![]() |
Foto: Gallaecia |
Tal e como se notificaba onte a través de Socialmedia, a Asociación Galega de Catadoras de Galicia "Gallaecia" entregará hoxe, xoves 13 de Setembro ás 18:00 horas, os diplomas correspondentes ás Distincións Gallaecia 2012 para os viños DO Valdeorras galardoados. O acto de entrega de diplomas celebrarase na sede do Consello Regulador, en Vilamartín de Valdeorras.
Así reza o comunicado:
"A Asociación de Sumilleres de Galicia "Gallaecia" comeza a entrega dos diplomas correspondentes ás Distincións Gallaecia 2012. Adiantouse a entrega na medida do posible porque se aceleran os traballos de vendima, época en que os adegueiros están excedidos de traballo e desta maneira aproveitamos para darlles unha inxección de ánimo.
Estarán presentes por parte de Gallaecia a súa presidenta, Mercedes González e o seu vicepresidente, Luís Padín".
Pola súa banda, os viños DO Valdeorras galardoados neste certame son os seguintes:
Podes acceder á información do viño e a adega facendo click sobre o seu nome
BRANCOS
Marca Adega
TINTOS
Marca Adega