Coincidindo co fin da vendima 2012 Alan de Val presenta este novo viño elaborado con cepas vellas de Garnacha Tintorera Centenaria e especialmente realizado e criado segundo métodos artesanais nunha produción limitada e numerada de 500 botellas.
Esta exquisita serie de Escada leva en cada botella o recordo e a añoranza doutros tempos, expresións de historia e de pasado, da arte da memoria das que falan as nosas antigas cepas a través do viño. As sensacións están garantidas.
NOTAS DE CATA
Cor vermella púrpura escuro,moi intenso e brillante, abundante lagrimeo que tende a saírse da copa.
Ao nariz excepcionalmente aromático, notas de grosellas confitadas, arándanos maduros e sutís tostados fundidos sobre fondo glicérico, moi goloso e cun toque a violetas balsámicas que envolve perfectamente o conxunto.
Na boca entrada untuosa e cálida, de paso lento e armonioso, despois amplo e sedoso despregando toda a súa estrutura e potencia. Explosión de aromas e sensacións que convidan a masticalo, con final longo e complexo.
Postgusto moi prolongado e de intensos e agradables recordos.

Temperatura óptima de consumo: 17-18ºC en maridaxe e 20ºC como viño de sobremesa no inverno.
Tempo de garda en botella que pode soportar positivamente: De 12 a 15 anos
Maridaxe: Carnes consistentes de vacún ou caza maior. Excelente con carne de boi e de cachena ao momento, con aves recheas ao forno e con steak tartar de solombo. Moi bo acompañante de queixos moi curados e embutidos ibéricos.
Perfecto tamén para tomar só entre horas, disfrutándoo lentamente e con total plenitude.
Colleita 2011
Variedade: 100% Garnacha vella procedente da Finca Escada de cepas centenarias
Produción limitada e numerada: 500 botellas.
Coñece a adega Alan de Val
Segue as últimas noticias de Alan de Val
Faite fan de Alan de Val en Facebook