jueves, 16 de agosto de 2012

Coñece os viños tintos galardoados na XII Cata da XV Feira do Viño DO Valdeorras

Foto: Adega A Pinguela
Nun marco de gran igualdade entre todos os viños participantes, a XII Cata da XV Feira do Viño DO Valdeorras seleccionou aos seguintes tintos como os destacados da colleita 2011.


1er premio para Memoria de Ventura, de adega  A Pinguela:
 Memoria de Ventura mencía ten dado sempre moitas satisfaccións aos seus artífices, sendo o viño máis premiado da adega. As súas uvas cultívanse en viñedos de O Bolo, principalmente na parroquia de Outar de Pregos, onde as noites de verán son frescas e os terruños graníticos axudan a conservar esa frescura achegando mineralidade.

Para facer este mencía  sempre se busca unhas maduracións tardías, posto que ao ser un tinto novo preténdese potenciar sensacións froiteiras e unha boa acidez.



A súa nota de cata é: Vermello cereixa picota, de boa capa. Limpo e intenso, aromas de froitos vermellos silvestres (baias, moras, arándanos), ciruela negra, lácteos, herbáceos frescos, florais e caramelo de fresa. En boca é lixeiro, con sabores, de paso froiteiro, xuvenil, notas vexetais e persistencia cun agradable toque amargo en final de boca.

A adega Alan de Val é unha das grandes embaixadoras do viño de Valdeorras por todo Galicia, apostando no último ano por diferentes maridaxes coa rica e diversa gastronomía da terra ao longo e ancho das 4 provincias galegas.




Este viño foi elaborado cunha selección de uvas de viñas das ladeiras de Sampayo, Seadur, Villamartin, Petin e A Rúa. Son viñas de rendemento controlado co fin de asegurar a correcta maduración do froito.

Nota de cata: Cuberto e intensa cor vermella picota, aromas a froitas vermellas (mouras, grosellas e arándanos) e herbáceos frescos. De boa estrutura, carga froiteira, fresco e con nobre tanicidad, limpa retronasal. Grao alcohólico: 13,5% Variedade: 90% mencía



Coñece Adegas Sampayolo

Coñece os viños

Accede á tenda Online


Mañá tocarán os brancos premiados. Nos que, da mesma maneira que os tintos, a igualdade entre todos os participantes foi a tónica predominante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario