lunes, 20 de septiembre de 2010

O Carballo galego pasa con nota o seu primeiro test

O uso do Carballo galego na elaboración de viños crianza supera as espectativas nas primeiras probas realizadas.

Este proxecto conxunto entre: a Escola Politécnica Superior de Lugo; as Universidades de Castela a Mancha e Santiago de Compostela; adega Algueira ( Ribeira Sacra) e Consello Regulador do D.O. Valdeorras. Deu a coñecer os primeiros resultados das probas realizadas ao caldo mencía 2009, que se cultiva en barricas desta madeira dende hai case un ano. En palabras do responsable do proxecto, o profesor Ignacio Díaz-Maroto, "A textura e a porosidad do carballo galego son óptimas. Desde o ano 1990 estamos a investigar as súas propiedades físicas e mecánicas e nada indica que esta madeira se vaia a comportar mal en vinificación. Todo o contrario, os resultados están por encima do esperado. A miña opinión é que se comporta mellor que o carballo americano. Respecto ao francés, haberá que investigar aínda algo máis".

Os resultados globais espéranse para 2012; pero este primeiro test convida a experimentar con outras madeiras autóctonas, como o Castiñeiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario