domingo, 17 de noviembre de 2013

As maiores puntuacións de última "Cata Parker en Galicia" quedan en Valdeorras.

Luís Gutiérrez - Foto: www.cadenaser.com

Tras as catas realizadas en Galicia nos meses de xullo e agosto, os viños da DO Valdeorras sitúanse coas máis altas puntuacións das 4 Denominacións galegas avaliadas.

Os tempos de Neal Martin, substituto de Jay Miller en The Wine Advocate, pasaron a mellor vida e, con eles, o sol volve brillar para os viños galegos na mesa de cata de Mr. Robert Parker Jr.

Luís Gutiérrez leva agora a batuta, unha batuta que vendía cara o seu homólogo Martin e que recibiu suficientes críticas pola súa falta de homoxeneidade co resto de expertos do sector. Agora, a "orquestra Parker" soa ao ritmo dos outros grandes catadores e parece que, Stephen Tanzer, José Peñin, Marcos Mercado, Jerry Dawnes, Eric Asimov, Jancis Robinson... conseguiron que The Wine Advocate afine o seu instrumento na nota común, a nota da cordura.

Un Gutiérrez máis involucrado co terruño e coa variedade, á vez que interesado en coñecer  a terra e as súas xentes, desprazouse ás diferentes Denominacións de Orixe para percibir, in situ, como se coida, elabóra e se vive o viño.  O resultado foi dun xeneralizado "Grazas". Dende Consellos Reguladores e adegas volven sentir esa calor humana que, parece, perdérase na discordante e impersonal sinfonía pasada.

Rafael Palacios - Foto: www.quelujo.com
Con iso, a máxima puntuación de 95 puntos foi  para unha adega aclamada como referente dos brancos españois a nivel Internacional, a embotelladora  Rafael Palacios. O viño en cuestión é O Soro 2011, un viño de recente lanzamento e que xa foi aclamado no "Salón dos mellores viños de España - Guía Peñín 2014" - como o viño revelación do ano.

Con 94 puntos quedo o irmán maior da adega, o archiconocido godello "As Sortes 2011". Un viño que non falta nos botelleiros máis selectos das adegas de, por exemplo, a raíña de Inglaterra.


94 puntos para o tinto As Caborcas 2010, de adegas Telmo Rodríguez, representando, así, o gran espertar dos tintos valdeorreses. O dueto Telmo Rodríguez e Pablo Egukiza volven polos seus foros consagrando un gran viño que, cada día, gana máis adeptos entre os máis exclusivos padais.     


93 puntos para outro clásico das grandes mesas, Valdesil Pedrouzos 2011. Os halagos da grande "influencer" do viño, Jancis Robinson, non pasaron desapercibidos para Luís Gutiérrez e, con eles, recupérase aos caldos de Valdesil para as máis altas "cualificacións Parker".


A estas afamadas adegas uniuse Adega da Pinguela, unha das grandes revelacións da DO Valdeorras nos últimos tempos. Da Pinguela vén pisando forte , tal e como avalan os diferentes premios dos que se fixeron acredores os seus viños recentemente. Así, con 91 puntos para Memoria de Ventura Garancha 2011 e 90 puntos para Memoria de Ventura Mencía 2012, confírmase o excelente traballo de elaboración dos adegueiros de Da Pinguela. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario