comarca de Valdeorras.

Samuel Juarez, máximo responsable da Xunta de Galicia no ámbito de Medio Rural, fixo efectivo onte o plan de mellora dos accesos aos viñedos en varios Concellos da zona. A obra, que fora anunciada en 2008 polo anterior goberno galego e que sufrira varias prorrogas, parece que para a próxima vendima poderá ser gozada polos agricultores dos Concellos Valdeorreses.

-Todos?- 
Non

Os Concellos da Rúa e O Barco víronse excluídos deste plan de melloras; feito que suscitou polémica en canto á modificación do acordado no plan de 2008. A pesar disto e coa firma do convenio, destinarase unha cantidade próxima aos 3´5 millóns de Euros, asumida a partes de iguais entre Xunta de Galicia e Ministerio de Medio Ambiente. A adxudicatura do proxecto concederase a empresas locais previo concurso .      


Qué opinas sobre a exclusión dos Concellos da Rúa e Ou Barco deste Plan?. Deixa o teu comentario

martes, 19 de octubre de 2010

Turgalicia edita a guía "paseando entre viñedos"


Para todos aqueles que desexen coñecer pormenorizadamente as diferentes rutas dos viños galegos, Turgalicia ofrece, de forma gratuíta, a guía "Paseando entre viñedos".

Para todos aqueles que desexedes coñecer e visitar as rutas do viño das diferentes D.O. galegas; Turgalicia, ofrécenos unha primeira toma de contacto que poderedes facer efectiva por medio da adquisición desta guía, de forma gratuíta. Para solicitala:

1) Vía telefónica no: 902200432

2)Vía correo electrónico en: cir.turgalicia@xunta.es

Non deixedes escapar esta oportunidade, máis información aquí.

Valdeorras, terra de grandes viños

Dende os antigos tempos dos romanos, Valdeorras soubo convivir estreitamente coa cultura do viño para lograr producir caldos de altísimo nivel e recoñecido prestixio.

Os últimos premios recolleitos polas adegas integradas nesta Denominación de Orixe son un merecido recoñecemento ao traballo ben feito de agricultores, adegueiros e Consello Regulador. Á calidade e o prestixio que de sempre tiveron os seus tintos; únese este ano o maior recoñecemento en materia de viño que outorga o goberno galego, seleccionando a un caldo do D.O. Valdeorras como mellor branco de Galicia.
Se os viños brancos galegos están considerados como os mellores do mundo, pódese afirmar que o mellor branco do mundo prodúcese en Valdeorras?.

Como premio ao traballo ben feito, dende A nai do Viño queremos compartir con toda a familia do mundo do viño este vídeo, que a forma de galardón recolle un pouquiño da historia de Valdeorras.



jueves, 14 de octubre de 2010

Derradeiros días para enviar as tuas fotos sobre "o mundo do viño en Valdeorras"


A poucos días do peche da I edición do Certame de Fotografía e Imaxe Dixital sobre "O mundo do viño en Valdeorras", non paran de chegar imaxes da comarca.  


Ramón Salgado, María José González e Cristina Martín envíannos unha nutrida colección fotográfica sobre a súa visión do mundo do viño en Valdeorras.


Colabora na promoción de Valdeorras e entra no sorteo de grandes premios enviando as túas fotos a:

miércoles, 13 de octubre de 2010

Menor producción, maior calidade

Redúcense as previsións iniciais de 5,5 millóns de quilogramos de uva recollida, a pouco menos de 4,5 millóns de quilogramos.

A falta dunha semana para a conclusión total das vendimas e contando cos datos achegados pola maior parte de adegas e cooperativas, neste momento róldanse os 4 millóns de quilogramos de uva recollida no D. O. Valdeorras. Segundo os datos achegados polo director técnico da denominación, Jorge Mazaira; espérase chegar, á súa conclusión total, os 4,5 millóns de quilogramos.

A pesar desta redución, o dato positivo céntrase na calidade da uva, considerada como moi boa en toda a zona. Mailas inclemencias meteorolóxicas que afectaron de maneira importante á produción, o froito que logrou salvarse goza de gran salubridade e dun estado de maduración óptimo, co que se esperan para esta anada uns viños de excelente calidade.  

lunes, 11 de octubre de 2010

Devinos, o novo programa de V televisión, recomenda Viña de Fornos


Baseándose en criterios "calidade-prezo" os especialistas recomendan este mencía xove da adega  ruesa Germán Rodríguez Salgado.

A gran calidade que atesouran tanto brancos como tintos da D.O. Valdeorras están catapultando o recoñecemento destes viños en todos os sectores, locais, nacionais e internacionais. A meticulosa e coidada conxugación entre tradición e innovación dan lugar a uns caldos de enorme calidade que poden ser gozados por todos aqueles apaixonados do viño sen que supoñan un desembolso excesivo.


lunes, 4 de octubre de 2010

New York abre as súas portas aos viños D.O. Valdeorras

O próximo 7 de Outubro o Metropolitan Pavilion de Nova York recibirá a presentación do D.O. Valdeorras.

O acto, no que se poderán degustar 11 viños do D.Ou. Valdeorras, estrutúrase en dúas sesións:

A primeira de 12:30 a 13:30, estará dirixida a público especializado e amenizada por chárla coloquio "Seminar featuring Valdeorras Wines" impartida por Steve Olson.

A partir das 13:30 e até as 20:30 abrirase o tablé a todos aqueles que queiran degustar os caldos seleccionados para a ocasión.

Concurso de fotografía. "A miña Particular vendima en Valdeorras

Serie Fotográfica de Mercedes González Rodríguez. "A miña Particular vendima en Valdeorras", 19 de setembro de 2010 en viñedo Sampayolo

A presidenta da Asociación de Catadoras de Galicia - Gallaecia, ofrécenos unha serie fotográfica sobre a súa vendima en Valdeorras.



Comparte a túa visión sobre o mundo do viño en Valdeorras e gana grandes premios enviando as túas fotos a:

martes, 28 de septiembre de 2010

Inspectores do Ministerio de Traballo irrompen na vendima valdeorresa

O colectivo de Xóvenes Agricultores cualificou o acto de "acoso" e defendeu a legalidade deste tipo axudas.

O exhaustivo control ao que foron sometiendos os vendimadores, por parte de axentes do Ministerio de Traballo, xerou un malestar xeneralizado entre traballadores e agricultores que califican de "acoso" o proceder dos inspectores.

Pola súa banda o colectivo de Xóvenes Agricultores, amparándose no artigo 13 do Estatuto do traballador, referido aos traballos de amizade, benevolencia e boa veciñanza ratifican a legalidade da colaboración na vendima de persoas, por un período de tempo e sen retribución económica.

Que opinas sobre o Tema?. Fai o teu comentario.

lunes, 27 de septiembre de 2010

Resultados do primeiro Certamen Internacional con Viño de Valdeorras


Das 50 receitas finalistas, a organización comprácese en anunciar como as máis destacadas e seguindo esta orde a:

Gañadora a Dna. Daniela Paola Hernández, natural de Neuquén, en Patagonia, Arxentina; pola receita "Cola de cadril con arroz de fungos e salsa emblemática"

2ª clasificada a Dna. María Cao Méndez pola receita "Agamardira"

3ª clasificada a Dna. Tiziana Fernández Santalices, da Merca, Ourense; pola receita "Charlota de Berenxena ao viño de Valdeorras"

4ªclasificada a Dna. Helena Martín, natural de Barcelona, pola receita "Choucroute Garnie"

5ª clasificada a Dna. Stella Trindade Fernández de Canelones, Uruguai; pola receita "Peras veuna tinto con salsa de arándanos"

Enviamos o noso máis sincero agradecemento a todos os participantes que fixeron posible que o I Certame Internacional de Receitas con Viño de Valdeorras  se convertira nun verdadeiro éxito.

miércoles, 22 de septiembre de 2010

Analizase en EE. UU. o futuro do Godello e do Mencía

Fonte: EFE
O escritor gastronómico Gerry Dawes impartiu recentemente en Estados Unidos un seminario sobre o futuro dos viños de Mencía e Godello que se elaboran nas denominacións de orixe Ribeira Sacra e Valdeorras

Este primeiro contacto foi en Nova Orleans, e para o día 23 está previsto o segundo na cidade de Santa Fe. En ambos os casos, as súas explicacións complementaranse con catas divulgativas de viños destas dúas zonas de Galicia, segundo indicaron a EFE fontes das denominacións de orixe.

A través dos viños que seleccionou nas súas frecuentes viaxes a Galicia, concretamente á Ribeira Sacra e Valdeorras, o escritor Gerry Dawes pretende falar do bo futuro que, segundo a súa opinión, teñen os viños destas dúas denominacións.

Ademais, para o segundo seminario pretende compaxinar os tintos de Mencía e os brancos de Godello con algúns pratos típicos das comarcas da Ribeira Sacra e Valdeorras.

martes, 21 de septiembre de 2010

O Consello Regulador da D.O. Valdeorras e a Universidade de Vigo colaboran nun proxecto de produción de viños tostados

Foto:La región
Jorge Mazaira, director técnico do Consello Regulador, e a investigadora do Campus Ourensán, Beatríz Cancho; analizarán, durante o próximos tres anos, as características dos caldos e a súa viabilidade nos mercados.

Os exitosos pasos iniciados hai dous anos coa produción de varias botellas de Godello e Treixadura tostados, sentaron as bases para iniciar este proxecto. Os traballos comezarán a semana próxima coa recolección de 700 quilos de uva variedade garnacha. Posteriormente, pasificarase durante tres meses e procesarase para obter ao redor de 66 litros de mosto, o que fai de momento inviable utilizar outras variedades de maior valor monetario.


O técnico do Consello Regulador é optimista respecto ao futuro dos viños tostados, "os resultados de hai dous anos foron magníficos; agora, o que queda é investigar para obter unha maior produción cos quilogramos de uva empregados".

Desta forma preténdese recuperar para Valdeorras unha variedade de caldos que estivera presente na Exposición Universal de París de 1900, e que se abandonou ao longo do século.