jueves, 5 de mayo de 2011

Un branco de Valdeorras protagonista na cerimonia de condecoración de Robert Parker

Fuente: comunicalium - vinogallego.com - ElEconomista
Pezas da Portela de Adegas Valdesil, se encumbra como protagonista na cerimonia de condecoración de Robert Parker en Madrid.

Se alguén marcou tendencia no mundo do viño nos últimos anos, ese foi Robert Parker a través da súa publicación "The Wine Advocate". Él foi o responsable da gran apertura ao estranxeiro, sobre todo a EE UU, dos viños españois. Por todo iso o goberno de España, en recoñecemento ao seu traballo de promoción e unificación de criterios, decidiu outorgarlle a Gran Cruz do Mérito Civil, medalla que lle foi imposta pola Ministra de Medio Rural e Mariño, Rosa Aguilar.

Alá polo ano 2007, Robert Parker, transmitira un discurso profético augurando a chegada da internacionalización dos brancos españois; onde xogaría un papel fundamental o traballo realizado pola adega valdeorresa, Valdesil. Aquel ano, Robert Parker, non dubidou en cualificar ao Godello desta adega, elaborado a partir de uvas de cepas centenarias, como un dos mellores brancos de España.

Despois de case catro anos, e un arduo traballo realizado con mimo e coidado , o máis prestixioso e mundialmente famoso "Gurú" do viño, non quixo deixar de gozar da compañía deste caldo nun dos máis importantes actos a nivel nacional.

A día de hoxe, o traballo de Robert Parker, internacionalizouse de tal maneira que para poder realizar un seguimento  fiable da gran proliferación de viños a nivel mundial, axúdase dun equipo de expertos, en España representado por Jay Miller, que non dubidan en enxalzar a calidade dos caldos galegos, entre os que xogan un papel destacado os Godellos de Valdeorras.

Coñece máis acerca de Jay Miller neste vídeo