martes, 24 de noviembre de 2009

A-DI-VIÑAS DO DÍA VII


Saberías dicir a que adega pertence a cova orixinal romana que hai en Vilamartín de Valdeorras?


A-DI-VIÑAS DO DÍA VI (resposta)

Hoxe coñemos a resposta á pregunta de onte en A-DI-VIÑAS. O Teixedal de Casaio ten unha superficie de 2 hectáreas.

A-DI-VIÑOS DO DÍA VII


Que cor de vidrio empregan os productores para gardar o viño tinto?

A-DI-VIÑOS DO DÍA VI (resposta)

Hoxe coñecemos a resposta á pregunta de onte en A-DI-VIÑOS. O modelo que estandarizaron os franceses fai millóns de anos é o Rhin.

VII: Curiosidades de Valdeorras








Sabías que en Vilamartín de Valdeorras ten lugar tódolos anos o primeiro sábado de agosto a Ruta das Covas de Vilamartín, na que se pode acudir ás covas e probar os seus viños?

VII: Curiosidades da botella







Sabías que a primeira botella específica de viño consérvase no Museo de Northampton?

VII: O universo de Valdeorras


Valdeorras é unha comarca onde abundan as covas, especie de adegas subterráneas onde se garda o viño. José Miramontes apuntaba a finais do XVIII como xurdiron esas covas debido (dicía) “a la poca disposición que se ha notado en este vino de la Negreda para conservarle después que asoman los calores del estío, se han visto precisados sus cosecheros a construir bodegas subterráneas o cuevas a donde preservarle de la perdición.”

VII: O universo da botella


Foi en Inglaterra, onde se elaborou a primeira botella específica de viño de paredes grosas. Seguramente elaborada nos talleres do outrora bucaneiro Sir Kenelm Digby, que figura na historia como pai putativo, e cun selo que data de 1657.

A estrela do día: Portomourisco


Portomourisco é unha parroquia pertencente ó concello de Petín (Valdeorras), ten a pecularidade de ser un emprazamento moi rochoso, situado á beira do Xares. Por iso se pensa que a súa primeria parte provén de portu, por referencia a un porto ou paso fluvial; o vocábulo mourisco pode vir de mor, “pedra”, en atención ó carácter pedroso do lugar, visible perfectamente no corte feito pola canle do río. Ante isto debemos dicir que na comarca de Valdeorras o 55% dos topónimos son latinos, existen tres árabes e o resto son prerromanos.