jueves, 15 de septiembre de 2011

Galgueira, Vía nova e Joaquín Rebolledo repártense os premios outorgados pola Xunta de Galicia para os viños da D.O. Valdeorras

Fonte info. e foto: vinogallego
Galgueira de adegas Germán Rodríguez Prada, Vía nova de Adegas Virxe de Galir e Joaquín Rebolledo Mencía lograron os "Acios" de ouro, prata e bronce respectivamente, para os viños da D.O. Valdeorras. Estes premios son outorgados pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia en colaboración cos Consellos Reguladores. 

O Mosteiro de San Clodio, situado en pleno corazón do Ribeiro, no concello ourensán de Leiro, acolleu este xoves, 8 de setembro de 2011, a entrega dos premios máis importantes do sector vitivinícola na Comunidade galega, a 'Cata de Viños e de Augardentes de Galicia 2011', certame organizado pola Consellería de Medio Rural en colaboración cos consellos reguladores e que consegue este ano a súa edición número vinte e tres no apartado de viños e a décimo terceira no que se refire ás augardentes.


A gala estivo presidida polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, que deron a coñecer aos galardoados nas diferentes categorías dun dos concursos máis importantes que se celebran en España e que conta coa categoría de Concurso Oficial español.

No hay comentarios:

Publicar un comentario