![]() |
Gráfico: vinogallego.com |
A fortaleza deste sector e a gran reputación que se outorga aos caldos galegos no estranxeiro, propician que a administración autonómica, por medio da Consellería de medio rural, outorgue axudas que roldan o millón de euros en concepto de promoción internacional.
Por medio desta campaña, que terá unha duración de tres anos e que estará financiada polo Fondo europeo agrícola de garantías (FEAGA), preténdese incrementar o fluxo comunicativo sobre os viños galegos en terceiros países; ampliando, á súa vez, a comercialización dos mesmos a través de programas promocionais que terán unha duración de tres anos por beneficiario e país.
Desta forma valórase a apreciada industria vinícola galega no exterior como unha resposta ante a actual situación económica, procurando non deixar da man a "fráxil" fortaleza que a día de hoxe posúen os caldos galegos no exterior; xa que, de non promocionarse, os grandes recoñecementos e valoracións poderían chegar a volatilizarse.