![]() |
Art: La Región |
As adegas da Denominación de Orixe Valdeorras pecharon as súas portas á entrada de uva o pasado domingo. Até ese momento, o Consello Regulador de Valdeorras rexistrou 7.627.358 quilos de uva. Á espera da confirmación definitiva, hai que retroceder até 2006 para atopar unha colleita maior, de 7.710.859 quilos.
Accede ao artigo orixinal
Amplía información sobre a vendima en Valdeorras
Talvez poda interesarche
Os rexistros do Consello tamén permiten observar fortes aumentos das producións das variedades preferentes e, en particular, das uvas de godello (2.731.594 quilos) e mencía (2.178.777). A favorable climatoloxía tamén repercutiu nas colleitas de jerez (967.090) e alicante (1.725.125), repartíndose os 24.772 quilos restantes entre o merenzao, alvarello, sousón, doa branca e tempranillo.
As condicións meteorolóxicas foron determinantes no aumento dun 75 % da produción da última vendima respecto dos 4.355.084 quilos da anterior. 'A vendima foi longa porque o tempo acompañou. Non houbo os problemas doutros anos, cando houbo que darse presa ó meter as uvas porque podían podrecer', dixo José Luís García Pando, presidente do Consello Regulador.
As producións da última vendima resaltan o avance das variedades preferentes, fundamentalmente mencía e godello, respecto de jerez e alicante. No ano 2000, antes de que comezase o programa de reestruturación do viñedo, a vendima pechouse coas seguintes producións: godello (1.690.091 quilos), mencía (997.012), jerez (1.760.204) e alicante (2.865.614). As subvencións, que nalgúns casos superaron o 80 % dos custos de arrincar as vellas cepas e da súa substitución por outras variedades, favoreceu este cambio, segundo José Luís García.
Estes datos foron facilitados polo Consello Regulador aos compañeiros do diario La Región, e así se recollen textualmente na súa edición Online.
Accede ao artigo orixinal
Amplía información sobre a vendima en Valdeorras
Talvez poda interesarche