viernes, 11 de marzo de 2011

De novo un Godello de Valdeorras recibe o galardón de mellor branco a nivel nacional

A prestixiosa e premiada publicación valenciana "La semana Vitivinícola", dirixida por Manuel Majón, volveu a enxalzar as virtudes dun godello de Valdeorras, seleccionándoo como mellor viño branco nacional.

O vórtice de premios e recoñecementos non cesa para os godellos da D.O. Valdeorras; e de novo a adega Rafael Palacios, co seu Godello As Sortes 2009, alcanza as cotas máis altas a nivel nacional. O bo facer de viticultores e adegueiros valdeorresés, está a provocar unha incesante choiva de recoñecementos  que encumbra, día tras día, a estes caldos como uns dos máis valorados do país.

Todo este traballo a pé de viña, vese referendado pola política do Consello Regulador de achegar e promocionar, esta veterana Denominación de Orixe, por todos os recunchos do mundo; achegando as súas virtudes a todo tipo de público. Para aqueles que desexedes probar a nova colleita, dende a nai do viño lembrámosvos que a cita deste fin de semana coa D.O. Valdeorras atópase en Ferrol, onde se celebra a VII edición da Feira de Viño do Noroeste.



No hay comentarios:

Publicar un comentario