Mostrando entradas con la etiqueta universo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta universo. Mostrar todas las entradas

martes, 1 de diciembre de 2009

Valdeorras



Valdeorras é, na súa esencia, a nai do viño:

porque nela os romanos plantaron os primeiros viñedos

por ser berce de fillos e fillas de diversos e únicos nomes,
Godello, Dona Branca, Mencía, Merenzao, Brancellao, Souson, Negreda, Grao Negro...

porque os seus ancestros, dende tempos antes de Cristo, moldearon as viñas coas súas maos,
deica convertelas nunha extensión máis de sí mesmos

porque viu nacer unha denominación de orixe que foi das primeiras de España

porque nela, cada pedra ten seu sitio, e os lugares todos arrecenden preñados de milenarios nomes

porque viticultores e adegueiros arrulan os seus caldos coas paisaxes e as memorias irrepetibles no microcosmos que é cada viña

porque Valdeorras, foi nai quen de sintetizar, coa súa esencia, o sincretismo do viño ó longo do tempo, facéndonos sentir un universo en cada botella.

lunes, 30 de noviembre de 2009

XI: O universo de Valdeorras


O 27 de xullo de 1945 foi recoñecida a D.O. Valdeorras por Orde Ministerial e declarouse protexido como denominación de orixe o nome xeográfico de Valdeorras e constituiuse o Consello Regulador.

XI: O universo da botella



Non podemos olvidarnos que a maduración do viño continúa na botella. Na botella ben tapada, con un corcho san, prodúcese unha reducción que desenrola o bouquet do viño, armonizándoo e redondeándoo. Dende o século XVIII, o sentido da funcionalidade, o costume e a manexabilidade han xogado tamén en detrimento de formas máis barrocas e fóronse definindo unhas líneas prácticas e lóxicas para as botellas que se comercializan.

viernes, 27 de noviembre de 2009

X: O universo de Valdeorras




O primeiro enxerto de vides americanas foi feito en 1904, en Vilamartín, por Justino Fernándiz, que creou os primeiros viveiros que tanta fama e desenvolvemento acadaron e que aportaron a maior parte de enxertos que serviron para reconstruír os viñedos de Ourense.

jueves, 26 de noviembre de 2009

IX: O universo de Valdeorras



No ano 1882 coa invasión da filoxera, prodúcese a ruína dos viñedos de Valdeorras. A filoxera foi unha peste procedente de Portugal que en poucos anos destruíu máis de 1.000 Ha de viñedos.

IX: O universo da botella



No 1872 un fabricante de bebida gaseosa patenta unha botella para bebida carbonatada. A botella incluía un marbete e un tapón de vidrio no pescozo. As botellas enchíanse ó revés, e a presión do gas carbónico na botella forzaba o tapón contra o pico, sellándoa.

miércoles, 25 de noviembre de 2009

VIII: O universo de Valdeorras



Aínda que a variedade Godello existe dende a época dos romanos, será en 1877 candoa cade pleno recoñecemento na Exposición Vitivinícola Nacional, onde se di que se produce en Ourense onde se chama Godello Branco.

VIII: O universo da botella

O uso industrial do corcho foi a raíz do descubrimento do viño de champagne (ou viño espumoso) na segunda metade do século XVII por un monxe benedictino, o que implicou a necesidade de procurarse outros elementos fundamentais, é dicir, as botellas de vidrio para contelos e o seu taponamento hermético para evitar a evaporación do líquido, que van a propiciar a conversión nunha industria en desenrolo, extendéndose aos demáis países de Europa.

martes, 24 de noviembre de 2009

VII: O universo de Valdeorras


Valdeorras é unha comarca onde abundan as covas, especie de adegas subterráneas onde se garda o viño. José Miramontes apuntaba a finais do XVIII como xurdiron esas covas debido (dicía) “a la poca disposición que se ha notado en este vino de la Negreda para conservarle después que asoman los calores del estío, se han visto precisados sus cosecheros a construir bodegas subterráneas o cuevas a donde preservarle de la perdición.”

VII: O universo da botella


Foi en Inglaterra, onde se elaborou a primeira botella específica de viño de paredes grosas. Seguramente elaborada nos talleres do outrora bucaneiro Sir Kenelm Digby, que figura na historia como pai putativo, e cun selo que data de 1657.

lunes, 23 de noviembre de 2009

VI: O universo de Valdeorras


Tralo abandono da comarca por parte dos romanos e a chegada de suevos e visigodos, en tempos de Leovigildo e Recaredo, e tras a unificación político-relixiosa da Península, a comarca debeu de vivir un periodo de paz e esplendor. En terras de “Gueurres” chegouse a acuñar moeda por tres veces -VITERICO (603-610), SISEBUTO (612-621) y SUINTILA (621-631)- nas ceccas que estaban situadas en: GUEURRES -Valencia del Sil-, PINCIA -Pinza- y LAURUCLO -Larouco-. Estas moedas levaban inscritas imáxes relacionadas coa uva, pola importancia que tiñan as viñas en Valdeorras.

VI: O universo da botella















A finais do seculo XVIII é cando xurde a botella cilíndrica tal e como a coñecemos hoxe en día. Este tipo de botella aportaba, ademáis de maior resistencia, a posibilidad de que puidese ser colocada en posición horizontal, o que facilitaba o seu almacenamento e tamén a súa conservación ó manter o corcho sempre húmido.

viernes, 20 de noviembre de 2009

V: O universo de Valdeorras


A partir do medievo, o cultivo da vide foise impoñendo de forma dominante na paisaxe valdeorresa ata o punto de que a mediados do século XVIII, segundo datos do Catastro de Ensenada, constátasea existencia de viñas en case todos os pobos da comarca. Ademáis segundo o inventario e apeo de 1789 contabilízanse máis de 200 leiras dedicadas ó cultivo da vide.

V: O universo da botella



No 1640, o membro da Corte Británica Sir Kenelm Digby, inaugurou a primeira fábrica de botellas que utilizaba nos seus fornos carbón de hulla, e anque non foi o primeriro en utilizar esta técnica si foi o primeiro en patentala e polo tanto é a quen tradicionalemente se lle atribúe esta invención.

jueves, 19 de noviembre de 2009

IV: O universo de Valdeorras















En plena Idade Media, a tradición de plantar viñas foi continuada polos monxes benedictinos. Entre os séculos XI e XII cítanse 40 documentos nos que se consigna a existencia de viñas, o cal nos daá unha mostra clara da importancia que este cultivo estaba adquirindo en Valdeorras. Tamén se fai referencia a cubas, parras e lagares como accesorios necesarios para a elaboración do viño.

IV: O universo da botella















Sobre o 1400 na Toscana xurdeu a botella de Chianti, que consistía nunha botella globular á que se lle engadía unha cesta de palla ó redor, que lle proporcionaba protección e firmeza.

miércoles, 18 de noviembre de 2009

III: O universo de Valdeorras















A mediados do século X, concretamente o 19 de outubro do ano 940, aparece por primeira vez unha noticia escrita na cal se fai referencia á existencia de viñas en Valdeorras. Este dato facilítanolo un documento do Tumbo de San martiño de Castañeda onde se di: Adicimus etim villa de Vico ab integro per suis terminis sive terra vel vineas que sunt in lorres. (Rodríguez, 1973. pp. 208-210)

III: O universo da botella















A partir do século SXII é cando o vidrio alcanza un desenrolo amplo e xeralízase a súa fabricación, tendo como foco principal a cidade de Venecia. Nembargantes, isto non supuxo o uso a cotío do vidrio.

martes, 17 de noviembre de 2009

II: O universo de Valdeorras















Podemos situar os primeiros asentamentos na comarca de Valdeorras na época prerromana, concretamente nos castros de Vilela (A Capilla), A Rúa (A Coroa) y Fontei (O Castrillón). Como testimonio disto encontramos a estela funeraria de A Coroa.











II: O universo da botella















No século I os romanos aportaron a técnica do soplado de vidrio, e comezouse a expandir a súa fabricación e o seu consumo por todo o Imperio. Elaboráronse xerras e vasos, pero non parecía que o vidrio da época fose suficientemente resisitente como para utilizalo no transporte ou garda do viño.