jueves, 26 de noviembre de 2009

A-DI-VIÑAS DO DÍA VIII (resposta)

Hoxe coñecemos a reposta á pregunta de onte en A-DI-VIÑAS. O aroma do Godello recorda á mazá e outros froitos.

A-DI-VIÑAS DO DÍA IX

Saberías dicir quen foi o que descubríu o antídoto da filoxera?

A-DI-VIÑOS DO DÍA VIII (resposta)

Hoxe coñecemos a reposta á pregunta de onte en A-DI-VIÑOS. Antigamente os elementos que se utilizaban para taponar botellas eran os trapos, madeira, cáñamo acietado,...

A-DI-VIÑOS DO DÍA IX

Qué país aínda segue utilizando o deseño do pescozo da botella para bebida carbonatada en bebidas soft ramune?

IX: Curiosidades de Valdeorras






Sabías que antes da invasión da filoxera, Valdeorras contaba con 8.000 Ha de viñedos?

IX: Curiosidades da botella








Sabías que as mensaxes en botella teñen o seu lugar dentro dos medios de comunicación aínda que estean en desuso?

IX: O universo de Valdeorras



No ano 1882 coa invasión da filoxera, prodúcese a ruína dos viñedos de Valdeorras. A filoxera foi unha peste procedente de Portugal que en poucos anos destruíu máis de 1.000 Ha de viñedos.

IX: O universo da botella



No 1872 un fabricante de bebida gaseosa patenta unha botella para bebida carbonatada. A botella incluía un marbete e un tapón de vidrio no pescozo. As botellas enchíanse ó revés, e a presión do gas carbónico na botella forzaba o tapón contra o pico, sellándoa.

A estrela do día: Mencía


A variedade Mencía xenera viños de forte cor framboesa, aromas intensos a froitas, pero tamén delicados a flores, teñen boas doses alcohólicas, acidez e, como o godello, excelentes posibilidades de crianza. Trátase dunha uva moi sensible, cun cultivo óptimo en zonas de montaña, o que fai entender a súa presenza en bancais e terrazas, nas viñas máis antigas, e tamén en espaldeira para as de nova plantación.