martes, 11 de octubre de 2011

Péchase a vendima en Valdeorras cunhas cifras que roldan os 7,6 millóns de Quilogramos

Cunha uva de enorme calidade, as expectativas de cantidade cumpríronse aproximando a produción da colleita 2011 aos 7,6 millóns de Quilogramos.
 
A confluencia entre a cantidade e a calidade viuse favorecida por un ano cunha climatoloxía extraordinaria para os viñedos galegos. O baixo índice de pluviosidad na comunidade galega, cunha cota que roldou os 126 mililitros,  case un  50% menos que un ano normal, adiantou a floración entre dúas e tres semanas,  favorecendo o desenvolvemento e a optima maduración do froito.

E é que a climatoloxía se aliou tanto cos viñedos valdeorreses, que cando se temía que a pertinaz seca comezase a facer estragos a finais de Agosto, choveu o xusto e necesario para evitalo, logrando mesmo mellorar a calidade do froito.
 
Esta falta de choiva impediu en gran medida a proliferación de enfermidades que afectan os viñedos, co cal a uva gozou dunha salubridade extraordinaria.
 
E se moitas veces crese que cantidade e calidade poden estar rifadas, non hai máis que explicar o compromiso en aras de lograr unha gran nobreza nos seus caldos tomada por parte dos viticultores, adegueiros e Consello Regulador da D.O. Valdeorras, que realizan controis exhaustivos sobre a produción para que ningunha cepa leve máis carga de froito da debida. O máis que destacable incremento de premios e recoñecementos que por parte de especilistas do sector outórgase  aos caldos valdeorreses , xa sexa en España ou alén das nosas fronteiras, corrobora a aposta da D.O. por uns viños que ano tras ano se consolidan polo seu enorme prestixio e calidade.
 
Un exemplo deste compromiso é a etiqueta de produción controlada promovida por parte do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, na que as adegas adscritas sométense a un rigoroso control que non lle permite superar o 6000 kg de uva tinta por hectárea de plantación e o 8000 kg de uva branca.

E é que a colleita 2011 en Valdeorras a recado será lembrada durante moitos anos por uns viños excepcionais e moi especiais.


No hay comentarios:

Publicar un comentario