miércoles, 23 de diciembre de 2009

Bo Nadal!


A nai do viño envíavos unha receita de Nadal: poñamos unhas cantas medidas de ilusión, un anaco de amizade e un chorriño de tenrura. Forneemos a mistura con ánimo paciente. Presentémola envolta en sonrisas e acompañémola con esas melodías saídas do corazón.

ADEGA O CASAL, S.A.T.


A Adega O Casal S.A.T. naceu no ano 2000, formada por cinco socios guiados polo maior respecto coa tradición da que se sinten testemuñas e movidos por un grande amor á terra. O obxectivo desta adega é facer un viño especial para paladares moi esixentes comenzando coas viñas herdadas dos antergos e crecendo a modo, con traballo feito con agarimo de artesáns, combinando o saber tradicional cos impresindibeis avances tecnolóxicos.

martes, 22 de diciembre de 2009

ADEGA DOCAMPO-GACIO, C.B.



A Adega Docampo-Gacio é unha dega que realiza unha producción ecolóxica. O seu obxectivo é elaborar viños de alta calidade, libres de sulfitos.

lunes, 21 de diciembre de 2009

ADEGA DA PINGUELA, S.L.

A Adega da Pinguela é unha adega pequena con vocación de selo. Conta cunha producción limitada pero é algo máis que unha fábrica de viño, é a expresión do terruño feita realidade no viño Ventura, nome que lle puxeron ó viño en homenaxe ó seu avó que emigrou a Cuba. Esta adega atópase nun entorno privilexiado e é a única situada nesa paisaxe con encanto con vistas ó val da Rúa. Destaca a parte exacavada na montaña, a cova onde se ubicaron as cubas de madeira para o viño de crianza. Como futuro próximo pretenden buscar a orixinalidade e a diferenciación dos seus viños sintetizados na expresión da orografía, así como acadar a expresividade dos viñedos.

viernes, 18 de diciembre de 2009

ADEGA CHAN DE OURO


Sabías que o propietario da adega Chan de Ouro é unha das máximas expresións da tradición vitivinícola de Valdeorras, xa que lle gusta facer todo o proceso que supón a elaboración do viño?

jueves, 17 de diciembre de 2009

miércoles, 16 de diciembre de 2009

ADEGA AVELINA S.A.T.

Sabías que a Adega Avelina S.A.T. ten á súa vez unha casa de comidas na que se serven os viños da adega?

Trátase dunha adega de orixe familiar situada nun lugar entrañable no cal existen covas baixo as casas a modo de adegas.

martes, 15 de diciembre de 2009

Alan de Val saca ó mercado o primeiro viño 100% brancellao


Desta primeira colleita valdeorresa elaboráronse 1.000 botellas

Autor:

La Voz
Data de publicación:
11/12/2009

A adega ruesa Alan de Val lanzou A Costiña, o único viño elaborado exclusivamente con uva tinta brancellao que existe no mercado. Amparado pola denominación de orixe Valdeorras, trátase dun viño elaborado con brancellao, que tras un paso por barrica de roble francés durante catro meses, descansou en adega un ano antes de saír á venda.
A producción final de A Costiña 2007 é de 1.000 botellas, que se puxeron á venda por un prezo superior aos 30 euros. Preséntase nunha botella borgoña de 75 centilitros, dentro dun estuche individual.
Según as notas de cata, é un viño «con moito corpo, ben cuberto, de cor vermella intensa e ribete violáceo. De aromas dulces, a mermelada de froitos vermellos e regaliz, con recordos florais de violeta e flor de almendro. En boca é un viño amplo, de correcta acidez, e tanino ben integrado, con un final longo e retrogusto mineral». É un viño «con personalidade que evolucionará ben en botella os próximos cinco anos» e que se presenta perfecto para acompañar «todo tipo de carnes, en especial guisos e caza», segundo apuntan os expertos.
A recuperación deste viño únese a otras nas que se traballa dentro da Denominación de Orixe Valdeorras, como a elaboración do tostado.

Foto Cortesía de Alan de Val: http:www.alandeval.com

viernes, 11 de diciembre de 2009

BENVIDOS A http://www.dovaldeorras.tv


Este novo portal web conta cun formato dinámico e interactivo no que se incluirá unha programación para todo o ano 2010.

Dovaldeorras.tv está dispoñible en tres idiomas (galego, castelán e inglés) e ademáis posee unha estructura áxil.

Nel podemos atopar un completo menú sobre a Denominación de Orixe e a comarca de Valdeorras con datos referentes ao Consello Regulador, o clima, os tipos de uvas, os viños, os chans, as adegas e o ciclo do viño; así como información sobre a propia comarca de Valdeorras, a súa artesanía, as festas e a gastronomía con receitas para maridar Mencía e Godello.

Todo elo complementado cunha estructura audiovisual na que a imaxe videográfica ten un importante papel.

miércoles, 9 de diciembre de 2009

O CICLO DO VIÑO: A VENDIMA



Na Valdeorras rural, do mesmo xeito ca no resto de Galicia, e moitos outros lugares do mundo, o calendario occidental, rexíase polos ciclos da natureza. Deste modo, o viño, coma outros cultivos, tiña o seu propio ciclo segundo as estacións do ano. Velaquí neste vídeo, o ciclo do viño correspondente ó tempo da vendima, no outono.

As celebracións asociadas á vendima remóntanse ós tempos en que o viño era a ponte entre deuses e homes. Por iso, en Valdeorras a cultura de tradición oral está aínda moi viva e é por elo que os vendimadores de máis idade, mentres vendiman, alivian a fatiga con cantos populares de tradición oral.

A pesar dos tempos que vivimos de despoboación rural no mundo, é un pracer e unha fortuna ver que nesta comarca as novas xeracións de mozos e mozas seguen as tradicións dos seus avós acudindo a vendimar canda eles.

viernes, 4 de diciembre de 2009

Benqueridos amigos

Disculpen as molestias de novo. O portal web segue transferindo datos ó servidor a causa do volumen audiovisual do contido. Agradecemos a súa comprensión e esperamos sigan con nós nos próximos días.

Deseámoslles unha boa fin de semana.

martes, 1 de diciembre de 2009

Valdeorras



Valdeorras é, na súa esencia, a nai do viño:

porque nela os romanos plantaron os primeiros viñedos

por ser berce de fillos e fillas de diversos e únicos nomes,
Godello, Dona Branca, Mencía, Merenzao, Brancellao, Souson, Negreda, Grao Negro...

porque os seus ancestros, dende tempos antes de Cristo, moldearon as viñas coas súas maos,
deica convertelas nunha extensión máis de sí mesmos

porque viu nacer unha denominación de orixe que foi das primeiras de España

porque nela, cada pedra ten seu sitio, e os lugares todos arrecenden preñados de milenarios nomes

porque viticultores e adegueiros arrulan os seus caldos coas paisaxes e as memorias irrepetibles no microcosmos que é cada viña

porque Valdeorras, foi nai quen de sintetizar, coa súa esencia, o sincretismo do viño ó longo do tempo, facéndonos sentir un universo en cada botella.