![]() |
Foto: Reportaxe gráfico Adegas Casalobos |
Despois do éxito de afluencia cultivado nas dúas últimas xornadas, nas que se supero con fartura o número de visitantes públicos á feira; Fevino reunirá, entre hoxe e mañá, o máis destacado do sector vinícola a nivel profesional.
E é que o éxito que cultiva esta feira, ano tras ano, non ten parangón; converténdose nun fiel reflexo do auxe que mundo do viño está a vivir nos últimos anos. Así, personalidades do mundo do deporte, como o outrora futbolista "Manolo Sanchís", agora adicado ao mundo do viño (adegas Casalobos), farán acto de presenza nesta ineludible cita para os especialistas.
A oferta que propoñen as máis de 200 adegas participantes, verase complementada por unha exaltación gastronómica que correrá a cargo das xornadas gastronómicas de lamprea, a degustación do queixo do Rexo e Prestes e unha exhibición de culinaria impartida polos tres finalista do campionato galego de cociñeiros. Actos que prestixan de maneira firme una das citas de promoción vinícola máis importantes do sector nacional.