Un ano máis empeza a pechar o seu branco veo e, por el, alegrías e tristezas correron.
Pasou o duro esforzo, os gratos reencontros e as tristes despedidas.
Por isto, dende a DO Valdeorras queremos enxalzar todos os nosos bos desexos
e que, en 2014, as máis grandes das bondades rexan as vidas e destino de cada persoa.
Dende Valdeorras desexamos compartir convosco estas festas e, a través dos nosos viños, todo o agarimo, a honestidade e grato esforzo que pomos en ofrecervos o mellor de nós e os nosos viñedos.
Por medio de desexos convertidos en viño, queremos participar deses momentos inesquecibles que provocan o sorriso, enxalzan o amor e son fonte de felicidade.
Por todo isto, e porque para nós sempre seredes o primeiro,
desexámosvos
Bo nadal e "moi" próspero Aninovo
De todo corazón
Adegas e Consello Regulador DO Valdeorras