martes, 10 de agosto de 2010

Jammie Drummond: "Sobre a Mencía"

Jammie Drummond, sommelier de recoñecido prestixio internacional e un dos colaboradores da prestixiosa revista norte americana "Good Food Revolution", no seu percorrido pola xeografía española analizando os nosos caldos, do mesmo xeito que fixera co godello, exhalta a variedade do viño mencía como prestixiosa carta de presentación dos caldos españois no mundo.

Esta variedade de vitis vinifera, á que recentes probas de ADN emparentan de forma máis que directa co Cabernet Frac, cultívase principalmente na zona noroeste da península, con especial significación na zona do Bierzo e o sueste ourensán. As últimas teorías que defende este sommelier, lévannos á introdución da variedade actual vía Camiño de Santiago desde as fértiles terras da Borgoña francesa; atopando, na zona noroeste da península, a súa mellor implantación a efectos produtivos. O señor Drummond non dubida en sinalar unha calidade comparable en caldos aos franceses pero, que polo momento, aínda necesitan o debido recoñecemento internacional.

No hay comentarios:

Publicar un comentario