miércoles, 30 de marzo de 2011

Dos poderes curativos do viño

    fonte foto by click
Durante milenios atribuíronselle ao viño diversas propiedades curativas. Por medio deste post, sempre fundamentado nun consumo moderado e responsable, pretendemos achegar algunhas das beneficiosas propiedades do disfrute deste produto para cos seus consumidores.

Máis aló do pracer que leva acompañar unha comida cun bo viño; está demostrado que un consumo moderado deste produto axuda a protexer o corazón, fortalece o  metabolismo, favorece a dixestión, axuda a manter e coidar as articulacións e segundo os últimos estudos, mesmo alarga a vida. 

A partir dos anos 70 comezáronse a estudar as propiedades beneficiosas que tiña un consumo moderado de viño; non máis de 750 ml ao día para o sexo masculino, non máis de 500ml ao día para o sexo feminino, reducíndose a non máis de dúas ou tres copas para as persoas anciás. Con todo iso, chegouse a unha conclusión bastante popular entre os diferentes investigadores, as persoas que realizan un consumo moderado de viño posúen un risco de mortalidade 37% menor que os abstemios. A ciencia vólvese practicamente ecuánime ao atribuír ao consumo terapéutico de viño as seguintes propiedades:

- Tranquilizantes.
- Vasodilatadoras.
- Enerxéticas.
- Diuréticas.
- Favorecedoras da absorción intestinal das graxas.
- Xeradoras do incremento do HDL, máis popularmente coñecido como colesterol bo.
- Os seus polifenoles axudan a aforrar vitamina C.
- Sintetizadoras do colágeno presente nas paredes dos vasos arteriais, que axuda a mantelos elásticos e resistentes.

Con todo isto, dende a Nai do viño aconsellámosvos un consumo responsable para poder seguir brindando convosco durante moitos, pero moitos, anos.