viernes, 23 de julio de 2010

Adegas Sampayolo sacará ao mercado unha edición limitada de vermouth de elaboración propia


As adegas Sampayolo, situadas en Petín (Valdeorras), lanzarán ao mercado 70 botellas de edición limitada dun vermouth de elaboración propia. Cada botella lucirá un exclusivo gravado realizado por afamados artistas galegos e o seu prezo espérase que rolde os 500 euros.

Para a elaboración deste exclusivo e prezado vermouth, a adega empregou un 90% do seu tinto Sampayolo Mencía en combinación co viño godello Sampayolo, ademais de cítricos (laranxa, limón e mazá), froitos secos (noces, avellanas e améndoas) os responsables da súa elaboración utilizaron diversas herbas aromáticas de primeira calidade que dotan ao licor de gran bouquet e exclusividade no padal.

A data da súa comercialización corresponderase coa celebración da XIII Feira do Viño de Valdeorras, que terá lugar os días 14 e 15 de agosto na localidade da Rúa.

O Godello de Valdeorras segue recibindo un merecido recoñecemento internacional

Nos últimos vinte anos, o recoñecemento internacional do Godello de Valderorras non deixou de medrar. Son moitos os entendidos que enxalzan a súa finura e o seu delicado padal, todo un merecido recoñecemento para aquelas adegas e produtores que asumiron o risco de apostar pola recuperación da uva autóctona por enriba dunha produtividade de menor calidade.

Así da man de Jamie Drummond, recoñecido Sommelier e editor da prestixiosa “Good Food Revolution”, achéganos unha interesante análise sobre a calidade do Godello de Valdeorras e a súa repercusión internacional. Como valor engadido, este Post ofrécenos unha estupenda maridaxe gastronómica da man dos Chefs Chris McDonald and Doug Penfold de Toronto´s Cave Restaurant.

Disfrutade do Post premendo aquí.