sábado, 22 de junio de 2013

Rober Bodegas apúntase á feira do viño DO Valdeorras



O monologuista, humorista e guionista Rober Bodegas confirma a súa asistencia á Feira do viño DO Valdeorras, onde será o encargado de ofrecer unha calorosa benvida a todos os asistentes, o 13 de Xullo, a través do seu último monólogo "El umbral de la estupidez", de forma gratuíta para os asistentes.

Cuns dos viños máis de moda no panorama internacional como grandes protagonistas, o popular Rober Bodegas - afamado monologuista a nivel nacional-  únese ao programa de Radio Nacional de España "No es un día cualquiera" para complementar un evento no que, ademais do viño, a cultura e a gastronomía xogarán un papel destacado.

Con outras actividades complementarias que vos iremos desvelando ao longo dos próximos días, dende A nai do viño adiantamos a colaboración deste memorable humorista que, ademais de ser unha das figuras máis prolíficas e dinámicas do mundo da comedia en Galicia e España, declárase un namorado dos viños DO Valdeorras.



A través do seu último traballo "El umbral de la Estupidez", Rober Bodegas proporá un interesante aperitivo a modo de monólogo, que poderán gozar todos os asistentes á Feira, de forma gratuíta, o sábado 13 a partir das 13:00 horas - apto para supersticiosos - na carpa do Consello Regulador DO Valdeorras, sita no corazón da feira (Área recreativa O Aguillón, na Rúa de Valdeorras). 






Podedes seguir todas as novidades e noticias de última hora sobre a feira neste blog, ademais de no Facebook e Twitter da nai do viño a través do o hashtag #comparte1valdeorras