lunes, 8 de julio de 2013

Cociña de Vangarda e Maridaxes Únicas agárdante na XVI Feira do Viño de Valdeorras da man de Román Dacosta Fernández.



Xove, aínda que sobradamente preparado, así se define o Chef Román Dacosta Fernández quen, tras acumular experiencias en importantes centros de Restauración en Italia, Estados Unidos e Galicia,  aterra en Valdeorras para compartir pratos únicos e maridaxes inesquecibles nos actos da XVI Feira do Viño DO Valdeorras.

Os asistentes á XVI Feira do viño DO Valdeorras - os dias 13 e 14 de Xullo - terán a oportunidade de deleitarse coa arte culinaria dun dos Chefs con maior proxección da nova cociña de Vangarda galega, Román Dacosta Fernández quen, a través da máis innovadora cociña de vangarda galega, proporá maridaxes inesquecibles a través de pratos únicos e elaborados en rigorosa  exclusiva para a XVI Feira do viño de Valdeorras.

De forma totalmente gratuíta, os asistentes á feira non só poderán degustalos e coñecer a súa elaboración, senón que terán a posibilidade de coñecer as sinerxías dos mesmos cuns dos viños máis de moda no panorama vinícola internacional: os producidos baixo o amparo do selo de calidade DO Valdeorras.


Aos seus 24 anos  Román considérase un gran seguidor da Cociña de Pepe Solla: "Solla é unha referencia, encántame a súa cociña". Tamén destaca o seu paso profesional pola cociña italiana, onde, segundo as súas palabras: "profundicei na cociña de fusión a través dunha cociña de tradición, pero de tradición reformada".

Á súa vez, o chef destaca do seu traballo no estranxeiro a bagaxe obtida nesta cociña de fusión que, aplicada ao produto tradicional galego, outorga ás súas creacións culinarias un toque atávico á vez que vangardista.


En Valdeorras e a través dun coidado Showcooking, Román proporá aos asistentes a posibilidade de adecuar o produto tradicional galego á nova cociña de vangarda internacional : "A través deste Showcooking preténdese achegar aos público pratos diferentes, sen produtos nin  métodos de elaboración complicados. Calquera persoa debe ter a posibilidade de elaborar, a posteriori, calquera das propostas sen dificultade e na súa propia casa. Preténdese demostrar que a través da sinxeleza de elaboración pódense lograr sabores atrevidos".


En canto aos viños DO Valdeorras  destaca a súa calidade e exclusividade, sendo os brancos unha gran aposta para pratos que van dende o ceviche e a vieira,  ao bacallau, así como a frescura dos tintos de Mencía, nunha gran aposta para todo tipo de carnes e tártar.

Desta maneira adiantámosvos os pratos que se presentarán en rigurosísima exclusiva para o evento e dos que poderedes coñecer a súa elaboración, do mesmo xeito que probalos, na XVI Feira do viño de Valdeorras os próximos 13 e 14 de Xullo, no horario que vos propomos a continuación.  

Son os seguintes:

Sábado 13 de Xullo (de 19:00 horas a 21:00 horas)

1.- Ceviche de Vieira con paraguaio e chalotas, en manteiga salgada de cilantro.

2.- Xarrete confitado en aceite aromático e mencía. Acompañado de pure de pataca e rábano picante.

Domingo 14 de Xullo (de 13:00 a 14:30 horas)

1.- Salmón marinado en soia e Godello con toque de afumado e nata de graxa de salmón en fricasé de cenoria con eneldo

2.- Coxa polo con marmelada de Shitake e uvas maceradas en mencía reducido.

(de 19:00 a 21:00 horas)

3.- Mollejas de tenreira con redución de tostado de Valdeorras, tena de abelá e allo tenro.

4-. Polbo á Galega con espello de Oliva ao mencía e pataca confitada

Lembrándovos que vos agardamos na Feira, propómosvos as liñas de autobuses que ofrecerán transporte gratuíto até o recinto Feiral - Área recreativa do Aguillón, A Rúa de Valdeorras-.

SAÍDAS 19:00 e 20:30 horas: O BARCO (HCV) - VILAMARTIN (BAR MARBELLA) - RÚA VELLA (BAR SAN ROQUE) - O AGUILLON RECINTO FEIRAL, A Rúa

REGRESOS 20:00 e 22:30 horas 

Valo a perder?!