martes, 26 de marzo de 2013

A Unión Española de Catadores Enxalza aos tintos DO Valdeorras nos seus premios Bacchus



Bacchus de prata 2013 concedido pola Unión Española de Catadores para os viños Memoria de Ventura Garnacha 2011 de Adega da Pinguela e para Joaquín Rebolledo Mencía Barrica 2011 da adega homónima.

O undécimo aniversario da gran cita española co mundo do viño, Bacchus 2013, xa coñece os seus resultados. Un palmarés que demostra tanto o carácter internacional de Bacchus como o potencial dos tintos DO Valdeorras en España.



Entre os premiados, e por segundo ano consecutivo, Joaquín Rebolledo co seu Tinto Barrica 2011 volve estar na elite dos viños españois, conseguindo a Medalla de Prata.

As 40 ha de viñedo en propiedade, xunto á súa dilatada historia e co título de mellor tinto xove de España 2012, son a mellor carta presentación da adega.

 Esta tinto barrica é unha selección de Mencía, cunha crianza de 6 meses en barricas de roble francés e unha parte de americano. Destaca polos seus aromas de pementa branca e frambuesa, sendo moi fresco e goloso no seu conxunto.

Coa Mencía como variedade tinta por excelencia no norte peninsular, o prestixio de Joaquín Rebolledo en Tintos é mítico e continúa gañado prestixiosos premios de primeiro nivel internacional: no ano 2006 Joaquín Rebolledo Mencía gañou a Medalla de Ouro na modalidade de Mencías do Concurso de Viños do Noroeste. En 2007 Joaquín Rebolledo Mencía fíxose co Acio de Prata outorgado pola Xunta de Galicia. En 2010 gaña o Baco de Bronce outorgado pola Unión Española de Catadores, 96 puntos outorgados pola Asociación Galega de Catadores e Medalla de Ouro no Concurso Internacional "Premios Arribe 2010". 

O parque de barricas da adega é o suficientemente complexo para que os viños de Joaquín Rebolledo sexan moi característicos. Roble francés, americano e caucásico copan a cova da adega. Alí, cunhas condicións de humidade, temperatura e silencio concretas, os viños adquiren unha diferenciadora expresión, que se traduce nun máis que notable recoñecemento no sector vinícola internacional. 










Pola súa banda e como complemento do excepcional traballo que se realiza desde a DO Valdeorras cos tintos, a Unión Española de Catadores tamén outorgou un Bacchus de Prata a Memoria de Ventura Garnacha 2011, sumándose este galardón a outros como os 91 puntos da última Guía Peñín no Salón dos mellores viños de España .

Este premio serve ademais para recoñecer as enormes potencialidades da uva garnacha, apartada durante anos das producións de calidade e recuperada nos últimos anos tanto na DO de Valdeorras como noutros puntos de España.

O Memoria de Ventura Garnacha ten unha produción limitada (1.000 botellas). Para a súa elaboración localizáronse cepas vellas das ladeiras pizarrosas do val do Sil. Francisco Núñez, o adegueiro, explica que "o cultivo destas cepas en vaso é laborioso, xa que practicamos unha viticultura respectuosa coa contorna, pero o esforzo paga a pena xa que o resultado é un viño que representa ben a súa orixe".

Para Núñez, este garnacha foi a súa primeira aposta por explorar as posibilidades doutras variedades de tinto. O ano pasado presentaron Memoria de Ventura Castes Nobres, que inclúe sousón e brancellao. "Todos os expertos coinciden en que os viños tintos galegos están a protagonizar unha revolución no panorama nacional e estamos orgullosos de achegar algo a esa nova tendencia de viños con personalidade".







martes, 19 de marzo de 2013

Os viños DO Valdeorras incluídos na selección de mellores viños de Galicia preséntanse o vindeiro mércores 20 de Marzo en Madrid



O próximo 20 de marzo cita obrigada para os amantes do bo viño no Palacio de Amezúa (C/ Casado do Alisal, nº 8 - 28014 Madrid ), Casa de Galicia de Madrid e actual sede da Xunta de Galicia na capital.  Este será o lugar onde os viños DO Vadeorras incluídos na selección de 50 mellores viños de Galicia porán de maniefiesto a súa calidade ante o gran público.

Organizado por Servino.net, a Asociación Madrileña de Catadoras e a Casa de Galicia en Madrid, terá lugar o vindeiro mércores 20 de Marzo o Tunel do Viño dos mellores caldos de Galicia baixo o nome de GALICIAN WINES.

No evento daranse cita os viños premiados pola "guía de Viños, Destilados e Adegas de Galicia" que edita Luís Paadin e na cal locen varios viños DO Valdeorras, son os seguintes:

podes acceder a información de cada un deles facendo clik sobre o seu nome

Brancos



Tintos



Actualmente, por volumes e parámetros de diversidade e calidade, os Viños e Destilados de Galicia alcanzaron as maiores cotas da súa historia. Se deste momento doce seleccionamos os mellores, e esta selección está realizada por 27 dos máis expertos catadores de Galicia, podemos garantir que GALICIAN WINES reuniu a máis de 50 dos mellores Viños e Destilados da terra galega na historia para os profesionais do sector da hostalaría e da prensa especializada de Madrid. Poderíase incorporar algún máis, pero todos os Viños e Destilados alí presentes son EXCELENTES.


O próximo 20 de marzo no Palacio de Amezúa (C/ Casado do Alisal, nº 8 - 28014 Madrid ), Casa de Galicia de Madrid e actual sede da Xunta de Galicia na capital, en horario de 11.00h a 14.00h e de 17.00h a 21.00h.

Imprescindible facer reserva en:  info@servino.net





martes, 12 de marzo de 2013

Suíza e Xapón novos destinos promocionais para os viños DO Valdeorras


Mentres a Caseta do Consello Regulador DO Valdeorras recibiu multitude de visitas na Feira Xantar 2013, desde a directiva deste organismo xa se preparan as próximas actividades promocionais que levarán aos viños DO Valdeorras  a visitar Suíza e Xapón.

Unha vez concluída a Feira Gastronómica de Galicia, Xantar 2013, que se desenvolveu entre gran expectación e visitas á Caseta do Consello Regulador DO Valdeorras; este organismo porá en marcha a seguir unha serie de preparativos para comezar unha xira promocional, que levará aos viños desta DO a importantes mercados internacionais como o suízo e o xaponés.

Caseta do Consello Regulador DO Valdeorras en Xantar
Xantar, que pechaba o domingo as súas portas, desenvolveu as súas actividades entre unha gran expectación que recaeu, de forma especial, sobre os viños DO Valdeorras. Desta forma, a comitiva estranxeira invitada á Feira, este ano Perú, puido gozar e valorar de primeira man dos viños DO Valdeorras.

Comitiva do Perú desfrutando dos viños DO Valdeorras

Neste ambiente con marcada tinguidura internacional, o punto de partida das próximas presentacións iniciarase en terras helvéticas o 18 de Abril, no hotel METROPOL de Zúric.

 Ao acto, ao que acudirán algunhas das adegas máis destacadas da DO e das que vos daremos cumprida información en próximas crónicas, reunirá á flor e nata do sector profesional da rexión centroeuropea, e servirá como importante complemento ás exitosas presentacións realizadas neste país en anos anteriores.


Unha vez culminada a cita co sector especializado Suízo, o Consello Regulador marcará a súa próxima cita en FENAVIN -  do 7 ao 9 de Maio - onde, desde a Caseta propia do organismo, farase cumprida representación dun diverso número de adegas.

Foto: EFE ARQUIVO /   Frack Robichon

Esta feira abrirá paso á gran cita de Xapón: VINALITUR, que se celebrará  os próximos 13 e 14 de Maio en Tokio.

Nesta feira, o Consello Regulador DO Valdeorras actuará en representación de 7  adegas cos seus viños, e porase a disposición, a través da nai do viño, dunha serie de invitacións para todos aqueles que desexen asistir.

 A través destes actos, dos que vos iremos dando cumprida conta ao longo das próximas semanas, iniciarase  a primeira serie de actos promocionais que o Consello Regulador ten programados para 2013 e, a través dos cales, preténdese reforzar o prestixio internacional do que se fixeron acredores os viños DO Valdeorras no panorama vinícola internacional.   






lunes, 4 de marzo de 2013

Jancis Robinson, crítica de viños do Financial Times e asesora das adegas da raíña Isabel II de Inglaterra, móstrase entusiasmada co Godello DO Valdeorras



A crónica semanal da DO Valdeorras vén marcada polo especial adicado dende o diario líder en Inglaterra, Financial Times, encumiando ao Godello DO Valdeorras. En adicción, esta excepcional noticia complementarase coa presenza do Consello Regulador DO Valdeorras na feira Xantar 2013 en Ourense.

A crítica de viños de fama e recoñecemento mundial, Jancis Robinson, elaborou un especial sobre a súa nova paixón, o Godello DO Valdeorras, no que encumia a esta variedade  no sector internacional do viño.

En adicción Robinson, Master of Wine e crítica de viños de fama mundial, situou a dous viños brancos DO Valdeorras  "As Sortes 2011 e Sorte Ou Soro 2011", da adega Rafael Palacios, na súa lista de Viños Brancos Mellor Valorados do Mundo, concedéndolles unha puntuación de 18,5 puntos respectivamente. 


 Colaboradora semanal do diario inglés Financial Times, a experta encomiou estes viños por pertencer a " vendima máis marabillosa dunha gran selección" e polo seu "fantástico corpo e equilibrio a pesar da súa mocidade", referíndose ás Sortes 2011; e polo súa "intensidade e profundidade de matices" en relación a Sorte O Soro 2011.

Este feito vén reafirmar a gran paixón de Robinson por estes viños, xa que o pasado ano outro Godello DO Valdeorras, neste caso Valdesil, engrosou a lista de 25 mellores brancos do mundo de Financial Times.

Jancis Mary Robinson (nada en Cumbria o 22 de abril de 1950) é unha crítica británica de viño que pertence á Orde do Imperio Británico, Master of Wine (MW). Xornalista e editora de diversos libros relacionados co mundo do viño. Na actualidade escribe unha columna semanal no Financial Times e mantén os contidos da súa páxina web jancisrobinson.com. Jancis é conselleira de viños para os viños da adega da raíña Isabel II do Reino Unido.







 Pola súa banda, o Consello Regulador DO Valdeorras comezará a súa xira promocional no Salón Galego de Gastronomia e Turismo, que se celebrará entre o 6 e o 10 de marzo en Expourense.

Como punto de partida dunha serie de eventos promocionais que levarán ao Consello e a varias adegas a visitar diversos países e salóns internacionais, Ourense acollerá unha varios actos nos que o público poderá gozar da calidade e prestixio internacional que atesouran os viños DO Valdeorras.

Con Caseta propia en Xantar, onde se poderán degustar os viños das diferentes adegas, o Consello Regualdor DO Valdeorras tamen tomará parte en diferentes actos conxuntos con outros produtos da terra, para mostrar a sinerxía do produto galego en toda a súa esencia.

Así, o xoves día 7 ás 13:00h e baixo o amparo da Conselleria de Medio Rural, organizarase unha cata - degustación de viños DO Valdeorras xunto a ANFACO e Pan de Cea.

Xa o sábado 9, ás 19.00, realizarase unha presentación dos viños DO Valdeorras para os 20 primeiros asistentes que reserven a súa presenza mediante solicitude á organización no teléfono 988 366 030.

Non o perdas