martes, 13 de abril de 2010

O Salón do Gourmet




O XXIV Salón Internacional do Gourmet, reunirá até o próximo día 15 a máis de 1.300 expositores europeos que mostrarán as últimas novidades culinarias a uns 80.000 profesionais, cun especial protagonismo, nesta edición, do viño.

Trátase dunha das principais feiras europeas de produtos delicatessen e á que acudirán compradores do cinco continentes cun potencial de compra global superior a 500 millóns de euros, segundo datos dos organizadores.


Produtos procedentes de 16 países, e a cada vez máis numerosa presenza de expositores estranxeiros referendan o carácter internacional do Salón de Gourmets.

Aceites, afumados e salgaduras, café, té e infusións, conservas cárnicas, de peixe e vexetais, foie-gras e derivados de pato e oca, de lácteos e derivados, legumes e pastas, meles e confeituras, pastelaría e chocolataría, pratos preparados, produto fresco, queixos, salsas, vinagres e especias. No capítulo de bebidas, augardentes e licores, augas, cava e champagnes, cervexas e zumes, máis un nutrido grupo de adegas que presentan os seus produtos e novidades vinícolas. Diversas editoriais, empresas de enxoval e accesorios completan o abanico de produtos que se exhiben na feira.

Unha das principais apostas este ano é o XII Foro do Viño, que incluirá conferencias, catas das últimas novidades enológicas e actividades sobre a maridaxe entre caldos e alimentos así como unha cata comentada dos mellores viños de España.

Alí están presentes adegas da D.O. Valdeorras.

viernes, 9 de abril de 2010

Festa das Covas de Seadur (Valdeorras)



Seadur, no concello de Larouco, celebrou un ano máis a Ruta das Covas, una tradicional festa en torno a un total de 16 adegas que os veciños do pobo poñen a disposición dos participantes nesta xornada, e que se convertiu xa nunha convocatoria aoredor do viño e o bo beber ampliamente respaldada polos vecinos do entorno.

Fontes da organización calcularon que se venderon aproximadamente 1.200 cuncas coas que degustar os caldos das adegas, un dato que ofrece unha idea do concorrida que estivo unha ruta que non contou coa colaboración da climatoloxía.

Pese ao mal día, quenes apostaron por achegarse até este pobo tiveron ocasión de gozar dunha tarde na que non deixou de estar presente a música. Distintas charangas e bandas de gaitas amenizaron a xornada.

As cifras de participación fan prever que en convocatorias posteriores sigan aumentando o número de adegas que abren as súas portas neste evento.

miércoles, 7 de abril de 2010

12. CHIPIRÓNS NA SÚA TINTA



NOME DA RECEITA: CHIPIRONES NA SÚA TINTA

NÚMERO DE COMENSAIS: 8 persoas

INGREDIENTES:

-3 kg. de chipiróns limpos e recheos das súas patas
- 4 cebolas
- 3 tomates maduros
- 3 pementos do piquillo
- 4 dentes de allo
- 1 faragulla grande de pan, mollada nun vaso de viño tinto de boa calidade
- 250 dl. de viño branco
- 1 ramiña de perexil
- sal
- 10 grans de pementa
- 6 sobres de tinta de lura


VARIEDADE, MARCA E AÑADA DO VIÑO:

Mencía, Medulio, 2008.

Godello, Silviño, 2008

FORMA DE ELABORACIÓN DA RECEITA:

1.Primeiro pelamos os tomates. Quitámoslle as sementes e ímolos partindo en trociños pequeniños. Agora a cebola, ímolas partindo polos laterais e ao abrilas á metade as capas sóltanse soas, partímolas moi finiñas en juliana.
2.Pelamos os allos e partímolos en anacos pequenos. Nunha pota pomos aceite de oliva e pochamos a cebola cos allos, botámoslle sal e deixámolo tapado durante cinco minutos a lume lento. Agora engadímoslle o tomate, o perexil e os grans de pementa. Mesturámolo todo e deixámolo a lume lento durante 5 minutos.
3.Despois, engadimos as faragullas de pan molladas en viño tinto e deixámolo sen mover outros cinco minutos. Engadímoslle os pementos do piquillo, o viño branco e a tinta da lura. Deixámolo cocendo durante outros 5 minutos.
4.A continuación, batemos a salsa, témola que deixar moi finiña. Aquí botamos os chipiróns. A cocción vai ser tapada durante 20 minutos a lume lento. Despois segue a cocción 10 minutos máis destapada.


PRESENTACIÓN DO PRATO:

Servímolo acompañado de arroz branco e uns oviños de paspallás.

MARTA, MADRID, ESPAÑA

martes, 6 de abril de 2010

11. MEXILLÓNS AO VAPOR



NOME DA RECEITA: MEXILLÓNS AO VAPOR

NÚMERO DE COMENSAIS: 4-6 persoas

INGREDIENTES:

- 1,500 Kg. mexillóns vivos
- 2 dentes de allo
- aceite de oliva
- 300 dl. de viño branco Godello
- 1 limón


VARIEDADE, MARCA E AñADA DO VIÑO:

Godello, Viña Treval, 2007

FORMA DE ELABORACIÓN DA RECEITA:

1.Limpar os mexillóns, as barbas e raspalos ben por riba.
2.Despois lavámolos en auga fría.
3.Nunha pota pomos un chorro de aceite de oliva e un par de alliños a fritir. Cando xa estean ben quentes engadimos os mexillóns, dámoslle un par de voltas e tapámolo.
4.Abrimos e engadimos o viño branco e ímolo a tapar até o final da cocción, un par de minutos. E xa está.


PRESENTACIÓN DO PRATO:

Colócanse os mexillóns nunha fonte e acompáñase con limón.



MARTA, MADRID, ESPAÑA