jueves, 28 de noviembre de 2013

Os viños DO Valdeorras grandes protagonistas no II Salón das Estrelas


Os viños DO Valdeorras non só destacan en España pola súa calidade, senón que tamén son unha gran aposta polo seu prezo.

2 adegas DO Valdeorras estiveron presentes no II Salón das Estrelas
- Guía Peñín 2014 - que destaca aos mellores viños españois relación calidade-prezo.

. Entre eles, como non podía ser doutra forma, varias propostas das adegas DO Valdeorras levan o mérito de estar entre os máis destacados desta edición do Salón. Imos con eles:

Adega da Pinguela representada por 3 viños con 5 estrelas e 1 con 4 estrelas 


As 5 Estrelas fóronse para Memoria de Ventura Mencía 2012, Memoria de Ventura Godello 2012 e Memoria de Ventura Garnacha 2011. No caso do Vento 2011, un godello fermentado en barrica que obtivo 92 puntos Peñín, é cualificado con catro estrelas, ao roldar un prezo de mercado de 12 euros.

Entre eses viños especiais está o Memoria de Ventura Mencía 2012, que este ano repite cualificación na Guía Peñín con 94 puntos, coándose entre os tintos mellor valorados de España a pesar de tratarse dun viño xove. Foi, de feito, un dos viños elixido pola organización do Salón para formar parte dunha actividade paralela, a suxestiva cata "Viño e Sentido", desenvolvido por Espiral Teatro no interior dun tren histórico do Museo do Ferrocarril.

Para Francisco Núñez, responsable de Adega da Pinguela, demostra que: "o prezo compra calidade, pero non só iso, xa non é necesario gastarse moito diñeiro para acceder a viños especiais, diferentes, como os que facemos en Valdeorras".






Adega Coop.Virxe dás Viñas 1 viño con 5 estrelas e 1 viño con 4 estrelas



Adega Coop. Virxe dás viñas consegue senllas apreciacións para a súa gama pingadelo, conseguindo unha cualificación de 5 estrelas para o Mencía e 4 estrelas para o Godello.

A ADEGA COOP VIRXE DÁS VIÑAS foi fundada no ano 1964 polos viticultores da comarca de Valdeorras pertencentes a catro concellos, Petín, Villamartín de Valdeorras, O Bolo e A Rúa de Valdeorras que é a mais céntrica e onde se atopa situada.

Actualmente forman a Cooperativa un total de 850 socios e ten 350 hectáreas de viñedo representando aproximadamente o 45% da produción da comarca e garantindo, a súa vez, a calidade da materia prima.






Con iso, a DO Valdeorras preséntase como firme aposta en relación calidade prezo para estas festas.





domingo, 17 de noviembre de 2013

As maiores puntuacións de última "Cata Parker en Galicia" quedan en Valdeorras.

Luís Gutiérrez - Foto: www.cadenaser.com

Tras as catas realizadas en Galicia nos meses de xullo e agosto, os viños da DO Valdeorras sitúanse coas máis altas puntuacións das 4 Denominacións galegas avaliadas.

Os tempos de Neal Martin, substituto de Jay Miller en The Wine Advocate, pasaron a mellor vida e, con eles, o sol volve brillar para os viños galegos na mesa de cata de Mr. Robert Parker Jr.

Luís Gutiérrez leva agora a batuta, unha batuta que vendía cara o seu homólogo Martin e que recibiu suficientes críticas pola súa falta de homoxeneidade co resto de expertos do sector. Agora, a "orquestra Parker" soa ao ritmo dos outros grandes catadores e parece que, Stephen Tanzer, José Peñin, Marcos Mercado, Jerry Dawnes, Eric Asimov, Jancis Robinson... conseguiron que The Wine Advocate afine o seu instrumento na nota común, a nota da cordura.

Un Gutiérrez máis involucrado co terruño e coa variedade, á vez que interesado en coñecer  a terra e as súas xentes, desprazouse ás diferentes Denominacións de Orixe para percibir, in situ, como se coida, elabóra e se vive o viño.  O resultado foi dun xeneralizado "Grazas". Dende Consellos Reguladores e adegas volven sentir esa calor humana que, parece, perdérase na discordante e impersonal sinfonía pasada.

Rafael Palacios - Foto: www.quelujo.com
Con iso, a máxima puntuación de 95 puntos foi  para unha adega aclamada como referente dos brancos españois a nivel Internacional, a embotelladora  Rafael Palacios. O viño en cuestión é O Soro 2011, un viño de recente lanzamento e que xa foi aclamado no "Salón dos mellores viños de España - Guía Peñín 2014" - como o viño revelación do ano.

Con 94 puntos quedo o irmán maior da adega, o archiconocido godello "As Sortes 2011". Un viño que non falta nos botelleiros máis selectos das adegas de, por exemplo, a raíña de Inglaterra.


94 puntos para o tinto As Caborcas 2010, de adegas Telmo Rodríguez, representando, así, o gran espertar dos tintos valdeorreses. O dueto Telmo Rodríguez e Pablo Egukiza volven polos seus foros consagrando un gran viño que, cada día, gana máis adeptos entre os máis exclusivos padais.     


93 puntos para outro clásico das grandes mesas, Valdesil Pedrouzos 2011. Os halagos da grande "influencer" do viño, Jancis Robinson, non pasaron desapercibidos para Luís Gutiérrez e, con eles, recupérase aos caldos de Valdesil para as máis altas "cualificacións Parker".


A estas afamadas adegas uniuse Adega da Pinguela, unha das grandes revelacións da DO Valdeorras nos últimos tempos. Da Pinguela vén pisando forte , tal e como avalan os diferentes premios dos que se fixeron acredores os seus viños recentemente. Así, con 91 puntos para Memoria de Ventura Garancha 2011 e 90 puntos para Memoria de Ventura Mencía 2012, confírmase o excelente traballo de elaboración dos adegueiros de Da Pinguela. 





jueves, 7 de noviembre de 2013

A Ruta do Viño de Valdeorras anuncia aos gañadores do seu Concurso


Das máis de 1000 respostas correctas, tres foron os gañadores do sorteo de 2 noites de hotel gratis e visita ás adegas, cortesía da Ruta do Viño de Valdeorras.

Este concurso, que contou coa colaboración do Consello Regulador DO Valdeorras e A nai do viño,  pracese en anunciar aos tres afortunados que poderán gozar de 2 noites de hotel gratis e coñecer de preto, a uns dos caldos máis de moda no panorama vinícola internacional.  Estes son os concursantes premiados:

1-. Santiago Manso Fernández

2-. María del Pilar López Álvarez

3-. Marieta Lorenzo Bizcaíno

A través dunha proposta que pretende achegar a todos os públicos a cultura, gastronomía e idiosincrasia dunha terra a través da enoloxía; os establecementos adscritos á Ruta do Viño de Valdeorras felicítanse en dar a benvida a estes visitantes.

Ademais, dende A Ruta do Viño de Valdeorras  envíase un cordial agradecemento á gran cantidade de participantes ao concurso, prometendo que pronto volverán poñer á súa disposición iniciativas similares, lembrando que as súas ofertas a visitantes están dispoñibles os 365 días do ano.


Agardámosvos en Valdeorras!