miércoles, 7 de abril de 2010

12. CHIPIRÓNS NA SÚA TINTA



NOME DA RECEITA: CHIPIRONES NA SÚA TINTA

NÚMERO DE COMENSAIS: 8 persoas

INGREDIENTES:

-3 kg. de chipiróns limpos e recheos das súas patas
- 4 cebolas
- 3 tomates maduros
- 3 pementos do piquillo
- 4 dentes de allo
- 1 faragulla grande de pan, mollada nun vaso de viño tinto de boa calidade
- 250 dl. de viño branco
- 1 ramiña de perexil
- sal
- 10 grans de pementa
- 6 sobres de tinta de lura


VARIEDADE, MARCA E AÑADA DO VIÑO:

Mencía, Medulio, 2008.

Godello, Silviño, 2008

FORMA DE ELABORACIÓN DA RECEITA:

1.Primeiro pelamos os tomates. Quitámoslle as sementes e ímolos partindo en trociños pequeniños. Agora a cebola, ímolas partindo polos laterais e ao abrilas á metade as capas sóltanse soas, partímolas moi finiñas en juliana.
2.Pelamos os allos e partímolos en anacos pequenos. Nunha pota pomos aceite de oliva e pochamos a cebola cos allos, botámoslle sal e deixámolo tapado durante cinco minutos a lume lento. Agora engadímoslle o tomate, o perexil e os grans de pementa. Mesturámolo todo e deixámolo a lume lento durante 5 minutos.
3.Despois, engadimos as faragullas de pan molladas en viño tinto e deixámolo sen mover outros cinco minutos. Engadímoslle os pementos do piquillo, o viño branco e a tinta da lura. Deixámolo cocendo durante outros 5 minutos.
4.A continuación, batemos a salsa, témola que deixar moi finiña. Aquí botamos os chipiróns. A cocción vai ser tapada durante 20 minutos a lume lento. Despois segue a cocción 10 minutos máis destapada.


PRESENTACIÓN DO PRATO:

Servímolo acompañado de arroz branco e uns oviños de paspallás.

MARTA, MADRID, ESPAÑA

No hay comentarios:

Publicar un comentario