![]() |
Fonte info: Adega A Pinguela |
A adega DO Valdeorras "A Pinguela" aproveita o tirón da XV Feira do
viño DO Valdeorras para presentar o seu novo viño: "Memoria de Ventura
Castes Nobres" elaborado coas variedades Mencía, Souson e Brancellao, na
firme convicción de presentar un produto de primerísima calidade
baseado nas castes nobres da comarca. O acto, complementarase coa
presentación do novo Website da Pinguela, que se fundamentará na
presentación e disfusión de contidos multimedia á vez que dará acceso a
nova tenda Online.
Na súa aposta por recuperar variedades e elaborar viños que lembren os tintos tradicionais da DO Valdeorras, a Adega da Pinguela xa ten listo o seu "Memoria de Ventura Castes Nobres", obtido da coidada convinación de mencía, brancellao e sousón.
O resultado é un viño plurivarietal que para Francisco Núñez, responsable da adega, "será diferente cada ano, porque o viñedo nunca se comporta igual". Este viño segue a liña do resto de tintos da adega que obtiveron varios premios achegando calidade e singularidade.
Memoria de Ventura Castes Nobres será presentado co resto da colleita 2011 da Adega da Pinguela mañá venres o oito e media da tarde en Circunvalación 64 (zona Xardín) A Rúa de Valdeorras, nun acto previo á participación da adega na XV Feira do Viño DO Valdeorras.
En adicción, presentarase tamén de forma oficial o novo Website da adega, onde o contido multimedia e a tenda online serán os protagonistas.

Imaxe de mostra da novo Web Site |
Con galería de vídeos, contidos indexados, mapas interactivos e zona
de descargas, a web é un paso adiante por unha comunicación baseada
na forza do audiovisual e na participación do usuario, que
poderá enlazar todos os contidos.
Cun deseño sinxelo e moi intuitivo, a web recolle a filosofía desta adega creada no 2009 coa restauración dunha adega tradicional.