lunes, 20 de septiembre de 2010

O Carballo galego pasa con nota o seu primeiro test

O uso do Carballo galego na elaboración de viños crianza supera as espectativas nas primeiras probas realizadas.

Este proxecto conxunto entre: a Escola Politécnica Superior de Lugo; as Universidades de Castela a Mancha e Santiago de Compostela; adega Algueira ( Ribeira Sacra) e Consello Regulador do D.O. Valdeorras. Deu a coñecer os primeiros resultados das probas realizadas ao caldo mencía 2009, que se cultiva en barricas desta madeira dende hai case un ano. En palabras do responsable do proxecto, o profesor Ignacio Díaz-Maroto, "A textura e a porosidad do carballo galego son óptimas. Desde o ano 1990 estamos a investigar as súas propiedades físicas e mecánicas e nada indica que esta madeira se vaia a comportar mal en vinificación. Todo o contrario, os resultados están por encima do esperado. A miña opinión é que se comporta mellor que o carballo americano. Respecto ao francés, haberá que investigar aínda algo máis".

Os resultados globais espéranse para 2012; pero este primeiro test convida a experimentar con outras madeiras autóctonas, como o Castiñeiro.

Amplíase o prazo de recepción no "I Concurso de fotografía e imaxe dixital: O mundo do Viño en Valdeorras"

Por petición expresa dos nosos seguidores, amplíase o prazo de recepción de fotografías até o próximo 28 de outubro.

Debido ao atraso do período de recolección deste ano e á gran cantidade de solicitudes recibidas por parte dos seguidores da Nai do Viño; a organización do concurso de fotografía e imaxe dixital "O Mundo do Viño en Valdeorras"  fallou en ampliar a data de recepción de obras até o próximo 28 de outubro. Desta forma, outórgase a posibilidade de que os interesados poidan dar cobertura tanto aos procesos de vendima coma ao de viñificación.

Anímate a participar e gana grandes premios enviando as túas fotos a: