Mostrando entradas con la etiqueta o barco. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta o barco. Mostrar todas las entradas

jueves, 21 de octubre de 2010

Fírmase o convenio que mellorará os accesos aos viñedos en varios Concellos da Comarca de Valdeorras.

Foto: Lolita Vázquez / La Voz de Galicia
Despois de varias prorrogas; asináronse onte, en O Larouco, os convenios para iniciar as obras de mellora de accesos rurais na comarca de Valdeorras.

Samuel Juarez, máximo responsable da Xunta de Galicia no ámbito de Medio Rural, fixo efectivo onte o plan de mellora dos accesos aos viñedos en varios Concellos da zona. A obra, que fora anunciada en 2008 polo anterior goberno galego e que sufrira varias prorrogas, parece que para a próxima vendima poderá ser gozada polos agricultores dos Concellos Valdeorreses.

-Todos?- 
Non

Os Concellos da Rúa e O Barco víronse excluídos deste plan de melloras; feito que suscitou polémica en canto á modificación do acordado no plan de 2008. A pesar disto e coa firma do convenio, destinarase unha cantidade próxima aos 3´5 millóns de Euros, asumida a partes de iguais entre Xunta de Galicia e Ministerio de Medio Ambiente. A adxudicatura do proxecto concederase a empresas locais previo concurso .      


Qué opinas sobre a exclusión dos Concellos da Rúa e Ou Barco deste Plan?. Deixa o teu comentario

viernes, 15 de enero de 2010

BODEGA COOPERATIVA JESÚS NAZARENO

A Bodega Cooperativa Jesús Nazareno, situada no Barco de Valdeorras, leva traballando 52 anos e está composta por 410 socios. Cabe destacar que o pasado ano as ventas da sociedade aumentaron casi un 20% dende setembro. Esta boa racha permitiu a adquisición dun robot para introducir en caixas as botellas, que costou 350.000 euros.