martes, 18 de octubre de 2011

Os viños de Valdeorras presentarán as súas excelencias en Suíza

 Unha gran comitiva formada por 12 adegas valdeorresas, baixo o amparo do Consello Regulador desta D O, prepáranse para presentar as súas mellores galas o vindeiro luns 24 de outubro en Zúric, Suíza.

Tras unha exitosa vendima que trae os mellores presaxios para a colleita 2011, a flor e nata das adegas valdeorresas visten as súas mellores galas para achegar ao público suízo o reflexo da esencia dunha terra.

O vindeiro luns 24 de outubro no Restaurante Metropol, situado en Fraümunsterstrasse 12, Zúric, en horario de 15:00 a 19:00 para público en xeral e a partir das 19:35 para público e prensa especializados, doce das adegas máis representativas da D.O. Valdeorras realizarán unha presentación dos seus caldos que a recado farán as delicias dos padais máis esixentes.

Para a ocasión, e como mostra do compromiso do Consello Regulador da D.O. Valdeorras de achegar as excelencias dos seus caldos a todos os públicos, A nai do viño pon a disposición de todos os seus seguidores cinco invitacións dobres e gratuítas ao evento. Estás invitacións cortesía do C.R.D.O. Valdeorras, serán concedidas a quen o desexe por rigorosa orde de solicitude na seguinte dirección de correo: lamadredelvino@dovaldeorras.tv

Desexando que a iniciativa sexa de voso agrado, aquí vos presentamos as adegas que integrarán a comitiva da D.O. Valdeorras en Zúric. Podedes acceder á súa web e coñecelas de forma máis detallada clickando sobre cada unha delas.




Adega Roandi