viernes, 21 de septiembre de 2012

Adega Sta. Marta presenta a súa vendima na Televisión de Galicia

 A gran calidade da uva que caracteriza a vendima 2012 en Valdeorras non está a pasar inadvertida para ninguén, por iso, xa son diversos os medios de comunicación que desprazaron os seus equipos a Valdeorras  co firme propósito de comprobar "In situ" as boas previsións de calidade de uva que acompañan nos viñedos.

Desta forma, a Televisión pública de Galicia (RTVG) desprazouse até os viñedos de adega Santa Marta, que comezaba o seu traballo de recolección de godello co inicio da semana, para comprobar sobre o terreo que as mellores expectativas están a cumprirse.

Aquí vos deixamos o vídeo:

Por motivos alleos a este blog,a reprodución do vídeo pode producir problemas de son en certos navegadores, para emendalos recomendamos mover a barra de reprodución que se acha dentro da pestana do vídeo (parte inferior esquerda, á beira de botón de "Play")

                                     
   
 


Accede ao vídeo no Portal Web da RTVG

Adega Santa Marta, que tras recibir importantes recoñecementos internacionais para os seus viños se atopa inmersa nun importante plan de expansión comercial internacional baixo o nome de "Singular Galician Cellars", é unha adega familiar que desde 1998 produce, elabora e embotella os seus propios viños cunha constante: a calidade dos seus produtos ha de estar vixiada desde a vide até a botella.

Situado a 600 metros de altitude, nun clima de invernos fríos e veráns cálidos, o viñedo de Santa Marta atópase enmarcado dentro dun plan de produción integrada onde o respecto á planta e aos seus froitos é a base para a elaboración duns bos caldos.

Na seguinte etapa, cando a materia prima pasa á adega, todo o proceso de elaboración realízase coa máxima precisión posto que Santa Marta conta coa innovación tecnolóxica necesaria para iso.

Trátase, en definitiva, de buscar a precisión en cada proceso, e así obter a máxima calidade para
 os seus viños. Como ratifican a multitude de premios obtidos.

En canto á súa filosofía, pódese afirmar que tradición e innovación son  a fórmula de Santa Marta.

Desde 1998 esta adega lanzouse ao mercado cun obxectivo: lograr o máximo rendemento, a máxima calidade a través de cepas case centenarias.

E é que en Adegas Santa Marta trabállase coas variedades autóctonas, a Mencía e O Godello, nacidas de cepas con máis de medio século de antigüidade.

Con boa materia prima, os coñecementos herdados dos seus maiores e os adquiridos a través dos anos, sumado ás novas formas de viticultura, Santa Marta sacou ao mercado caldos que son garantía de calidade e que contan co referendo da crítica, que xa dende os seus comezos, apoiou aos seus viños "Viñaredo".



Coñece adega Santa Marta

Únete ao grupo de Viñaredo en Facebook

Amplía información sobre "Singular Galician Cellars"

Coñece os premios máis destacados dos viños de Santa Marta

Coñece todas as adegas que conforman a DO Valdeorras