jueves, 16 de agosto de 2012

Coñece os Brancos Premiados na XII Cata da XV Feira do Viño DO Valdeorras

Foto cortesía: Manu Sánchez - Alan de Val
Como adiantabamos o pasado martes, hoxe toca a quenda de presentar aos viños Brancos galardoados na a XII Cata da XV Feira do Viño DO Valdeorras.

Nun marco de gran igualdade estes foron os brancos premiados:

1er premio para Ruchel Godello, de Adegas Ruchel

Adegas Ruchel, que xa alcanzou coa súa Ruchel Godello 2009 o premio ao mellor viño branco galego, ratifica desta maneira a súa continuada aposta pola excelencia cun viño que posúe as seguintes notas de cata:
 
Cor amarela pálido, con tons de limón maduro, moi limpo. De aroma intenso, destaca pola súa complexidade, finura e elegancia, onde se aprecian nítidamente notas frutosas.

De entrada moi suave, aínda que con acidez adecuada, preséntase cunha amplitude de sabores froiteiros, destacando na súa gran persistencia e a súa sensación global de redondez.
 


Segue as últimas noticias de Ruchel en Facebook

Coñece algúns dos premios máis destacados de Adegas Ruchel



2ndo premio para Quinta dá Peza Godello, de Adega Quinta dá Peza



A adega Quinta dá Peza, a través de axuntar tradidición e modernidade, caracterízase por ofrecer uns viños de altísima calidade e primeiro nivel que se reflicten nas notas de cata do seu premiado Godello, que posúe as seguinte notas de cata:

 Amarelo pálido con escintileos dourados, limpo e cristalino. Bágoa fina e abundante. Posúe un excelente e pronunciado aroma, intenso, delicado, elegante e con recordos afrutados a mazá, flores brancas e leas finas.

En boca é lixeiro, suave e saboroso, certa gordura, untuoso, dulcedumbre, fresco e cunha boa acidez. Os seus toques acedos e doces danlle equilibrio e fanlle un viño moi persoal, cunha acusada estrutura. Moi fácil de beber e pracenteiro. Certa largura cun lixeiro amargor final. Moi persoal e cunha excelente tipicidad.



Coñece os premios de Quinta dá Peza


3er premio para O Cepado Godello, de Adega O Cepado


 Con toda unha vida dedicada ao traballo e coidado dos viñedos, no ano 2008 nace Adega O Cepado, unha adega familiar situada en Rubiá, integrada na denominación de orixe Valdeorras. A altitude (550m), chans arcillosos e calizos crean as mellores condicións posibles para elaborar viños de primeiro nivel e así se demostra nas notas de cata da súa Godello:

Cor amarela pajizo con insercións verdosas brillantes. Aromas primarios de intensidade media, que lembran á uva recentemente cortada. Aromas secundarios dulzones sobre fondo de hinojo. Notas de pastelaría, doce e bollería. En boca é graso, longo, glicérico e moi potente. Volve os recordos de uva presentes en nariz e achéganlle redondez


Consegue O Cepado a través de compra Online


Con este artigo damos por pechada a XV edición da Feira do viño DO Valdeorras, agradecendo o voso interese e participación, feito que levou á Feira a bater un novo record de afluencia.

Dende a nai do viño seguirémosvos dando cumprida información do devir de todas as adegas DO Valdeorras.

Non a perdades!!!



Segue as noticias das Adegas DO Valdeorras en Facebook

Coñece os viños tintos galardoados na XII Cata da XV Feira do Viño DO Valdeorras

Foto: Adega A Pinguela
Nun marco de gran igualdade entre todos os viños participantes, a XII Cata da XV Feira do Viño DO Valdeorras seleccionou aos seguintes tintos como os destacados da colleita 2011.


1er premio para Memoria de Ventura, de adega  A Pinguela:
 Memoria de Ventura mencía ten dado sempre moitas satisfaccións aos seus artífices, sendo o viño máis premiado da adega. As súas uvas cultívanse en viñedos de O Bolo, principalmente na parroquia de Outar de Pregos, onde as noites de verán son frescas e os terruños graníticos axudan a conservar esa frescura achegando mineralidade.

Para facer este mencía  sempre se busca unhas maduracións tardías, posto que ao ser un tinto novo preténdese potenciar sensacións froiteiras e unha boa acidez.



A súa nota de cata é: Vermello cereixa picota, de boa capa. Limpo e intenso, aromas de froitos vermellos silvestres (baias, moras, arándanos), ciruela negra, lácteos, herbáceos frescos, florais e caramelo de fresa. En boca é lixeiro, con sabores, de paso froiteiro, xuvenil, notas vexetais e persistencia cun agradable toque amargo en final de boca.

A adega Alan de Val é unha das grandes embaixadoras do viño de Valdeorras por todo Galicia, apostando no último ano por diferentes maridaxes coa rica e diversa gastronomía da terra ao longo e ancho das 4 provincias galegas.




Este viño foi elaborado cunha selección de uvas de viñas das ladeiras de Sampayo, Seadur, Villamartin, Petin e A Rúa. Son viñas de rendemento controlado co fin de asegurar a correcta maduración do froito.

Nota de cata: Cuberto e intensa cor vermella picota, aromas a froitas vermellas (mouras, grosellas e arándanos) e herbáceos frescos. De boa estrutura, carga froiteira, fresco e con nobre tanicidad, limpa retronasal. Grao alcohólico: 13,5% Variedade: 90% mencía



Coñece Adegas Sampayolo

Coñece os viños

Accede á tenda Online


Mañá tocarán os brancos premiados. Nos que, da mesma maneira que os tintos, a igualdade entre todos os participantes foi a tónica predominante.