lunes, 10 de diciembre de 2012

Este nadal o teu mellor brinde con DO Valdeorras

A adega  DO Valdeorras Roandi preséntache "Brinde" a túa mellor aposta en Espumoso para este nadal.

O regulamento da D.O. Valdeorras contempla a elaboración de viños espumosos desde o ano 2011, onde o primeiro que chega ao mercado é un "Brut" de 11 graos, elaborado con uvas "godello" na adega Roandi.

Neste caso, o espumoso tivo en conta a experiencia acumulada en Cataluña e a enóloga de Roandi, Cristina Murga, explicou que os seus coñecementos sobre o proceso chamado "tradicional" fóronlle transmitidos polo enólogo Joan Milá, que estivo en Valdeorras en 2003 e ao descubrir a variedade branca "godello" tivo claro "que aí había un gran espumoso".

Murga  foi enóloga na adega "Día-Noite" do grupo Graciano e alí elaborou o primeiro espumoso galego que saíu á venda en 2005 co nome de "Danza".

O grupo Graciano desapareceu e agora, o novo espumoso da vendima de 2011 que é amparado pola D.O. Valdeorras, chega desde a adega "Roandi" con 2000 botellas "que son unha aposta empresarial e unha homenaxe persoal ao tamén desaparecido enólogo de Vilafranca do Penedés, Joan Milá", engadiu.

Este primeiro espumoso elaborado con "godello" chámase "Brinde" e tivo a súa segunda fermentación durante nove meses nunha cova (adega escavada na roca habitual na comarca)alugada, pero a colleita de 2012 transformarase en espumoso tras fermentar nunha cova descuberta no subsolo do propio hotel-adega de Roandi.

Os seus dez anos de experiencia valenlle a Cristina para aceptar o reto da familia Moral, propietaria de "Roandi", de elaborar máis viño espumoso con outras variedades, polo que xa está en pleno proceso para un novo viño con burbullas rosado, elaborado con uvas tintas "sousón" e "albarello" que podería saír ao mercado a finais de 2013.


A familia Moral na súa 4ª xeración de viticultores, asume o proxecto de fundar Adegas Roandi. Esta última xeración familiar, crecida con instinto innovador á vez que respectuoso coa tradición, son coñecedores das posibilidades dos coupages de cepas galegas autóctonas e ,en tal estudado equilibrio,  dotan aos seus viños cun marcado carácter único de variedades tintas galegas.

 Os viñedos asíntanse en ladeiras de 525 m. de altitude sobre chans de natureza pizarrosa e arcillosa. Estes viñedos están  compostos por cepas ancestrais, mesturados coa reconversión de 16 hectáreas de viñedo de variedades nobres galegas nun compendio tan equilibrado que conseguen imprimir aos seus viños un nutrido conxunto de sensacións complexas, diferentes e, posiblemente, únicas. Con iso, conforman uns viños de alto sentido común, baseados polo respecto á terra e as maneiras de traballala seguindo a tradicional liña herdada dos antepasados.