Mostrando entradas con la etiqueta AS SORTES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta AS SORTES. Mostrar todas las entradas

lunes, 4 de marzo de 2013

Jancis Robinson, crítica de viños do Financial Times e asesora das adegas da raíña Isabel II de Inglaterra, móstrase entusiasmada co Godello DO Valdeorras



A crónica semanal da DO Valdeorras vén marcada polo especial adicado dende o diario líder en Inglaterra, Financial Times, encumiando ao Godello DO Valdeorras. En adicción, esta excepcional noticia complementarase coa presenza do Consello Regulador DO Valdeorras na feira Xantar 2013 en Ourense.

A crítica de viños de fama e recoñecemento mundial, Jancis Robinson, elaborou un especial sobre a súa nova paixón, o Godello DO Valdeorras, no que encumia a esta variedade  no sector internacional do viño.

En adicción Robinson, Master of Wine e crítica de viños de fama mundial, situou a dous viños brancos DO Valdeorras  "As Sortes 2011 e Sorte Ou Soro 2011", da adega Rafael Palacios, na súa lista de Viños Brancos Mellor Valorados do Mundo, concedéndolles unha puntuación de 18,5 puntos respectivamente. 


 Colaboradora semanal do diario inglés Financial Times, a experta encomiou estes viños por pertencer a " vendima máis marabillosa dunha gran selección" e polo seu "fantástico corpo e equilibrio a pesar da súa mocidade", referíndose ás Sortes 2011; e polo súa "intensidade e profundidade de matices" en relación a Sorte O Soro 2011.

Este feito vén reafirmar a gran paixón de Robinson por estes viños, xa que o pasado ano outro Godello DO Valdeorras, neste caso Valdesil, engrosou a lista de 25 mellores brancos do mundo de Financial Times.

Jancis Mary Robinson (nada en Cumbria o 22 de abril de 1950) é unha crítica británica de viño que pertence á Orde do Imperio Británico, Master of Wine (MW). Xornalista e editora de diversos libros relacionados co mundo do viño. Na actualidade escribe unha columna semanal no Financial Times e mantén os contidos da súa páxina web jancisrobinson.com. Jancis é conselleira de viños para os viños da adega da raíña Isabel II do Reino Unido.







 Pola súa banda, o Consello Regulador DO Valdeorras comezará a súa xira promocional no Salón Galego de Gastronomia e Turismo, que se celebrará entre o 6 e o 10 de marzo en Expourense.

Como punto de partida dunha serie de eventos promocionais que levarán ao Consello e a varias adegas a visitar diversos países e salóns internacionais, Ourense acollerá unha varios actos nos que o público poderá gozar da calidade e prestixio internacional que atesouran os viños DO Valdeorras.

Con Caseta propia en Xantar, onde se poderán degustar os viños das diferentes adegas, o Consello Regualdor DO Valdeorras tamen tomará parte en diferentes actos conxuntos con outros produtos da terra, para mostrar a sinerxía do produto galego en toda a súa esencia.

Así, o xoves día 7 ás 13:00h e baixo o amparo da Conselleria de Medio Rural, organizarase unha cata - degustación de viños DO Valdeorras xunto a ANFACO e Pan de Cea.

Xa o sábado 9, ás 19.00, realizarase unha presentación dos viños DO Valdeorras para os 20 primeiros asistentes que reserven a súa presenza mediante solicitude á organización no teléfono 988 366 030.

Non o perdas




lunes, 8 de febrero de 2010

BODEGA RAFAEL PALACIOS

Rafael Palacios é fillo de D. José Palacios Remondo (fundador de Bodegas Palacios Remondo) e un apaixoado da elaboración dos viños brancos. Despois de elaborar o seu primeiro branco na bodega familiar, Plácet, dedícase a crear a súa propia adega en Galicia, no Val do Bibei, baixo a denominación de Valdeorras, onde encontra uns viñedos vellos de godello, ideais para elaborar os seus brancos refinados, os cales cultiva recuperando a viticultura tradicional, sen uso de herbicidas nin tratamentos de síntese.

Actualmente, Rafael Palacios dispón de 19 parcelas en propiedade. O seu pequeno tamaño é outra das principais características, xa que a máis grande non supera unha hectárea. “Prácticamente elaboro 19 viños diferentes, viños de pago, de terroir, cos que logo traballo en diversos ensamblaxes”, afirma o pequeno da saga Palacios.

Situados na parte máis occidental da rexión á marxe dereitao dó río Bibei, a súa altitude oscila entre 600 m. aos 720 m. e destacan polos seus chans arenosos orixinados pola degradación natural de rocas de granito. Son chans pouco fértiles, ácidos e erosionables.
Para elo adaptouse a maquinaria de labrado lixeira co fin de coidar a estructura dos seus bancales e evitar o uso de herbicidas, recuperando así a viticultura tradicional e a paisaxe histórica do Val do Bibei.
O viño As Sortes elabórase coas parcelas máis vellas comprendidas entre os 22 ata os 89 anos cultivadas en bancais e ladeiras pronunciadas, situadas á marxe do río Bibei en pleno corazón deste val.
Louro é un viño que comparte carácter xeoclimático coas Sortes, chans de orixe granítico e altitude mínima de 600 m.

As parcelas están situadas dentro do municipio do Bolo onde se encontra o Val do Bibei e os lugares de Chandoiro, Lentellais e Santa Cruz do Bolo.

Son viñedos máis xóvenes prantados por Rafael no ano 2.004 e viñedos propios máis vellos de 14 a 21 anos.

Na elaboración deste viño tamén se utilizan uvas procedentes de viñedos arrendados e uvas de viticultores asociados á adega, situados igualmente neste municipio
Rafael Palacios controla persoalmente o proceso de elaboración, basada no máximo respeto á identidade destes terreos e a pureza da expresión dos seus vinos.