viernes, 27 de noviembre de 2009

A-DI-VIÑAS DO DÍA X

Saberías dicir que invento supuxo o nacemento do concello de A Rúa?

A-DI-VIÑOS DO DÍA X

Que tipo de material se utiliza hoxe en día para os tapóns, ademáis do corcho?

A-DI-VIÑAS DO DÍA IX (resposta)

Hoxe coñecemos a resposta á pregunta de onte en A-DI-VIÑOS. O país que aínda segue utilizando o deseño de botella para bebida carbonatada en bebidas soft ramune é Xapón.

X: Curiosidades de Valdeorras







Sabías que Valdeorras é o único sitio no mundo onde poden existir cepas da variedade Godello de máis de 150 anos?

X: Curiosidades da botella








Sabías que hai xente que ten a paciencia e precisión suficiente como para montar un barco a escala, peza a peza, dentro dunha botella?

X: O universo de Valdeorras




O primeiro enxerto de vides americanas foi feito en 1904, en Vilamartín, por Justino Fernándiz, que creou os primeiros viveiros que tanta fama e desenvolvemento acadaron e que aportaron a maior parte de enxertos que serviron para reconstruír os viñedos de Ourense.

X: O universo da botella




A finais do século XX o uso das botellas de vidrio foi reemplazado polos envases de plástico sen retorno. Sen embargo, para o viño séguense utilizando botellas de vidrio, na maioría dos casos.

A estrela do día: Mosteiro de Xagoaza




Nun ámbito natural extremadamente coidado atópase o Mosteiro de Xagoaza cuia construcción data do século XVIII. O edificio, que impresiona pola súa beleza e simplicidade, está realizado en pedra e articúlase, en forma de U, ao redor dun claustro interior rectangular. Na planta baixa da construcción sitúaser unha moderna adega vitivinícola, os viñedos da cal se atopan situados tamén no ámbito monumental.