domingo, 22 de diciembre de 2013

A DO Valdeorras deséxavos Felices Festas



Un ano máis empeza a pechar o seu branco veo e, por el, alegrías e tristezas correron.

Pasou o duro esforzo, os gratos reencontros e as tristes despedidas.

Por isto, dende a DO Valdeorras queremos enxalzar todos os nosos bos desexos
e que, en 2014,  as máis grandes das bondades rexan as vidas e destino de cada persoa.

Dende Valdeorras desexamos compartir convosco estas festas e, a través dos nosos viños,  todo o agarimo, a honestidade e grato esforzo que pomos en ofrecervos o mellor de nós e os nosos viñedos.

Por medio de desexos convertidos en viño, queremos participar deses momentos inesquecibles que provocan o sorriso, enxalzan o amor e son fonte de felicidade.

Por todo isto, e porque para nós sempre seredes o primeiro,

 desexámosvos

Bo nadal e "moi" próspero Aninovo

De todo corazón

Adegas e Consello Regulador DO Valdeorras

58 Galardóns para os viños DO Valdeorras na Guía de Viños, Destilados e Adegas de Galicia 2014.



A friorenta de 58 galardóns foron os que se viñeron para  Valdeorras de parte  da Guía de viños, Adegas e Destilados de Galicia.

16 Grandes Ouro, 32 Ouros e 10 Pratas foron o saldo correspondente dos viños DO Valdeorras na edición 2014 da guía que edita Luís Paadín.

Fundamentándose na tipicidad dos viños e coa inestimable colaboración da Asociación de Sumilleres de Galicia "Gallaecia", edítase unha guía que este ano recibiu o premio do mellor libro de viños e turismo de España, por parte de Goumard.

Seguindo a obrigada liña dos últimos anos, a guía edítase grazas  ao mecenado popular e, nesta ocasión, á colaboración de 170 compradores que reservaron 800 exemplares. Segundo declaracións do propio Paadín ao diario La Voz de Galicia  "Non hai publicidade nin axudas institucionais, debe ser a única guía en España".

Con estes excepcionais datos, a nai do viño prácese en anunciar aos viños premiados na Guía 2014.

Podedes acceder á información dos viños facendo click sobre o seu nome

16 Gran Ouro

Brancos











Tintos







32 Ouros

Brancos






















Tintos











Escumoso


Tostado


10 Prata

Brancos




Tintos








Os 2000 exemplares editados da guía ofrecen reseñas sobre 478 embotelladoras, destilerías,  produtores e, ademais, supera a cifra de 1.500 marcas de viños e destilados de galegos.

Esta guía familiariza ao lector non profesional cun vocabulario de cata, xunto a unha listaxe das variedades de uva que se producen nas 5 Denominacións de Orixe galegas.



martes, 10 de diciembre de 2013

20 viños DO Valdeorras foron galardoados onte coas distincións Gallaecia


A Asociación de Sumilleres de Galicia, Gallaecia, entregou onte as súas prezadas distincións a 20 viños DO Valdeorras, nun acto celebrado na sede do Consello Regulador de Vilamartín.

Como cada ano, a Asociación de Sumilleres de Galicia "Gallaecia" desprazouse a Valdeorras para entregar as súas prezadas distincións aos mellores viños da en DO 2013.

Como adiantaba esta páxina alá por setembro, 20 viños pertencentes á DO Valdeorras foron os galardoados cos bienquistos galardóns que, este ano, sitúan a unha das adegas valdeorresas como a máis premiada de Galicia, con nada menos que 4 viños. É o caso de Santa Marta que, ademais de brancos e tintos, inclúe na lista, e por primeiro ano, o seu tostado Viñaredo.


Cun sistema de cata fóra de toda dubida - cata cega con botella tapada e por partida dobre: unha primeira no Consello Regulador, complementado o proceso cunha segunda tomada de mostras directas recollidas de mercado - móstrase o criterio e rigor do traballo destes profesionais.

A continuación ofrecémosvos a relación de viños DO Valdeorras premiados coas "Distincións Gallaecia" 2013:

Podes acceder á ficha de cada viño e coñecer cada adega facendo click sobre o seu nome respectivo

BRANCOS

VIÑO – ADEGA












TINTOS

VIÑO  - ADEGA









TOSTADO

VIÑO – ADEGA


Hai xa 13 anos que a Asociación de Catadoras de Galicia "Gallaecia" viu homologado o seu concurso de viños e, a través del, outorgan un dos galardóns máis consolidado no panorama nacional, como Concurso Oficialmente Recoñecido polo Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño do Goberno de España.




viernes, 6 de diciembre de 2013

A gastronomía ourensá reloce cos Viños DO Valdeorras


Gran acollida para os viños DO Valdeorras nas xornadas de ouro da gastronomía ourensá, VI Xornadas Gastronómicas Ponte Vella, celebradas a pasada semana. 

O pasado 25 de novembro comezaron as VI Xornadas gastronómicas Ponte Vella, Sabores e Harmonías de Ourense, onde e nesta edición, o gran atractivo culinario veu de parte do prolífico cociñeiro Diego López, xefe de cociña do restaurante A Molinera en Lalín.

Diego López é un dos máis prometedores expoñentes da cociña contemporánea galega que, ademais, fusiona con pratos tan tradicionais como o cocido xa que, como bo lalinés, ese é o prato forte do seu restaurante A Molinera.

Jorge Mazaira e Diego López presentando as maridaxes
A presentación dos viños DO Valdeorras realizouse a través do director técnico do Consello Regulador, Jorge Mazaira, quen presentou a un selecto público as virtudes dos caldos valdeorreses.

A gran estrela da sesión foi "a maridaxe de Godello con Ravioli de Cebola e Vexetais", a través do cal, os asistentes puideron gozar dunha perfecta ensamblaxe de sabores e sensacións.

Pola súa banda, a valoración dos comensais volveu ser moi positiva e puidéronse recoller manifestacións como a seguinte: "a excelente acidez e estrutura do viño branco godello de Valdeorras  marida perfectamente coa cremosidade e os aromas cítricos do ravioli. Todo  un pracer para os sentidos".


A VI edición das Xornadas Gastronómicas Ponte Vella volveu a ser, un ano máis, punto de encontro e de exaltación dos produtos típicos da comunidade. De novo a castaña e o viño como grandes expoñentes - e entre moitas outras delicias gastronómicas ourensás - foron os protagonistas dun evento do que cada ano gozan máis adeptos. 






jueves, 28 de noviembre de 2013

Os viños DO Valdeorras grandes protagonistas no II Salón das Estrelas


Os viños DO Valdeorras non só destacan en España pola súa calidade, senón que tamén son unha gran aposta polo seu prezo.

2 adegas DO Valdeorras estiveron presentes no II Salón das Estrelas
- Guía Peñín 2014 - que destaca aos mellores viños españois relación calidade-prezo.

. Entre eles, como non podía ser doutra forma, varias propostas das adegas DO Valdeorras levan o mérito de estar entre os máis destacados desta edición do Salón. Imos con eles:

Adega da Pinguela representada por 3 viños con 5 estrelas e 1 con 4 estrelas 


As 5 Estrelas fóronse para Memoria de Ventura Mencía 2012, Memoria de Ventura Godello 2012 e Memoria de Ventura Garnacha 2011. No caso do Vento 2011, un godello fermentado en barrica que obtivo 92 puntos Peñín, é cualificado con catro estrelas, ao roldar un prezo de mercado de 12 euros.

Entre eses viños especiais está o Memoria de Ventura Mencía 2012, que este ano repite cualificación na Guía Peñín con 94 puntos, coándose entre os tintos mellor valorados de España a pesar de tratarse dun viño xove. Foi, de feito, un dos viños elixido pola organización do Salón para formar parte dunha actividade paralela, a suxestiva cata "Viño e Sentido", desenvolvido por Espiral Teatro no interior dun tren histórico do Museo do Ferrocarril.

Para Francisco Núñez, responsable de Adega da Pinguela, demostra que: "o prezo compra calidade, pero non só iso, xa non é necesario gastarse moito diñeiro para acceder a viños especiais, diferentes, como os que facemos en Valdeorras".






Adega Coop.Virxe dás Viñas 1 viño con 5 estrelas e 1 viño con 4 estrelas



Adega Coop. Virxe dás viñas consegue senllas apreciacións para a súa gama pingadelo, conseguindo unha cualificación de 5 estrelas para o Mencía e 4 estrelas para o Godello.

A ADEGA COOP VIRXE DÁS VIÑAS foi fundada no ano 1964 polos viticultores da comarca de Valdeorras pertencentes a catro concellos, Petín, Villamartín de Valdeorras, O Bolo e A Rúa de Valdeorras que é a mais céntrica e onde se atopa situada.

Actualmente forman a Cooperativa un total de 850 socios e ten 350 hectáreas de viñedo representando aproximadamente o 45% da produción da comarca e garantindo, a súa vez, a calidade da materia prima.






Con iso, a DO Valdeorras preséntase como firme aposta en relación calidade prezo para estas festas.





domingo, 17 de noviembre de 2013

As maiores puntuacións de última "Cata Parker en Galicia" quedan en Valdeorras.

Luís Gutiérrez - Foto: www.cadenaser.com

Tras as catas realizadas en Galicia nos meses de xullo e agosto, os viños da DO Valdeorras sitúanse coas máis altas puntuacións das 4 Denominacións galegas avaliadas.

Os tempos de Neal Martin, substituto de Jay Miller en The Wine Advocate, pasaron a mellor vida e, con eles, o sol volve brillar para os viños galegos na mesa de cata de Mr. Robert Parker Jr.

Luís Gutiérrez leva agora a batuta, unha batuta que vendía cara o seu homólogo Martin e que recibiu suficientes críticas pola súa falta de homoxeneidade co resto de expertos do sector. Agora, a "orquestra Parker" soa ao ritmo dos outros grandes catadores e parece que, Stephen Tanzer, José Peñin, Marcos Mercado, Jerry Dawnes, Eric Asimov, Jancis Robinson... conseguiron que The Wine Advocate afine o seu instrumento na nota común, a nota da cordura.

Un Gutiérrez máis involucrado co terruño e coa variedade, á vez que interesado en coñecer  a terra e as súas xentes, desprazouse ás diferentes Denominacións de Orixe para percibir, in situ, como se coida, elabóra e se vive o viño.  O resultado foi dun xeneralizado "Grazas". Dende Consellos Reguladores e adegas volven sentir esa calor humana que, parece, perdérase na discordante e impersonal sinfonía pasada.

Rafael Palacios - Foto: www.quelujo.com
Con iso, a máxima puntuación de 95 puntos foi  para unha adega aclamada como referente dos brancos españois a nivel Internacional, a embotelladora  Rafael Palacios. O viño en cuestión é O Soro 2011, un viño de recente lanzamento e que xa foi aclamado no "Salón dos mellores viños de España - Guía Peñín 2014" - como o viño revelación do ano.

Con 94 puntos quedo o irmán maior da adega, o archiconocido godello "As Sortes 2011". Un viño que non falta nos botelleiros máis selectos das adegas de, por exemplo, a raíña de Inglaterra.


94 puntos para o tinto As Caborcas 2010, de adegas Telmo Rodríguez, representando, así, o gran espertar dos tintos valdeorreses. O dueto Telmo Rodríguez e Pablo Egukiza volven polos seus foros consagrando un gran viño que, cada día, gana máis adeptos entre os máis exclusivos padais.     


93 puntos para outro clásico das grandes mesas, Valdesil Pedrouzos 2011. Os halagos da grande "influencer" do viño, Jancis Robinson, non pasaron desapercibidos para Luís Gutiérrez e, con eles, recupérase aos caldos de Valdesil para as máis altas "cualificacións Parker".


A estas afamadas adegas uniuse Adega da Pinguela, unha das grandes revelacións da DO Valdeorras nos últimos tempos. Da Pinguela vén pisando forte , tal e como avalan os diferentes premios dos que se fixeron acredores os seus viños recentemente. Así, con 91 puntos para Memoria de Ventura Garancha 2011 e 90 puntos para Memoria de Ventura Mencía 2012, confírmase o excelente traballo de elaboración dos adegueiros de Da Pinguela.