lunes, 29 de noviembre de 2010

Valdeorras premia as fotos da súa terra

Román Novoa,  José Pereira e David, fillo deste ultimo, posan na entrega de premios celebrada o pasado sábado na sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras.

O amor pola terra e a paixón pola fotografía xúntanse no I Certame de Fotografía e imaxe dixital "O mundo do viño en Valdeorras". Os premiados, recibidos por José Luís García Pando, presidente do Consello Regulador, e Jorge Mazaira máximo responsable técnico; doan as súas fotografías á Denominación de Orixe. 
Por medio desta iniciativa o Consello Regulador pretende mostrar o seu compromiso polas novas tecnoloxías e o seu reflexo nas manifestacións artísticas.

jueves, 25 de noviembre de 2010

Máis recoñecementos para o Godello de Valdeorras

De novo a adega Rafael Palacios recolle un merecido recoñecemento outorgado, neste caso, por Guíaa Viños Gourmet.

A Guía de Viños Gourmet, pioneira en España, naceu en 1983 co obxectivo de promover, desde a independencia e o rigor, o coñecemento dos viños españois. Veinteseís anos despois, o produto editorial acode á súa cita anual cos lectores.

O Comité de Cata do Grupo Gourmets está composto por 23 profesionais en exercicio de cuio criterio consensuado se nutre o contido da Guía de Viños Gourmets. No transcurso dun ano, este grupo de expertos catou a cegas ao redor de 5.000 viños e seleccionado 1.121 para apuntar, comentar e cualificar ao consideralos dignos de figurar entre os mellores de España.

Un Valdeorras e dous Rías Baixas copan as primeiras posicións dos viños galegos nesta 26ª edición. Cunha cualificación de 8,5, Laxas 2009 e Pazo San Mauro 2009, ambos do D.O. Rías Baixas; acompañán a Louro do Bolo Leas Finas 2009, de adegas Rafael Palacios, no cadro de honra dos caldos galegos



martes, 23 de noviembre de 2010

Os Godellos de Valdeorras rozan a perfección según os expertos


"As sortes 2009", da Adega Rafael Palacios, logra unha cualificación de 99, outorgada pola Guía Proensa.

Os expertos dotaron con altísimas cualificacións aos Godellos Valdeorreses. Si "As Sortes 2009" lograba rozar a perfección cunha cualificación de 99 puntos segundo os expertos de Proensa, "Louro do Bolo", da mesma adega e elaborado con 92% godello e 8% treixadura, quedou a escasos 5 puntos, cunha valoración de 94. A adega Rafael Palacios viuse acompañada por Guitián, tamén valdeorresa á que se otorgarón aos seus viños "Guitián sobre Leas 2009", "Guitián 2008" e "Guitián 2009"; as cualificacións de 96, 94 e 93 puntos, respectivamente.

Mentres, o afamado crítico do viño Stephen Tanzer volvía incluír ao godello "Louro do Bolo 2009" na súa lista cunha cualificación de 91 puntos; acompañadó, neste caso, de Godello Valdesil cunha puntuación de 90.

Non é alleo para o sector vinícola mundial o auxe que está a ter o viño elaborado con variedade Godello, e xa son diversas as D.O. penínsulares que están a apostar pola exportación e implantación local desta variedade. Acto que o Consello Regulador de Valdeorras tóma con moita calma, informando que esta variedade é moi sensible e necesita unhas condicións especiais; e advertindo que a calidade dos godellos galegos, en especial Valdeorras, é un cúmulo de clima, chans e uva. Feito que ratifican especialistas norteamericanos tras realizar un minucioso seguimento sobre o tema.

lunes, 22 de noviembre de 2010

Viño galego en carballo, unha prometedrora parella

Fonte foto e artigo: La voz de Galicia

O carballo do país preséntase como unha boa alternativa para a crianza

Cata de viños criados en carballo galego. Esta era o pasado sábado a penúltima actividade do Salón de Viños e Augardentes de Galicia (a última foi unha velada jazzística), celebrado esta semana na Coruña. Antes da cata, Ignacio Díaz Maroto, enxeñeiro agroforestal da Universidade de Santiago, avanzou algúns datos da investigación sobre o uso do carballo galego na crianza de viños, un traballo de I+D no que participan tamén a Universidade de Castela-A Mancha, a Adega Algueira, da Ribeira Sacra, e o Consello Regulador de Valdeorras. «Tampouco é que esteamos a inventar nada, porque isto xa o facían os romanos», apuntaba Maroto.

Levan ano e medio con este proxecto e fixeron unha primeira mostra con mencía de Valdeorras e de Ribeira Sacra «para poder facer unha comparativa». Dúas barricas de 225 litros, unha con viño de cada zona, serviron para ir rexistrando os primeiros datos. O de Valdeorras estivo en barrica un catro meses e medio «e xa o sacamos». O Ribeira Sacra estará case dez meses. O primeiro deles «ten un tostado lixeiro; iso é que cando se fixeron as barricas estiveron en contacto co fume, non co lume, porque os viños de aquí non aguantan ese tostado superior que teñen, por exemplo, os rioja», explicaba Ignacio Díaz. No caso da barrica con ribeira sacra «é sen tostado para poder comparar, para ver que pasa sen ningunha interferencia externa», detallou.

Marcial Pita, secretario da asociación española de xornalistas do viño, dirixiu onte a cata destes caldos galegos criados en carballo galego, unha investigación que continuará coa colleita deste ano «porque ás veces hai moita diferenza entre a anada dun ano e de outro», indicaba Díaz Maroto.

Este experto destacaba o dato recolleito o pasado xoves no suplemento Fugus de La voz de Galicia  por Luís Díaz, segundo o cal hai algúns colleiteiros, como Eladio Rodríguez en Ribeiro, que elaboran desde hai tempo «un tinto en barricas de carballo de bosques lucenses fabricados nunha tonelería de Xerez».

Para Maroto, o problema é que en Galicia non hai suficientes carballos, «unhas 220.000 hectáreas». Dos útiles para barricas, «teñen que medir máis de 40 centímetros á altura do peito», habería unhas 20.000.

«É unha madeira extraordinaria, con composicións en taninos moi boas e de calidade cando menos igual á do carballo americano, e habería que ver se non igual ao carballo francé, conclúe. Unha proba: os donos do whisky Macallan viñeron por carballo galego para crialo. Por todo iso, o futuro desa parella de «viño galego en carballo galego» é prometedor.


jueves, 18 de noviembre de 2010

Valdeorras presenta na Coruña a súa cata aberta

Dentro dos actos do VI Salón de Viños e augardentes de Galicia, a D.O. Valdeorras presenta ao gran público, a través do seu director técnico Jorge Mazaira, os viños DO Valdeorras. 

Do mesmo xeito que o resto de Denominacións de Orixe galegas, hoxe é a quenda de Valdeorras de ofrecer unha cata aberta en "Porto Centro Lecer", A Coruña. O seu director técnico Jorge Mazaira, mostrará as calidades dos caldos valdeorreses a todas aquelas persoas inscritas no acto. Este evento enmárcase dentro dos actos do VI  Salón de Viños e Augardentes de Galicia, que celebrará o seu día forte o vindeiro sábado en Palexco.

O Salón do sábado, foi o lugar escollido para a presentación pública da investigación que se está levando acabo na crianza de viños en carballo galego e na que participa unha adega valdeorresa.


miércoles, 17 de noviembre de 2010

Devino adica o seu quinto programa aos tintos de Valdeorras

O programa de V televisión que está a recibir unha gran acollida entre todo tipo de públicos, dedica o seu quinto programa aos tintos de Valdeorras.

Os viños tintos de Valdeorras, coas botellas de Lagar do Cigur Barrica do 2008 na cata e Sampayolo como recomendación, son os protagonistas deste programa no que tamén vos achegarán até a Adega Joaquín Rebolledo.

lunes, 15 de noviembre de 2010

Tres das maiores expertas de cata de viños en España achegan ao público coruñes os seus coñecementos

Mercedes González - Foto: La Voz de Galicia
Mercedes González, presidenta da asociación de Catadoras de Galicia; Andrea Alonso, premio nariz de ouro 2010 e Isabel Mijares, presidenta da asociación española de xornalistas do viño; impartirán unha cata aberta o sábado 20 novembro no Palacio de Congresos da Coruña.

Esta actividade que se integra dentro de VI edición dos viños e Augardentes de Galicia que se celebra desde hoxe luns até o vindeiro sábado día 20; complétase con diversos actos que comezan hoxe, con cursos de catas impartidos polos máximos responsables técnicos dos diferentes D.O. galegas, e que culminarán o sábado co Salón de viños e augardentes de Galicia.

Ademais desta oferta, outro dos actos destacables nesta edición, é a presentación do proxecto de investigación que está a levar acabo o Profesor Díaz Maroto e a USC sobre a crianza de viños en Carballo autóctono de Galicia.

Está edición iniciará o seu peche o sábado a partir das 20.00 horas cunha velada amenizada por diversos músicos de Jazz da cidade herculina, que acompañarán aos asistentes até as 24:00 horas, cando se dará por clausurado o evento.

   

viernes, 12 de noviembre de 2010

Excepcional acollida da D.O. Valdeorras en Cataluña

O acto, celebrado onte no Hotel Palace de Barcelona e ao que asistiron máis de medio milleiro de persoas; cualifícase como un éxito rotundo por parte do Concello Regulador, as adegas; e o que é máis importante, os asistentes.

O máis de medio milleiro de asistentes ao acto celebrado onte en Barcelona, repartidos entre profesionais do sector, importantes figuras do mundo da hostalaría, distribuidoras, asociacións de Catadoras e xente de pé, gozaron do evento e destacaron en sinalar a calidade dos caldos de Valdeorras.

O acto que tivo como elemento reseñable a súa apertura ao público en xeral, puxo de manifesto o gran traballo que se está realizando desde o Consello Regulador en materia promocional dos viños do D.O. Se hai apenas un mes, realizábase a presentación en Nova York, onte tocoulle a vez á Cidade Condal, que deu unha gran acollida a estes caldos. Así, Cristina Martín, oriúnda de Barcelona coméntanos "Levo varios anos seguindo a gran calidade destes viños, e ano tras ano non paro de sorprenderme das grandes mellores que se realizan desde as adegas. Ojala actos como este repítanse moitas máis veces".

Ademais; Cristina, que estivo presente no acto en compañía de sua irmá Helena, agasallan a toda a familia da Nai do Viño  cunha nutrida cantidade de fotos sobre o evento.

Moitas grazas Cristina!
Moitas grazas Helena!

jueves, 11 de noviembre de 2010

Ven a disfrutar do noso viño o VI Salón dos viñoe e augardentes de Galicia en A Coruña

Baixo o patrocinio da Consellería de promoción económica, emprego, comercio, consumo e turismo do Concello dá Coruña e a Deputación Provincial dá Coruña vaise a celebrar, entre ou 15 e ou 20 de novembro, a Semana dos Viños Galegos con D.O. que está estruturada en dous grandes bloques:

- Cursos Públicos de iniciación á cata dos Viños das cinco D.O. Galegas (do 15 ao 19 de novembro)/ Porto Centro de Lecer, 2ª Planta. Horario: de 20 a 21.30h
- VIN Salón dos viños e Augardientes de Galicia (día 20 de novembro)/ Palexco, planta baixa. Horario de 11:00 a 14:30h e 17:30 a 24:00h.

O Salón de Viños e Augardentes de Galicia, que se celebra por sexto ano consecutivo na cidade da Coruña, é xa todo un referente no sector vitivinícola galego. Converteuse no Salón onde máis adegas galegas participan e onde, ademais, desexan participar. Serán máis de 250 referencias as que se poderán gozar, nun evento centrado nos profesionais e os caldos; pero, que ademais abre as súas portas aos amantes do viño co fin de facilitar e dar a coñecer a paisaxe e cultura galega nunha copa.

Entre o luns día 15 e o venres 19 de novembro celebraranse na segunda planta do centro comercial "Porto Centro de Lecer", cinco cursos, gratuítos e abertos ao público en xeral, de iniciación e cata dos viños xenéricos de cada unha das cinco D.O. que existen en Galicia. Os cursos estarán dirixidos polos técnicos das distintas denominacións de orixe galegas.

A actividade máis importante do salón é a "Mostra dos Viños, Augardentes e Licores con D.O. de Galicia" con máis de 250 marcas representadas e unha importante presenza dos propios produtores acompañados dos distribuidores na provincia.

Situado na planta baixa de PALEXCO, o salon inciará a súa actividade o sábado día 20 de novembro ás 11 da mañá até as 14.30h. Pola tarde renovarase ás 17.30h. e pechará as súas portas ás 24 horas.

martes, 9 de noviembre de 2010

Fotos gañadoras do I Certame de fotografía e imaxe dixital "O mundo do viño en Valdeorras"

Do centenar de fotos recibidas, e tras seleccionar as 50 finalistas; o xurado, despois dunha difícil deliberación, premiou ás seguintes:
"O futuro que nos queda por agardar" de José Pereira, destacando o simbolismo da imaxe na continuidade da milenaria cultura do viño en Valdeorras.

"Uva" do premiado fotógrafo alaricano Román Novoa. Na que se destaca o esquisto tratamento e calidade da imaxe.

"Rostro na Copa" de Mercedes González, destacando a orixinalidade da idea e o reflexo da confluencia do mundo do viño de Valdeorras coa innovación e a tecnoloxía.


miércoles, 3 de noviembre de 2010

O director técnico da D.O. Valdeorras descríbenos o proceso de elaboración da "Xoia da Coroa": os Tostados de Valdeorras

Fotografía cortesía de Rosa Veiga
Segundo nos comenta Jorge Mazaira, máximo responsable técnico do Consello Regulador de Valdeorras, o ensaio iniciado hai dous anos cobra forza nos últimos meses

O coidadísimo e delicado proceso debe seguir un estudo exhaustivo e minucioso; xa que, como nos adianta Jorge:

  "En primeiro lugar hai que axustar os tempos de pasificación da uva para elaborar os tostados. Durante este proceso débense analizar coidadosamente a variación dos compostos fenólicos para ir definindo os aromas finais; e así, lograr discernir se proveñen da pasificación ou do proceso de fermentación e envellecemento.

Posteriormente analizaranse os composto aromáticos para valorar a posible evolución do tempo; a fín de definir o perfil aromático dun viño doce por pasificación da uva.

Outro dos detalles que se deben destacar na análise é o estudo visual da uva para diferenciar a pasificación de uvas colgadas e uvas en caixa.

E final mente, todo o ensaio debe repetirse varias veces para eliminar o factor azar"

Con este elaboradísimo proceso, téntase recuperar unha variedade de caldos presentes na zona o século pasado; e que se foi perdendo polo alto custo de produción que estes viños conlevan.


martes, 2 de noviembre de 2010

Concurso de fotografía e imaxe dixital "O mundo do viño en Valdeorras"

Seleccionadas as 50 obras finalistas do concurso de fotografía e imaxe dixital "O mundo do viño en Valdeorras"

Das miles de fotografías recibidas a concurso, seleccionáronse 50, baseándose en criterios de composición, significado, representatividade e reflexo do espírito do viño en Valdeorras. 
Nos próximos días; e seguindo os mesmos criterios, anunciaranse o tres gañadores do I Concurso de fotografía e imaxe dixital "O mundo do viño en Valdeorras".