martes, 17 de noviembre de 2009

A-DI-VIÑAS DO DÍA II

Cal foi o primeiro lugar do mundo onde os romanos picaron a montaña para obter pepitas de ouro?

A-DI-VIÑAS DO DÍA I (resposta)

En referencia á pregunta formulada onte, hoxe damos a resposta.
Que moeda de cambio era utilizada en Valdeorras na antigüidade?

Respuesta: O viño. Era utilizado para pagar impostos e para pagar milagres.

A-DI-VIÑOS DO DÍA I (answer)

En referencia á pregunta de onte, hoxe damos a resposta.
Con que materiais se fabricaban os envases de viño antes da aparición do vidrio?

Resposta: O barro, a madeira e o coiro. Dende que existe o viño, o home afanaouse por conservarlo o maior tempo posible, un empeño que implicou experimentar con envases de madeira, barro ou coiro. Sen embargo, estes primitivos métodos de garda non chegaban a resultar eficaces e o viño transformábase para mal, é dicir, perdía calidade e acababa estropeándose.

A-DI-VIÑOS DO DÍA II

Sabrías dicir de onde obtuveron os romanos a idea de almacenar o viño en barriles de madeira?

II: Curiosidades de Valdeorras







Sabías que Valdeorras significa o val dos Guigurros, pois así foron chamados os primeiros pobladores por Ptolomeo?

II: Curiosidades da botella







Sabías que na antigüidade o viño transformábase mal, é dicir, perdía calidade e acabábase estropeando porque non se encontrara un envase que non permitise o contacto co aire?

II: O universo de Valdeorras















Podemos situar os primeiros asentamentos na comarca de Valdeorras na época prerromana, concretamente nos castros de Vilela (A Capilla), A Rúa (A Coroa) y Fontei (O Castrillón). Como testimonio disto encontramos a estela funeraria de A Coroa.











II: O universo da botella















No século I os romanos aportaron a técnica do soplado de vidrio, e comezouse a expandir a súa fabricación e o seu consumo por todo o Imperio. Elaboráronse xerras e vasos, pero non parecía que o vidrio da época fose suficientemente resisitente como para utilizalo no transporte ou garda do viño.

A estrela do día: o río Bibei

Afluente do Sil, o Bibei coñécese fóra das nosas fronteiras gracias á ponte romana construida na época de Trajano: A Ponte de Bibei, monumento Histórico Artístico Nacional. A través deste río e baixando polos codos do Larouco os romanos transportaban o viño para que chegase ó César a Roma.