martes, 20 de septiembre de 2011

A D.O. Valdeorras, cunha colleita de calidade excelente, incrementará a súa produción nun 63% con respecto á pasada campaña

A poucas semanas para a finalización da vendima, na D.O. Valdeorras as previsións de recollida da uva achéganse aos 7 millóns de quilogramos; un incremento do 63% con respecto á anterior campaña, que ven acompañado por unha calidade excelente da uva.

Os mellores presaxios seguen cumpríndose para o viño de calidade da D.O. Valdeorras que, cunha produción amplía en cantidade e excelente en calidade, asenta os alicerces dunha colleita histórica que a recado dará moito e moi bo de falar nas contornas máis esixentes do sector vinícola internacional.

Se os factores climatolóxicos puxeron todo ao seu favor para acadar estes logros, agora é a quenda dos adegueiros e elaboradores de ofrecer o seu toque de sapiencia e bo facer á hora de elaborar uns excelentes caldos.
Os diferentes terruños que se enmarcan dentro desta denominación de orixe únense ás preferencias dos diferentes adegueiros á hora de realizar a recollida, xa sexa con máis ou menos graos ou maior ou menor maduración, para ofrecer un toque diferencial a uns caldos de altísima calidade pero no que  cada un é único e inconfundible na súa esencia.

A pesar de todo, o lado menos positivo chéganos da man dos viticultores que, cunha produción tan elevada, víronse obrigados a baixar o prezo da uva. Palomino e Alicante son as grandes damnificadas nesta dinámica económico-produtiva, sendo relegadas a un moi macado segundo plano pola calidade da historicamente autóctona Godello e  prestixosa Mencía. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario