miércoles, 23 de diciembre de 2009

Bo Nadal!


A nai do viño envíavos unha receita de Nadal: poñamos unhas cantas medidas de ilusión, un anaco de amizade e un chorriño de tenrura. Forneemos a mistura con ánimo paciente. Presentémola envolta en sonrisas e acompañémola con esas melodías saídas do corazón.

ADEGA O CASAL, S.A.T.


A Adega O Casal S.A.T. naceu no ano 2000, formada por cinco socios guiados polo maior respecto coa tradición da que se sinten testemuñas e movidos por un grande amor á terra. O obxectivo desta adega é facer un viño especial para paladares moi esixentes comenzando coas viñas herdadas dos antergos e crecendo a modo, con traballo feito con agarimo de artesáns, combinando o saber tradicional cos impresindibeis avances tecnolóxicos.

martes, 22 de diciembre de 2009

ADEGA DOCAMPO-GACIO, C.B.



A Adega Docampo-Gacio é unha dega que realiza unha producción ecolóxica. O seu obxectivo é elaborar viños de alta calidade, libres de sulfitos.

lunes, 21 de diciembre de 2009

ADEGA DA PINGUELA, S.L.

A Adega da Pinguela é unha adega pequena con vocación de selo. Conta cunha producción limitada pero é algo máis que unha fábrica de viño, é a expresión do terruño feita realidade no viño Ventura, nome que lle puxeron ó viño en homenaxe ó seu avó que emigrou a Cuba. Esta adega atópase nun entorno privilexiado e é a única situada nesa paisaxe con encanto con vistas ó val da Rúa. Destaca a parte exacavada na montaña, a cova onde se ubicaron as cubas de madeira para o viño de crianza. Como futuro próximo pretenden buscar a orixinalidade e a diferenciación dos seus viños sintetizados na expresión da orografía, así como acadar a expresividade dos viñedos.

viernes, 18 de diciembre de 2009

ADEGA CHAN DE OURO


Sabías que o propietario da adega Chan de Ouro é unha das máximas expresións da tradición vitivinícola de Valdeorras, xa que lle gusta facer todo o proceso que supón a elaboración do viño?

jueves, 17 de diciembre de 2009

miércoles, 16 de diciembre de 2009

ADEGA AVELINA S.A.T.

Sabías que a Adega Avelina S.A.T. ten á súa vez unha casa de comidas na que se serven os viños da adega?

Trátase dunha adega de orixe familiar situada nun lugar entrañable no cal existen covas baixo as casas a modo de adegas.

martes, 15 de diciembre de 2009

Alan de Val saca ó mercado o primeiro viño 100% brancellao


Desta primeira colleita valdeorresa elaboráronse 1.000 botellas

Autor:

La Voz
Data de publicación:
11/12/2009

A adega ruesa Alan de Val lanzou A Costiña, o único viño elaborado exclusivamente con uva tinta brancellao que existe no mercado. Amparado pola denominación de orixe Valdeorras, trátase dun viño elaborado con brancellao, que tras un paso por barrica de roble francés durante catro meses, descansou en adega un ano antes de saír á venda.
A producción final de A Costiña 2007 é de 1.000 botellas, que se puxeron á venda por un prezo superior aos 30 euros. Preséntase nunha botella borgoña de 75 centilitros, dentro dun estuche individual.
Según as notas de cata, é un viño «con moito corpo, ben cuberto, de cor vermella intensa e ribete violáceo. De aromas dulces, a mermelada de froitos vermellos e regaliz, con recordos florais de violeta e flor de almendro. En boca é un viño amplo, de correcta acidez, e tanino ben integrado, con un final longo e retrogusto mineral». É un viño «con personalidade que evolucionará ben en botella os próximos cinco anos» e que se presenta perfecto para acompañar «todo tipo de carnes, en especial guisos e caza», segundo apuntan os expertos.
A recuperación deste viño únese a otras nas que se traballa dentro da Denominación de Orixe Valdeorras, como a elaboración do tostado.

Foto Cortesía de Alan de Val: http:www.alandeval.com

viernes, 11 de diciembre de 2009

BENVIDOS A http://www.dovaldeorras.tv


Este novo portal web conta cun formato dinámico e interactivo no que se incluirá unha programación para todo o ano 2010.

Dovaldeorras.tv está dispoñible en tres idiomas (galego, castelán e inglés) e ademáis posee unha estructura áxil.

Nel podemos atopar un completo menú sobre a Denominación de Orixe e a comarca de Valdeorras con datos referentes ao Consello Regulador, o clima, os tipos de uvas, os viños, os chans, as adegas e o ciclo do viño; así como información sobre a propia comarca de Valdeorras, a súa artesanía, as festas e a gastronomía con receitas para maridar Mencía e Godello.

Todo elo complementado cunha estructura audiovisual na que a imaxe videográfica ten un importante papel.

miércoles, 9 de diciembre de 2009

O CICLO DO VIÑO: A VENDIMA



Na Valdeorras rural, do mesmo xeito ca no resto de Galicia, e moitos outros lugares do mundo, o calendario occidental, rexíase polos ciclos da natureza. Deste modo, o viño, coma outros cultivos, tiña o seu propio ciclo segundo as estacións do ano. Velaquí neste vídeo, o ciclo do viño correspondente ó tempo da vendima, no outono.

As celebracións asociadas á vendima remóntanse ós tempos en que o viño era a ponte entre deuses e homes. Por iso, en Valdeorras a cultura de tradición oral está aínda moi viva e é por elo que os vendimadores de máis idade, mentres vendiman, alivian a fatiga con cantos populares de tradición oral.

A pesar dos tempos que vivimos de despoboación rural no mundo, é un pracer e unha fortuna ver que nesta comarca as novas xeracións de mozos e mozas seguen as tradicións dos seus avós acudindo a vendimar canda eles.

viernes, 4 de diciembre de 2009

Benqueridos amigos

Disculpen as molestias de novo. O portal web segue transferindo datos ó servidor a causa do volumen audiovisual do contido. Agradecemos a súa comprensión e esperamos sigan con nós nos próximos días.

Deseámoslles unha boa fin de semana.

martes, 1 de diciembre de 2009

Valdeorras



Valdeorras é, na súa esencia, a nai do viño:

porque nela os romanos plantaron os primeiros viñedos

por ser berce de fillos e fillas de diversos e únicos nomes,
Godello, Dona Branca, Mencía, Merenzao, Brancellao, Souson, Negreda, Grao Negro...

porque os seus ancestros, dende tempos antes de Cristo, moldearon as viñas coas súas maos,
deica convertelas nunha extensión máis de sí mesmos

porque viu nacer unha denominación de orixe que foi das primeiras de España

porque nela, cada pedra ten seu sitio, e os lugares todos arrecenden preñados de milenarios nomes

porque viticultores e adegueiros arrulan os seus caldos coas paisaxes e as memorias irrepetibles no microcosmos que é cada viña

porque Valdeorras, foi nai quen de sintetizar, coa súa esencia, o sincretismo do viño ó longo do tempo, facéndonos sentir un universo en cada botella.

lunes, 30 de noviembre de 2009

A-DI-VIÑAS DO DÍA X (RESPOSTA)


Hoxe coñecemos a respuesta á pregunta de onte en A-DI-VIÑAS. O invento que supuxo o nacemento de A Rúa foi a chegada del ferrocarrila Valdeorras, inaugurado por Alfonso XII en 1883.

A-DI-VIÑOS DO DÍA XI

Como abrir unha botella de viño sen sacacorchos?

A-DI-VIÑOS DO DÍA X (resposta)

Hoxe coñecemos a resposta a pregunta de onte en A-DI-VIÑOS. O material que se utiliza a parte do corcho e a silicona sendo un tema de gran controversia dentro do mundo do viño.

XI: Curiosidades de Valdeorras







Sabías que nos anos setenta leváronse a cabo experimentos para recuperar a variedade Godello en Valdeorras?

XI: Curiosidades da botella




Sabías que as botellas tamén se usaron na tradición para inaugurar embarcacións?

O rito consiste en atar unha botella de champán a unha corda, unha persoa colle o recipiente e lánzao contra o casco do barco (proa). Algunhas veces require varios lanzamentos hasta que estalla.

XI: O universo de Valdeorras


O 27 de xullo de 1945 foi recoñecida a D.O. Valdeorras por Orde Ministerial e declarouse protexido como denominación de orixe o nome xeográfico de Valdeorras e constituiuse o Consello Regulador.

XI: O universo da botella



Non podemos olvidarnos que a maduración do viño continúa na botella. Na botella ben tapada, con un corcho san, prodúcese unha reducción que desenrola o bouquet do viño, armonizándoo e redondeándoo. Dende o século XVIII, o sentido da funcionalidade, o costume e a manexabilidade han xogado tamén en detrimento de formas máis barrocas e fóronse definindo unhas líneas prácticas e lóxicas para as botellas que se comercializan.

A estrela do día: Castelo do Bolo


O Castelo está situado na localidade do Bolo, e a súa torre é visible dende longa distancia. Calcúlase que a súa construcción iniciouse no śeculo XII, pero sufriu importantes danos nas revoltas dos Irmandiños e reconstruíuse no século XV. Rehabilitada fai poucos anos, hoxe en día poden admirarse a Torre da Homenaxe, de 20 metros de altura, restos da muralla interior e exterior, o patio de armas e o alxibe.

viernes, 27 de noviembre de 2009

A-DI-VIÑAS DO DÍA X

Saberías dicir que invento supuxo o nacemento do concello de A Rúa?

A-DI-VIÑOS DO DÍA X

Que tipo de material se utiliza hoxe en día para os tapóns, ademáis do corcho?

A-DI-VIÑAS DO DÍA IX (resposta)

Hoxe coñecemos a resposta á pregunta de onte en A-DI-VIÑOS. O país que aínda segue utilizando o deseño de botella para bebida carbonatada en bebidas soft ramune é Xapón.

X: Curiosidades de Valdeorras







Sabías que Valdeorras é o único sitio no mundo onde poden existir cepas da variedade Godello de máis de 150 anos?

X: Curiosidades da botella








Sabías que hai xente que ten a paciencia e precisión suficiente como para montar un barco a escala, peza a peza, dentro dunha botella?

X: O universo de Valdeorras




O primeiro enxerto de vides americanas foi feito en 1904, en Vilamartín, por Justino Fernándiz, que creou os primeiros viveiros que tanta fama e desenvolvemento acadaron e que aportaron a maior parte de enxertos que serviron para reconstruír os viñedos de Ourense.

X: O universo da botella




A finais do século XX o uso das botellas de vidrio foi reemplazado polos envases de plástico sen retorno. Sen embargo, para o viño séguense utilizando botellas de vidrio, na maioría dos casos.

A estrela do día: Mosteiro de Xagoaza




Nun ámbito natural extremadamente coidado atópase o Mosteiro de Xagoaza cuia construcción data do século XVIII. O edificio, que impresiona pola súa beleza e simplicidade, está realizado en pedra e articúlase, en forma de U, ao redor dun claustro interior rectangular. Na planta baixa da construcción sitúaser unha moderna adega vitivinícola, os viñedos da cal se atopan situados tamén no ámbito monumental.

jueves, 26 de noviembre de 2009

A-DI-VIÑAS DO DÍA VIII (resposta)

Hoxe coñecemos a reposta á pregunta de onte en A-DI-VIÑAS. O aroma do Godello recorda á mazá e outros froitos.

A-DI-VIÑAS DO DÍA IX

Saberías dicir quen foi o que descubríu o antídoto da filoxera?

A-DI-VIÑOS DO DÍA VIII (resposta)

Hoxe coñecemos a reposta á pregunta de onte en A-DI-VIÑOS. Antigamente os elementos que se utilizaban para taponar botellas eran os trapos, madeira, cáñamo acietado,...

A-DI-VIÑOS DO DÍA IX

Qué país aínda segue utilizando o deseño do pescozo da botella para bebida carbonatada en bebidas soft ramune?

IX: Curiosidades de Valdeorras






Sabías que antes da invasión da filoxera, Valdeorras contaba con 8.000 Ha de viñedos?

IX: Curiosidades da botella








Sabías que as mensaxes en botella teñen o seu lugar dentro dos medios de comunicación aínda que estean en desuso?

IX: O universo de Valdeorras



No ano 1882 coa invasión da filoxera, prodúcese a ruína dos viñedos de Valdeorras. A filoxera foi unha peste procedente de Portugal que en poucos anos destruíu máis de 1.000 Ha de viñedos.

IX: O universo da botella



No 1872 un fabricante de bebida gaseosa patenta unha botella para bebida carbonatada. A botella incluía un marbete e un tapón de vidrio no pescozo. As botellas enchíanse ó revés, e a presión do gas carbónico na botella forzaba o tapón contra o pico, sellándoa.

A estrela do día: Mencía


A variedade Mencía xenera viños de forte cor framboesa, aromas intensos a froitas, pero tamén delicados a flores, teñen boas doses alcohólicas, acidez e, como o godello, excelentes posibilidades de crianza. Trátase dunha uva moi sensible, cun cultivo óptimo en zonas de montaña, o que fai entender a súa presenza en bancais e terrazas, nas viñas máis antigas, e tamén en espaldeira para as de nova plantación.

miércoles, 25 de noviembre de 2009

A-DI-VIÑAS DO DÍA VII (resposta)

Hoxe coñecemos a reposta á pregunta de onte en A-DI-VIÑAS. A adega que ten unha cova orixinal romana é a bodega A Coroa.

A-DI-VIÑOS DO DÍA VIII

Que elementos se utilizaban antes do corcho para taponar botellas?

A-DI-VIÑOS DEL DÍA VII (RESPOSTA)

Hoxe coñecemos a resposta á pregunta de onte en A-DI-VIÑOS. Os productores de viño tinto empregaban a cor verde no vidrio.

VIII: Curiosidades da botella








Sabías que aínda hoxe en día séguese utilizando básicamente o mesmo material co que se comenzaron a tapar as botellas no século XVII?

VIII: O universo de Valdeorras



Aínda que a variedade Godello existe dende a época dos romanos, será en 1877 candoa cade pleno recoñecemento na Exposición Vitivinícola Nacional, onde se di que se produce en Ourense onde se chama Godello Branco.

VIII: O universo da botella

O uso industrial do corcho foi a raíz do descubrimento do viño de champagne (ou viño espumoso) na segunda metade do século XVII por un monxe benedictino, o que implicou a necesidade de procurarse outros elementos fundamentais, é dicir, as botellas de vidrio para contelos e o seu taponamento hermético para evitar a evaporación do líquido, que van a propiciar a conversión nunha industria en desenrolo, extendéndose aos demáis países de Europa.

A estrela do día: o godello

A variedade Godello, específica de Valdeorras, é unha uva precoz e de maduración moi determinada, caracterizada por acios pequenos, de bagos medianos con forma elíptica, cor verde amarelenta e con pepitas. Hoxe en día elabóranse viños de moi boa calidade e moi aromáticos, con grande capacidade de envellecemento en barrica e boa evolución en botella. Está adaptada aos chans secos, e a maior calidade prodúcese en zonas de ladeira de fertilidade media.

martes, 24 de noviembre de 2009

A-DI-VIÑAS DO DÍA VII


Saberías dicir a que adega pertence a cova orixinal romana que hai en Vilamartín de Valdeorras?


A-DI-VIÑAS DO DÍA VI (resposta)

Hoxe coñemos a resposta á pregunta de onte en A-DI-VIÑAS. O Teixedal de Casaio ten unha superficie de 2 hectáreas.

A-DI-VIÑOS DO DÍA VII


Que cor de vidrio empregan os productores para gardar o viño tinto?

A-DI-VIÑOS DO DÍA VI (resposta)

Hoxe coñecemos a resposta á pregunta de onte en A-DI-VIÑOS. O modelo que estandarizaron os franceses fai millóns de anos é o Rhin.

VII: Curiosidades de Valdeorras








Sabías que en Vilamartín de Valdeorras ten lugar tódolos anos o primeiro sábado de agosto a Ruta das Covas de Vilamartín, na que se pode acudir ás covas e probar os seus viños?

VII: Curiosidades da botella







Sabías que a primeira botella específica de viño consérvase no Museo de Northampton?

VII: O universo de Valdeorras


Valdeorras é unha comarca onde abundan as covas, especie de adegas subterráneas onde se garda o viño. José Miramontes apuntaba a finais do XVIII como xurdiron esas covas debido (dicía) “a la poca disposición que se ha notado en este vino de la Negreda para conservarle después que asoman los calores del estío, se han visto precisados sus cosecheros a construir bodegas subterráneas o cuevas a donde preservarle de la perdición.”

VII: O universo da botella


Foi en Inglaterra, onde se elaborou a primeira botella específica de viño de paredes grosas. Seguramente elaborada nos talleres do outrora bucaneiro Sir Kenelm Digby, que figura na historia como pai putativo, e cun selo que data de 1657.

A estrela do día: Portomourisco


Portomourisco é unha parroquia pertencente ó concello de Petín (Valdeorras), ten a pecularidade de ser un emprazamento moi rochoso, situado á beira do Xares. Por iso se pensa que a súa primeria parte provén de portu, por referencia a un porto ou paso fluvial; o vocábulo mourisco pode vir de mor, “pedra”, en atención ó carácter pedroso do lugar, visible perfectamente no corte feito pola canle do río. Ante isto debemos dicir que na comarca de Valdeorras o 55% dos topónimos son latinos, existen tres árabes e o resto son prerromanos.

lunes, 23 de noviembre de 2009

A-DI-VIÑAS DO DÍA VI

¿Saberías dicir que superficie ten o Teixedal de Casaio?

A-DI-VIÑAS DO DÍA V (resposta)

O vocablo que buscabamos o último día en referencia a unha das primeiras cepas introducidas na Península Ibérica era Mencía.

A-DI-VIÑOS DO DÍA VI



Cal é o modelo de botella que estandarizaron os franceses fai millóns de anos?

A-DI-VIÑAS DEL DÍA V (RESPOSTA)

Aquí mostrámosvos a resposta á A-DI-VIÑOS do último día.

As formas toman o nome dos viños que a conteñen, botella bordelesa e botella borgoña

VI: Curiosidades de Valdeorras







Sabías que os xaponeses levan cerca de 25 anos investigando sobre a corteza do teixo para o tratamento do cancro, e que fai uns 5 anos pedíronle á Xunta poder alugar o Teixedal de Casaio?

VI: Curiosidades da botella







Sabías que as primeiras botellas foron chamadas pola súa forma botellas de cebola?

VI: O universo de Valdeorras


Tralo abandono da comarca por parte dos romanos e a chegada de suevos e visigodos, en tempos de Leovigildo e Recaredo, e tras a unificación político-relixiosa da Península, a comarca debeu de vivir un periodo de paz e esplendor. En terras de “Gueurres” chegouse a acuñar moeda por tres veces -VITERICO (603-610), SISEBUTO (612-621) y SUINTILA (621-631)- nas ceccas que estaban situadas en: GUEURRES -Valencia del Sil-, PINCIA -Pinza- y LAURUCLO -Larouco-. Estas moedas levaban inscritas imáxes relacionadas coa uva, pola importancia que tiñan as viñas en Valdeorras.

VI: O universo da botella















A finais do seculo XVIII é cando xurde a botella cilíndrica tal e como a coñecemos hoxe en día. Este tipo de botella aportaba, ademáis de maior resistencia, a posibilidad de que puidese ser colocada en posición horizontal, o que facilitaba o seu almacenamento e tamén a súa conservación ó manter o corcho sempre húmido.

A estrela do día: O teixedal de Casaio



O Teixedal de Carballeda de Valdeorras é unha xoia natural, xa que é o único bosque endémico de Teixos de Europa. Está formado por máis de 400 exemplares de teixo, moitos deles centenarios e algúns con máis de mil anos de antigüidade.


Fotos de José Félix Romero Ibarra
María Olano Espinosa
Eduardo Olano Gurriarán



viernes, 20 de noviembre de 2009

A-DI-VIÑAS DO DÍA V

Comeza por M... Nomea unha das primeiras cepas de uva introducidas na Península Ibérica.

A-DI-VIÑAS DO DÍA IV (RESPOSTA)

En referencia á cuestión plantexada onte na sección A-DI-VIÑOS hoxe coñecemos a reposta.

O valdeorrés que plantou a primeira cepa foi Lucio Pompeyo Reburro.

A-DI-VIÑOS DO DÍA V

Cales son as formas de botella que máis utilización tiveron na industria vinícola ó longo da historia?

A-DI-VIÑOS DO DÍA IV (RESPOSTA)

En referencia á cuestión plantexada onte nas ección A-DI-VIÑOS hoxe coñecemos a reposta.
O viño branco envellece antes nas botellas claras porque o vidrio verde detén mellor as radiacións ultravioleta e violeta, deixa pasar poucas radiacións azuis e moitas amarelas, retendo moitas outras, polo que o viño queda máis protexido.

V: Curiosidades de Valdeorras






Sabías que o Camiño de Santiago tamén discorre pola comarca de Valdeorras? É o denominado Camiño de Inverno, que parte de Camiño Francés en Ponferrada e, para evitar a dura ascensión por Pedrafita (sobre todo no inverno coa neve) así como gozar dun trazado tranquilo, enlaza co Camiño da Prata en Lalín.

V: Curiosidades da botella








Sabías que os recipientes viñateiros de barro, cerámica, peltre, louza ou albastro alteraban pola súa propia decoración e impermeabilización, a propia composición do viño?

V: O universo de Valdeorras


A partir do medievo, o cultivo da vide foise impoñendo de forma dominante na paisaxe valdeorresa ata o punto de que a mediados do século XVIII, segundo datos do Catastro de Ensenada, constátasea existencia de viñas en case todos os pobos da comarca. Ademáis segundo o inventario e apeo de 1789 contabilízanse máis de 200 leiras dedicadas ó cultivo da vide.

V: O universo da botella



No 1640, o membro da Corte Británica Sir Kenelm Digby, inaugurou a primeira fábrica de botellas que utilizaba nos seus fornos carbón de hulla, e anque non foi o primeriro en utilizar esta técnica si foi o primeiro en patentala e polo tanto é a quen tradicionalemente se lle atribúe esta invención.

A estrela do día: Santuario das Ermidas

O Santuario das Ermidas é o santuario mariano máis importante de toda a bisbarra. Antigo seminario, é un conxunto monumental e arquitectónico de grande relevancia. Foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC) no 2006.

Localizado nunha zona privilexiada mantén as característcias intrínsecas dunha terra que dende a chegada dos romanos se dedica o cultivo das vides. É por iso que as súas columnas posúen racimos de uvas.

jueves, 19 de noviembre de 2009

A-DI-VIÑAS DO DÍA IV

Saberías decir quen foi o valdeorrés que plantou a primeira cepa?

A-DI-VIÑAS DO DÍA III (resposta)

En referencia á pregunta plantexada onte, hoxe dámosvos a reposta.
O nome de Larouco provén dun Deus romano pagano

A-DI-VIÑOS DO DÍA VI

Por qué o viño branco envellece antes nas botellas brancas que nas coloreadas?

A-DI-VIÑOS DO DÍA III (RESPUESTA)

En referencia á cuestión plantexada onte, hoxe damos a resposta.
Os viños vellos eran máis baratos que os xóvenes porque estropeábanse antes, ó non alamcenar o viño nos recipeintes adecuados.

IV: Curiosidades de Valdeorras






Sabías que Valdeorras foi o primeiro lugar onde se comezou a producir viño en Galicia?

IV: Curiosidades da botella








Sabías que a forma das botellas non son capricho do fabricante senón que serven para mellorar a conservación do viño?

IV: O universo de Valdeorras















En plena Idade Media, a tradición de plantar viñas foi continuada polos monxes benedictinos. Entre os séculos XI e XII cítanse 40 documentos nos que se consigna a existencia de viñas, o cal nos daá unha mostra clara da importancia que este cultivo estaba adquirindo en Valdeorras. Tamén se fai referencia a cubas, parras e lagares como accesorios necesarios para a elaboración do viño.