martes, 10 de agosto de 2010

Concurso de fotografía. "O camiño da vide"


Fotografía de Cristina Martín. Vilamartín de Vadeorras con motivo da Ruta dás Covas. 7 de Agosto de 2010.

Cristina Martín, natural de Esparreguera, Barcelona, comparte con toda a familia da Nai do Viño a súa experiencia en terras valdeorresas e afírmase en exaltar a beleza da zona.


Comparte a túa visión sobre o mundo do viño en Valdeorras e gana grandes premios enviando as túas fotos a:

O Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, proclama que Galicia é pioneira na protección dos viños de calidade

foto: José Ángel
O conselleiro encomiou a política de protección de produtos con denominación de orixe en Galicia e destacou a importancia promocional que teñen as feiras dedicadas a este sector.

Alegando que os produtos amparados baixo as denominacións de orixe, que utilizan variedades autóctonas, convértense no argumento preeminente na calidade dos mercados, Juárez inaugurou a feira do viño de Monterrei. Á súa vez o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijoó, reafirmou a moción exaltando as medidas tomadas polo Goberno galego na protección dos viños elaborados con variedades de uvas autóctonas.

Jammie Drummond: "Sobre a Mencía"

Jammie Drummond, sommelier de recoñecido prestixio internacional e un dos colaboradores da prestixiosa revista norte americana "Good Food Revolution", no seu percorrido pola xeografía española analizando os nosos caldos, do mesmo xeito que fixera co godello, exhalta a variedade do viño mencía como prestixiosa carta de presentación dos caldos españois no mundo.

Esta variedade de vitis vinifera, á que recentes probas de ADN emparentan de forma máis que directa co Cabernet Frac, cultívase principalmente na zona noroeste da península, con especial significación na zona do Bierzo e o sueste ourensán. As últimas teorías que defende este sommelier, lévannos á introdución da variedade actual vía Camiño de Santiago desde as fértiles terras da Borgoña francesa; atopando, na zona noroeste da península, a súa mellor implantación a efectos produtivos. O señor Drummond non dubida en sinalar unha calidade comparable en caldos aos franceses pero, que polo momento, aínda necesitan o debido recoñecemento internacional.