![]() |
Fotografía cortesía de José Antonio Feijoó |
Os viños da D.O. Valdeorras inauguran a primeira xornada do IV salón do viño e licores galegos de calidade cun caloroso brinde con autoridades e importadores.
Mentres se agarda con expectación as valoracións dos importadores acerca das excelencias dos caldos valdeorresés, adegas e Consello Regulador dan a benvida a autoridades e distribuidores asistentes ao IV Salón do viño e licores galegos de calidade "Vinis Terrae" , que este ano conta coa presenza dunha quincena de países.
Neste clima de irmandamento e sa competencia entre as adegas das distintas denominacións de orixe galegas, aderézase o acto con diversas actividades formativas; entre as que cabe destacar o curso sobre criterios de confección de cartas de viños para restaurantes, que impartirá a presidenta da Asociación de Catadoras de Galicia "Gallaecia", Mercedes González. Neste curso mostrarase como crear un "Libro de Adega", abordando aspectos como o tipo de cociña e localización xeográfica do restaurante e tendo en conta a súa pertenza a unha determinada zona vitivinícola.