miércoles, 7 de marzo de 2012

Adegas da DO Valdeorras brillan con luz propia en Salón Gourmets de Madrid

Viño de Foto: Adega Ruchel
Varias adegas adscritas á denominación de Orixe Valdeorras, áchanse presentes no XXVI Salón de Gourmets de Madrid; resaltando, de forma máis que notable, a incomparable calidade dos viños galegos.

Como é habitual, outro ano máis, algunhas das adegas máis significativas da DO Valdeorras non quixeron perderse a cita cun dos salóns de produtos gourmets máis importantes do panorama internacional. Neste marco, no que a calidade dos produtos brillan con todo esplendor, non podía faltar o selo de calidade internacional "DO Valdeorras".

As noticias que dende Madrid nos chegan mostran un sentir xeneralizado de optimismo coa gran acollida recibida, tanto do público nacional, como do internacional, por estes viños. Redundando, nun éxito rotundo da participación dos viños gourmets da DO Valdeorras no XXVI Salón Gourmets de Madrid.

               Roberto Fernández e Marta Sertaje - Adega A Coroa             
   
O Salón de Gourmets (www.gourmets.net) que alagou o recinto feiral de Madrid de exquisiteces. Móstrase, case despois de tres décadas, como escaparate nacional e internacional dos alimentos e bebidas de alta gama, onde rexións e países afánanse en mostrar o mellor e máis exquisito da súa produción alimenticia xunto a unhas novidades gastronómicas que manexan os profesionais do sector pero que tamén poden degustar os afeccionados, os gourmets urbanitas. Porque, ademais do lugar de intercambio de coñecemento e foco de negocio, hai un espazo aberto ao público de todas as idades: "O Taller dos Sentidos Gourmets".

A pesar dos malos ventos económicos, o Salón de Gourmets non sufriu diminución en afluencia nos últimos anos (en 2011 tivo 78.000 visitantes e 38.000 produtos expostos, cun balance de negocio de 181 millóns de euros). Na xornada de apertura desta 26ª edición, planeaba a sombra da crise xeral. Pero, aínda que se reduciron os pavillóns de feira (o 3 e o 5), o optimismo dos profesionais da gastronomía e dos organizadores da feira, non decae. Calcúlase que entre o 5 e o 8 de marzo acudan entre 76.000 e 80.000 visitantes. Nunha superficie de 18.300 metros cadrados, con 1.050 expositores, poderanse ver uns 30.000 produtos con preto dun milleiro de novidades.

Amplía información sobre o Salón Gourmets