miércoles, 9 de marzo de 2011

A D.O. Valdeorras convídate á feira do viño do Noroeste en Ferrol

Do 12 ao 15 de marzo, o recinto feiral da cidade de O Ferrol acollerá a VII edición da Feira de Viños do Noroeste. 

O Consello Regulador da D.O. Valdeorras estará presente nesta cita, unha das máis destacadas do sector do viño en Galicia, cunha caseta propia onde se poderán degustar os viños da nova colleita 2010. E para seguir mostrando o seu compromiso con todos os apaixonados do sector vinícola, a D.O. Valdeorras por medio da nai do viño, pon a disposición de cinco persoas a posibilidade de asistir a este evento de forma gratuíta, o vindeiro domingo 13 de marzo.

Se desexas asistir ao acto de forma gratuíta, só tes que enviarnos un correo electrónico a: lamadredelvino@dovaldeorras.tv indicándonos o teu nome e DNI; e deixaremos á túa disposición no despacho de billetes do Recinto Feiral de Ferrol, unha invitación para que poidas degustar as excelencias dos viños participantes na feira.




No hay comentarios:

Publicar un comentario