jueves, 3 de marzo de 2011

Amplíase a oferta gastronómica do entroido valdeorrés.

Á iniciativa proposta en anos anteriores por Restaurantes da zona, únense este ano 17 bares e cafetarías de O Barco, que ofrecerán degustacións de petiscos.

Como adiantaba a nai do viño en artigos anteriores, a edición de entroido gastronómico verase fortalecida este ano pola participación de 17 bares e cafetarías, que porán todo o seu empeño en facer as delicias dos padais máis esixentes. A gran acollida que tivo a iniciativa levada a cabo en xaneiro, amplíase ao entroido para propor unha das ofertas lúdico-gastronómica máis completas do panorama galego.

Se queres un entroido diferente sen que perda a súa esencia, vente a Valdeorras!.




No hay comentarios:

Publicar un comentario