miércoles, 31 de marzo de 2010

10. POLO ASADO



NOME DA RECEITA: POLO ASADO

NÚMERO DE COMENSAIS: 4

INGREDIENTES:

- 1 polo enteiro de 1,700 kg.
- Touciño entreverado salgado
- medio limón
- 70 dl.de viño branco Godello
- aceite de oliva, sal e pementa.


VARIEDADE, MARCA E AÑADA DO VIÑO:

Godello, Ribouzo, 2007

FORMA DE ELABORACIÓN DA RECEITA:

1.Imos cortar en catro os limóns.
2.Cortamos o touciño en lonchas finiñas e logo en cadrados.
3.Imos meter dentro do polo medio limón en dous anacos e o touciño.
4.Agora atamos as patiñas e facémoslle un nó, salpimentamolo e colocámolo na bandexa de forno. Cun biberón de cociña botámoslle viño branco dentro do polo antes de metelo no forno.
5.Metémolo no forno durante 5 minutos a fogo forte para que súe e engadímoslle aceite de oliva e deixámolo 5 minutos máis.
6.Baixámoslle a temperatura do forno e engadímoslle viño branco.
7.Deixámolo a 180º durante 1 hora. Unha vez pasado o tempo está listo.


PRESENTACIÓN DO PRATO:

Pódese servir con ensalada.



MARTA, MADRID, ESPAÑA