miércoles, 25 de noviembre de 2009

A-DI-VIÑAS DO DÍA VII (resposta)

Hoxe coñecemos a reposta á pregunta de onte en A-DI-VIÑAS. A adega que ten unha cova orixinal romana é a bodega A Coroa.

A-DI-VIÑOS DO DÍA VIII

Que elementos se utilizaban antes do corcho para taponar botellas?

A-DI-VIÑOS DEL DÍA VII (RESPOSTA)

Hoxe coñecemos a resposta á pregunta de onte en A-DI-VIÑOS. Os productores de viño tinto empregaban a cor verde no vidrio.

VIII: Curiosidades da botella








Sabías que aínda hoxe en día séguese utilizando básicamente o mesmo material co que se comenzaron a tapar as botellas no século XVII?

VIII: O universo de Valdeorras



Aínda que a variedade Godello existe dende a época dos romanos, será en 1877 candoa cade pleno recoñecemento na Exposición Vitivinícola Nacional, onde se di que se produce en Ourense onde se chama Godello Branco.

VIII: O universo da botella

O uso industrial do corcho foi a raíz do descubrimento do viño de champagne (ou viño espumoso) na segunda metade do século XVII por un monxe benedictino, o que implicou a necesidade de procurarse outros elementos fundamentais, é dicir, as botellas de vidrio para contelos e o seu taponamento hermético para evitar a evaporación do líquido, que van a propiciar a conversión nunha industria en desenrolo, extendéndose aos demáis países de Europa.

A estrela do día: o godello

A variedade Godello, específica de Valdeorras, é unha uva precoz e de maduración moi determinada, caracterizada por acios pequenos, de bagos medianos con forma elíptica, cor verde amarelenta e con pepitas. Hoxe en día elabóranse viños de moi boa calidade e moi aromáticos, con grande capacidade de envellecemento en barrica e boa evolución en botella. Está adaptada aos chans secos, e a maior calidade prodúcese en zonas de ladeira de fertilidade media.