Mostrando entradas con la etiqueta A RÚA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A RÚA. Mostrar todas las entradas

miércoles, 3 de agosto de 2011

13 e 14 de agosto cita coa Feira do viño de Valdeorras

Confírmanse as datas de celebración da XIV edición da Feira do viño de Valdeorras os próximos 13 e 14 de agosto.

Un ano máis a ribeira do Sil, no area recreativa do Aguillón situada na localidade da Rúa; acollerá unha nova edición da Feira do viño de Valdeorras.

Despois da prolífica acollida recibida tanto a nivel nacional como internacional polos viños pertencentes á DO Valdeorras, chega o momento de presentar as excelencias destes caldos dentro da súa máis pura esencia transmitida pola súa terra.

Así, a localidade da Rúa vestirase de festa os próximos días 13 e 14 de Agosto para acoller a flor e nata das adegas valdeorresas que presentarán as súas excelencias na festa do viño máis profesional da comarca de Valdeorras. E que mellor lugar para realizar tal celebración que nun marco de incomparable beleza situado ás beiras do río Sil, fonte de vida que enriquece esta terra.


Se desde Estados Unidos a Rusia, atravesando Europa e sentado sólidas bases no continente asiático, xa se renderon ás excelencias destes caldos, vaste  perder o poder degustalos en primeira persoa? 

Dende a comarca valdeorresa ofrécese unha nutrida oferta etnoturística para que todos os amantes do viño podan gozar destes caldos como máxima expresión e reflexo dunha terra.





jueves, 21 de octubre de 2010

Fírmase o convenio que mellorará os accesos aos viñedos en varios Concellos da Comarca de Valdeorras.

Foto: Lolita Vázquez / La Voz de Galicia
Despois de varias prorrogas; asináronse onte, en O Larouco, os convenios para iniciar as obras de mellora de accesos rurais na comarca de Valdeorras.

Samuel Juarez, máximo responsable da Xunta de Galicia no ámbito de Medio Rural, fixo efectivo onte o plan de mellora dos accesos aos viñedos en varios Concellos da zona. A obra, que fora anunciada en 2008 polo anterior goberno galego e que sufrira varias prorrogas, parece que para a próxima vendima poderá ser gozada polos agricultores dos Concellos Valdeorreses.

-Todos?- 
Non

Os Concellos da Rúa e O Barco víronse excluídos deste plan de melloras; feito que suscitou polémica en canto á modificación do acordado no plan de 2008. A pesar disto e coa firma do convenio, destinarase unha cantidade próxima aos 3´5 millóns de Euros, asumida a partes de iguais entre Xunta de Galicia e Ministerio de Medio Ambiente. A adxudicatura do proxecto concederase a empresas locais previo concurso .      


Qué opinas sobre a exclusión dos Concellos da Rúa e Ou Barco deste Plan?. Deixa o teu comentario

viernes, 12 de febrero de 2010

BODEGA SEÑORÍO DE ROBLIDO

Na parroquia de Roblido, pertencente ao Concello da Rúa, rodeada por serras e montes e en pleno corazón dun val case perfecto atópase a Bodega Señorío de Roblido.

Esta adega aposta pola elaboración de bos caldos a partir dos varietais de uva, que teñen na comarca de Valdeorras, no seu excelente punto de maduración.

miércoles, 10 de febrero de 2010

BODEGAS SAMPAYOLO, S.L.

A bodega Sampayolo, S.L.creou a asociación El rincón de la barrica.

El rincón de la barrica é o foro que todos os asociados aos vinos de barrica de Bodegas Sampayolo teñen para contar as súas anécdotas, impresións e recordos das xuntanzas que se celebran todos os anos.

Os viños de barrica de Sampayolo naceron coa intención de agrupar en torno ao viño a amigos, compañeiros e familiares, para disfrutar do viñedo, a gastronomía, os paisaxes e o viño de Valdeorras, como mínimo unha vez ao ano.

A asociación a El rincón de la barrica realízase por solicitude directa chamando ao teléfono: 679157977 ou escribindo un correo electrónico a: elrincondelabarrica@sampayolo.com e permíteche ademáis de recibir unha caixa de viño godello barrica ou tinto barrica, participar nas actividades que se realizan desde a adega e beneficiarche de descontos nos productos de Bodegas Sampayolo.

lunes, 8 de febrero de 2010

BODEGA RAFAEL PALACIOS

Rafael Palacios é fillo de D. José Palacios Remondo (fundador de Bodegas Palacios Remondo) e un apaixoado da elaboración dos viños brancos. Despois de elaborar o seu primeiro branco na bodega familiar, Plácet, dedícase a crear a súa propia adega en Galicia, no Val do Bibei, baixo a denominación de Valdeorras, onde encontra uns viñedos vellos de godello, ideais para elaborar os seus brancos refinados, os cales cultiva recuperando a viticultura tradicional, sen uso de herbicidas nin tratamentos de síntese.

Actualmente, Rafael Palacios dispón de 19 parcelas en propiedade. O seu pequeno tamaño é outra das principais características, xa que a máis grande non supera unha hectárea. “Prácticamente elaboro 19 viños diferentes, viños de pago, de terroir, cos que logo traballo en diversos ensamblaxes”, afirma o pequeno da saga Palacios.

Situados na parte máis occidental da rexión á marxe dereitao dó río Bibei, a súa altitude oscila entre 600 m. aos 720 m. e destacan polos seus chans arenosos orixinados pola degradación natural de rocas de granito. Son chans pouco fértiles, ácidos e erosionables.
Para elo adaptouse a maquinaria de labrado lixeira co fin de coidar a estructura dos seus bancales e evitar o uso de herbicidas, recuperando así a viticultura tradicional e a paisaxe histórica do Val do Bibei.
O viño As Sortes elabórase coas parcelas máis vellas comprendidas entre os 22 ata os 89 anos cultivadas en bancais e ladeiras pronunciadas, situadas á marxe do río Bibei en pleno corazón deste val.
Louro é un viño que comparte carácter xeoclimático coas Sortes, chans de orixe granítico e altitude mínima de 600 m.

As parcelas están situadas dentro do municipio do Bolo onde se encontra o Val do Bibei e os lugares de Chandoiro, Lentellais e Santa Cruz do Bolo.

Son viñedos máis xóvenes prantados por Rafael no ano 2.004 e viñedos propios máis vellos de 14 a 21 anos.

Na elaboración deste viño tamén se utilizan uvas procedentes de viñedos arrendados e uvas de viticultores asociados á adega, situados igualmente neste municipio
Rafael Palacios controla persoalmente o proceso de elaboración, basada no máximo respeto á identidade destes terreos e a pureza da expresión dos seus vinos.