O prestixioso crítico vinícola norteamericano Stephen Tanzer, volveu polos seus foros ao encumiar ao Godello DO Valdeorras "A Coroa", outorgándolle 91 puntos na súa publicación bimensual "International Wine Cellar".
O que é considerado por un amplo sector de especialistas do mundo do viño como o gran competidor de Robert Parker, aposta un ano máis polos Godellos DO Valdeorras como referente de brancos españois no mercado vinícola internacional.
Adega A Coroa, que vén de facerse un importantísimo oco no mercado sueco da man dun tender de monopolio a través da cadea System Bolaget, segue abalando a calidade da súa Godello 2011 incluíndo un novo recoñecemento ao seu palmarés que se completa en 2012 con: Medalla de Ouro na Selección Mundial Viños de Canadá, Medalla de Ouro no Concurso Internacional de Viños de Lyon, Medalla de Prata no Concurso de Mellores viños Españois para USA, Bacchus de Prata en España e Acio de Prata en Galicia.
Ademais, A Coroa foi protagonista este ano en The New York Times onde, da man do crítico norteamericano Eric Asimov, destacou sobre unha selección de 20 viños de variedade Godello comercializados en USA como o máis significativo de todo eles, sendo destacado como un viño "Profundo, saboroso e peculiar, cunha textura suculenta e sabores de froitas tropicais"; ampliando esta valoración coa seguinte " é un viño que non só representaba o potencial, senón que é a potencia feita viño".
![]() |
Stephen Tanzer |
Stephen Tanzer é un dos críticos máis recoñecidos en Estados Unidos. É director e editor da publicación bimensual "International Wine Cellars", que se edita desde 1985. Esta publicación emprega un sistema de cualificación do viño baseada nunha escala de calidade que se establece entre os 70 e 100 puntos, sendo a gran competidora de "The Wine Advocate" de Robert Parker, aínda que, o trazo diferencial de ambas as publicacións céntrase nunha liña menos extravagante por parte de Tanzer.
Tanzer cata máis de 10.000 viños de forma anual tanto en Estados Unidos como no exterior e é un profesional que adica moitos meses do ano a percorrer viñedos, zonas vitivinícolas, catar viños e coñecer aos seus elaboradores.
Por iso e con esta valoración, séguese ratificando o gran prestixio internacional do que se fixeron acredores os Godellos DO Valdeorras, confirmando a máxima de calidade que cualifica a estes viños como "uns dos viños máis de moda no sector internacional".